Diario de experiencias dunha clase de Ed. Infantil do Ceip Ponte dos Brozos, en Arteixo - A Coruña.

TABOEIRO DE AVISOS

FELIZ 2010

miércoles, enero 16, 2008

Gracias as persoas apuntadas para a colaboración no conto de "Xan o porquiño". Polo de agora van 5 persoas apuntadas ( familias de Paula, Carmen, Victor , Susana e Ainara-Aarón) e facían falla alomenos sete ( unha por cada páxina do conto)polo que si hai alguén mais que se anime millor ( puxen os nomes dos puntad@s pois dad a miña mamoria quizais esquecín o de alguén).
Polo que se refire a Piolín segue aumentando o numero de "valientes/as" dispost@s a levar unha fiera coma esa a súa casa. As experiencias seguen a ser positivas ( polo menos no que se refire @s nen@s, pois a opinión de Piolín igual non a mesma) pois Marco e Celia viñeron encantad@s de levalo.
O Luns tivemos unha visita da clase de Lidia ( a dos peixes) pois veu Lucía a a ensinarnos un precioso cabalo que lles fixera a súa "profe". Realmente era moi bonito e orixinal pois os materias eran : un calcetín, botóns, la e miraguano para rechear. Nos deixandonos os cartos para os nos@s fill@s con xoguetes electrónicos e puidendo facer maravillas coma esta.
¡Felicidades Lidia!.
Nos andivemos recordando os pictogramas ( e presentandollos a Carla). En xeral recordabanos bastante ben. Tamén voltamos a xogar cun domino pero este era de ideas. Tiñan que relacionar debuxos ( silla-mesa, zapato-pe, barca-remos, ...). Comezamos moi ben pero resultou que faltaban tres pezas polo que non o puidemos rematar.
O Martes comezamos a facer nos a nosa parte do conto, a correspondente os debuxos. Primeiro conteillelo conto ( que lles recordarei moitas mais veces), miramos unhas imaxes que tiña e falamos algo de él. Logo dixenlles comezamos a pensar en que íamos debuxar na primeira secuencia. Cada vez que se dicía algo , eu pedía voluntari@s para debuxalo. Dese xeito fomos facendoo. Non o rematamos pois nos faltan pequenos detalles e colorealo, pero seguiremos no "choio" pois ata o de agora estan facendo cousas moi lindas.
Antes estiveramos facendo parte da nosa ración semanal de números e traballando os conceptos decostas-de fronte.
O Mércores tocounos a ración de Lingua ( vocais) pero como novidade vos conto que estivemos vendo un pau da chuvia indio ( no é que sexa preciso nestes momentos) pois tiñamos un conto no se mencionaba. O que tiñamos era " orixinal" , pero ademais tiñamos un que fixeran na clase dos globos, Estivemos comparando os sons, discriminámolos e comentamos que terían dentro ambolosdous. As respostas foron pedras, area, cunchas , auga e terra ou arroz.
Xa estamos a traballar na confección dos disfraces ( como xasabedes van disfrazarse dos Picapiedra). Comezámolo facendo polos colares das "Wilmas" que ,como quizais recordedes, levaba un colar branco. Nos, as contas do colar, ímolas facer con papel de aluminio. Tamén andiveron recortando algunhas das manchas que van ir no vestido e mais pintar parte do antifaz da persoaxe que lle corresponda (Wilma ou Pedro). Eles/as estan desexando disfrazarse e preguntan canto falta ou se vai ser mañán.O Xoves , por fin, presentamos o número catro. Non foi ningunha novidade pois tod@s estan fartos de coñecelo. Agora o problema pode vir no trazo ( se o fan do reves ou cunha direccionalidade incorrecta) ou á hora de contar. Dende logo que non hai ninguén que non saiba contar ata catro , e ata moitos mais, pero logo se lles mandas debuxar catro cousas , xa hai problemas. Adicarémonos a millorar estas partes.
Rematámo-la semán coa letra u , por segunda vez, rematando tamén con ela , polo que a vindeira semán presentaremos un novo amigo de Mai ( a bolboreta que nos leva a pasear polo xardín onde vive, presentándonos os seus amigos).

4 comentarios:

Anónimo dijo...

¡¡¡Hola a todos!!!. Xa facía moito que non deixaba ningún comentario, pero véxovos tódalas semanas e sigo con atención todo o que facedes no cole. Ánimo e a seguir traballando con tantas ganas.
Vendo que faltan participantes para o do conto apúntome eu tamén. Xa me dixera Mary que ainda había poucos "colaboradores". Así que contade con un mais. ¡A ver como sae ese conto!.

Perdón, acabo de darme conta que non dixen que era o pai de Víctor.
Saúdos a todos os participantes do blog.

adam brown dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
MARY dijo...

Ola, quero felicitar a Lidia pola imaxinación que ten, pois a min, nunca se me ocurriría,!quedou chulísimo o cabalo!A verdade é que sí gastamos en xoguetes tontamente, para que logo, non lles fagan nin caso.
Sobre o conto,parece que os debuxos están quedando moi chulos,polo menos, vaise vendo o que é, pois parece un armario, un neno e unha mesiña. A ver, como sae Xan o porquiño,pois dúas patas, xa as debuxan ben, agora teñen que facer catro e seguro, se lles complica un pouquiño máis a cousa.
Dos disfraces,sí están bastante impacientes,pois na casa, tamén preguntan moitas veces cando se van disfrazar.Saudiños

barb michelen dijo...

Hello I just entered before I have to leave to the airport, it's been very nice to meet you, if you want here is the site I told you about where I type some stuff and make good money (I work from home): here it is