Diario de experiencias dunha clase de Ed. Infantil do Ceip Ponte dos Brozos, en Arteixo - A Coruña.

TABOEIRO DE AVISOS

FELIZ 2010

sábado, enero 12, 2008

¡Que éxito está tendo a proposta de levar a Piolín a casa por un par de días!. Marco trouxoo o Venres e xa o levou Celia , quedando para a semán que ven Paula. Tamén se apunou Victor e agora Carmen polo que , como di Mary, esto parece o Sergas pois dase a vez para dentro de un ou dous meses. Os apuntad2s que non se preocupen que xa @s avisarei con algúns días de adianto. Aquelas persoas que vexo diariamente non hai problema e co resto , buscariamos a solución mais axeitada para todos. Gracais tamén as duas Marys e a Maria por apuntarse ó do conto. Que non se preocupe Maria que para min non é complexo que ningún pai ou nai, xa buscaremos unha solución para a colaboración. Cando se quere facer unha cousas , sempre se atopan solucións. Gracias de novo.
No cole comezamos a traballar co libro de plástica e na primeira ficha habái que botar arroz , para que @s nen@s visen a diferencia de ter que pegar cousiñas individualmente ( bolas de papel, gomets, ...) ou pegalas botandoas a pouquiños ( como o arroz, purpurina, ...). Como non tiña arroz botamos pan rallado , recordándolles que botaran moi pouquiño e que non tocaran na cola nin apretaran o pan. Tampouco facía falla facer montóns co pan. Fixose bastante ben. O vindeiro día faremos boliñas de papel de alumnio e pegarémolas individualmente ( dunha en unha). Tamén estivemos onte falando dalgúns xogos que había na clase e que se podían xogar en grupo. Xogaron cos xogos de construcción , cos ensartables ( nos dicíamos o xogo de facer collares) ou os crebacabezas. Pero había un xogo co que non xogaramos nunca , ainda que xa había que o coñecía: O dominó. A primeira partida foi entre tod@s e foi co dominó de sombras. Tocoulle só unha ficha a cada un/nha, as que sobraban dábanselle os que as poñían primeiro. Houbo quen colleu axiña en que consistía o xogo , houbo quen non se entereou ainda e houbo quen o final se decatou algo. Voltaremos a xogar nos vindeiros días para que se vaian familiarizando e logo deixareinos que xoguen sos en pequenos grupos. Tamén dentro duns días veremos outro xogo de mesa que é : O tres en raia. Se o tedes na casa e lle queredes ir explicando ou xogando con eles/as podédelo ir facendo, así facilitariase mais a comprensión cando xoguemos na clase.

2 comentarios:

mary dijo...

Ola,quero dicir que aparte de traer a Piolín, tamén teñen moito éxito os xogos que están aprendendo,pois Víctor onte, chegou á casa dicindo que xogarades ó dominó e que lle gusta moito.Está moi ben que aprendan a xogar cos xogos de mesa.Tamén me contou o proceso da ficha que fixestes co pan raiado,que era unha nave e que viaxaba nela xico e charamuscas e que había un planeta,bueno, que iso de pegar o pan raiado parece que ten moito éxito tamén,pois contoumo moi ledo.Un saudiño e gracias a tí, por invitarnos a participar no conto.

Anónimo dijo...

Hola,como ti ben dixestes para participar no conto so fai falta querer e non ser mudos,e como na casa dos Perez Caamaño falamos todos pois podes contar con nós para o que faga falta.Está moi ben eso de participar tamén os pais de maneira máis activa.Estou de acordo con Mary(un biquiño),en que os xogos de mesa teñen moita aceptación.Aaron e Ainara xa xogaran na casa o dominó e gustalles,o do tres en raia ainda non o probamos pero todas son boas ideas para pasar unha tarde sin menos debuxos animados.Un saudo e xa nos avisas para o que necesites.Elena