Diario de experiencias dunha clase de Ed. Infantil do Ceip Ponte dos Brozos, en Arteixo - A Coruña.

TABOEIRO DE AVISOS

FELIZ 2010

miércoles, enero 23, 2008

Semán moi tranquila e con poucas cousas que contarvos. Seguimos a preparar o antroido e na semán adicáronse a pintar, moi ben pintada , a careta ( millor o antifaz , pois non cobre a cara completamente para que non lles moleste tanto). Tamén estiveron pegándolle algunhas das manchas que recortaran no traxe de Pedro Picapiedra, así como na garabata ( que o auténtico non as leva pero que nos llas imos poñer). Cansaron bastante co picado pero, xunto co recortado das manchas , a única colaboración que van facer para o disfraz e trátase de que eles/as participen o máximo posible.
Esta semán coñecemos a Antón. Este é o nome dun esquío que é amigo de Uxío e Inés. Como seguramente estades pensando, Antón ensinounos o son da letra a. Miramos que había moit@s nen@s na clase que tiñan o comezo do seu nome en a: Abel, Ariadna, Ainara, Aarón e Alexandra ; e outros que o tiñan no medio ou ó final. Dixeron outras palabras que tamén comezaban : avó, árbore, abella, ala, .... O trazo custoulles un chisco, algo normal xa que tal e como o facemos ( con enlace anterior e posterior) é dificil pero dentro de 10 días xa o teran dominado.

Repasamos tamén o número catro , pero aquí hai menos dificultades no trazo , pois é sinxelo. O problema pode vir , ás veces, polo cambio de orientación do número, á hora de escribilo, pois pode haber nen@s que o fagan de dereita a esquerda. Esto tamén pasa con outros números coma o dous, o tres , o cinco e o sete.

Por suposto seguimos a traballar no "noso conto multimedia" e xa rematamos a primeira e segunda secuencias mais comezamos coa terceira. Están saindo debuxos moi bonitos e a vontade de colaborar e grande pois tod@s queren facer paticipar. O bo destes traballos é que tod@s se ven refrectidos nel pois tod@s participan e, loxicamente, sintense orgullos@s da súa participación.Como xa comentei a parte correspondente os pais ( millor dito ás nais , pois só houbo un pai voluntario) farémola logo do Antroido ó redor do 15. Pero que non se preocupen as "narradoras" pois xa lles mandarei un papel para ver de quedar un día ( probablemente un Martes pola tarde ou Venres a partires da unha).
O Venres rematamos a segunda ficha do libro de plástica , que comezaramos fai uns días.
A semán que ven supoño xa non vai ser tan tranquila coma esta pois é a do Antroido e temos que rematalos disfraces. Por certo quixera aproveitar e recordarlles a quen lles falte o garrote ou o osos para o pelo que, se fan o favor , non esquezan de traelo.
Tamén celebraremos o día da paz.

2 comentarios:

MARY dijo...

Ola,vexo que estades a traballar moito e, esta semán, supoño que máis, pois xa está aquí o antroido.Os nenos, xa están desexando ensinarnos o disfraz.
O conto vai sair moi,moi ben con toda esa vontade que poñen, agora, (temos que ir facendo nós as practicas, para que saia ben narrado, vainos facer falla o "guión" con antelación, para que non teñas que grabar moitas secuencias).Un saudiño e ánimos que xa queda pouco para descansar uns días.

maria dijo...

boas tardes,son María queria darlle as gracias as nais dos compañeiros de Carmen que me chamaron para decirme que se acupan elas da merenda e da bebida da festa do CARNABAL,sodes moi boas compañeiras, xa que se os nosos fillos son compañeiros, eu considerome compañeira das nais( e pais). MOITAS GRACIAS A TODOS.
E respecto do mestre xa o vou a felicitar por anticipado, xa que anque ainda non vin o disfraz, estou ven segura que estará coma para recibir un premio. pasadeu ben