Diario de experiencias dunha clase de Ed. Infantil do Ceip Ponte dos Brozos, en Arteixo - A Coruña.

TABOEIRO DE AVISOS

FELIZ 2010

domingo, febrero 17, 2008

Ainda que con retraso xa estamos de novo aquí. O primeiro que fixemos á volta do Antroido foi comenta-las vacacións , se foran a algún sitio, se se disfrazaran , se comeran doces e cales. Todos se disfrazaran fora do colexio e os disfraces foran moi variados : pingüin, raposo, princesa, zingara, Spiderman, pirata, .... Como os recordos estaban frescos fixeron un autoretrato deles/as disfrazad@s e quedeime moi sorprendido positivamente pois vin debuxos moi bonitos e con moito detalle. Como vedes nas fotos hai un pingüin moi chulo, un spiderman moi ben coloreado e co a araña no peito, un picapedra con manchas tamén moi real. En xeral o resultado foi moi bo.
Agora non temos á vista nada que nos atosigue no tempo como pasou co Nadal e o Antroido polo que andamos mais relaxados. Puideron xogar mais, tanto cos xoguetes coma coa plastilina. Tamén contamos algún conto mais ( algo moi importante , pero que o ritmo da clase , ás veces , o devora). Tamén adicamos bastante tempo o libro de plástica.
Comezamos un libro novo no que falaremos dos oficios. No primeiro día xa comentamos os mais coñecidos , mais algún non tanto , coma apicultor/a ou churreir@. Algúns, @s que o sabían, comentaron en que traballaban os seus pais/nais. Falamos tamén de ferramentas e aqui viuse que os programas de Bricomanía fan efecto, pois os pais de case tod@s tiñan martelo, desatornillador, brocha, rodillo, alicates, etc. Se é posible sería bo que lles comentarades en traballades e cales son as vosas ferramentas mais habituais pois imos voltar a falar deso e así poderían participar mais. Se hai alguén na familia de algun nen@ que teña un oficio que vos creades interesante que tam´ne llo comente ( panadeir@, zapateir@, carpinteir@, labreg@, gandeir@, ...). Traballamos a secuenciación , ordenando historias sinxelas de 3 a 7 debuxos.
Por suposto non nos esquecemos dos números e seguimos a repasalos. Ainda que poucos hai nen@s que , ás veces, os fan do revés. No caso que vos suceda así , comentadello e poñedelle unha flecha de onde ten que comeza-lo número e en que dirección vai.
As vocais tamén van moi ben e nun plazo de 10-14 días comezaremos cunha nova. Ademais aproveitando os seus nomes van coñecendo algunhas consoantes , se ben non polo seu nome ( eme, ele, ese, te, equis, ..) senon polo do nen@. Así esta a letra de Xiao ( a mais coñecida) , a de Martin , Marco ou Mateo , a de Victor ou a de Paula. Hai nen@s cunha gran motivación por aprender a ler.
Coméntovos que temos mais nen@s interesados en levar a Piolin de visita a casa. José e mais Susana estan xa apuntados na "lista do Sergas". O Mércores Martín trouxolle unhas folliñas de leituga que a cobaia devorou en cinco minutos. Xa fai uns días tamén Victor lle trouxera treboles, que tampouco lle duraron moito pois ainda que o ichiño non pasa fame , onde esta a comida fresca que se quiten piensos po froitas deshidratadas.
Como nota negativa apuntar que temos a PDI estragada pois o proxector deixou de funcionar. Ainda que o 95 % das clases non o teñen , agora nos ( e sobre todo eu) botámolo de menos. Volvemos a andar cos xices e co encerado de sempre, tamén facemos ampliacións das fichas e outros recursos para supli-la PDI. Por suposto tivemos que para lizar a elaboración do conto de Xan o porquiño na parte gráfica. A cambio avanzamos na parte auditiva pois xa temos a narración (gracias as nais voluntarias), agora imos comezar a gravar os dialogos cos nen@s para insertalos na narración e cando teñamos a Pdi de novo continuar cos debuxos. Tamén tivemos que parar co visionado dos Bits.

2 comentarios:

MARIA dijo...

BOS DIAS, QUERIA CONTARVOS O BEN QUE SE PORTOU PIOLIN ESTE FIN DE SEMANA, E COMO COMENTAS ENCANTALLE A COMIDA FRESCA,NA NOSA CASA COMIU
LEITUGA E PEREGIL, LEVAMOLO TODOLOS DIAS DE PASEO, SOLTAMOLO UN POUQUIÑO NO XARDIN DOS ABOS,NEL COMIU UNHA POUQUIÑA HERBA.EN FIN, UNHA EXPERIENCIA NOVA E MOI GRATA, AS NENAS GUSTOULLE MOITO TELO, POLO QUE ANOTANOS PARA REPETIR.RESPECTO OS TRABALLOS EXPOSTOS NO BLOG MOI BOS.BUENO XA ME DESPIDO, UN SAUDO PARA TODOS.

Anónimo dijo...

Ola, antes de nada dicir que os debuxos que fixeron están fenomenal e que se paren, a facerlles os pequenos detalles, pareceme bó, pois vese que se fixan neles e lle dan importancia ás pequenas cousas.
De Piolín dicir,que me parece estupendo que se animen máis nenos a levalo,pois lles gusta moito telo na casa. Un saúdiño, Mary
Espero que vos arranxen pronto a PDI, ainda que polo que me comentaron, xa a ían arranxar esta semán.(Máis que nada, porque voltedes o traballo do conto, pois xa estamos un pouco impacientes por escoitalo enteiro).Un saúdiño