Diario de experiencias dunha clase de Ed. Infantil do Ceip Ponte dos Brozos, en Arteixo - A Coruña.

TABOEIRO DE AVISOS

FELIZ 2010

jueves, febrero 28, 2008


Hoxe faltanme as fotos pois esquecin a tarxeta da camara no cole . O Luns espero podelas engadir.
Antes de nada respostar ós comentarios de Mary e Camilo. Dicirlle a Mary que é o mais normal do mundo a confusión temporal , moitas veces na clase escoito" mañan fún á piscina" esto dito por alguén moi madur@ e coas ideas claras. Ti seguelle falando que mañán é o que vai vir , que non sabemos o que vai pasar , mentres onte xa poasou e é algo que podemos contar pois xa sucedeu. Dito así é moi doado pero logo transmitirllo non é tanto. Como na maioría das cousas ( segundo a miña opinión) non se sementa para recoller hoxe , se non dentro dun tempo. Nos temos que falar e explicarlle o millor que poidamos as cousas ( o ideal sería poñernos a súa altura , pero é imposible) e un día decatarase de como son as cousas. A Camilo dicirlle que eu tamén quedei sorprendido , como moitas veces, con Xiao pero a razón pode ser que nas fichas do libro, na primeira saía un varredor e levabamos algúns días falando desa profesión. Estou de acordo contigo en que si eso fose o que lle gustase , apoialo ata o final. penso que un ten que intentar ser bo profesional no seu traballo, independientemente de cal sexa.
Por mor da época do ano en que caíu o Antroido, non puidemos pararnos tanto en falar e comentar a estación na que estamos. Así o outro día estivemos recordando as caracteristicas deste pero atopei un gran problema que quizais xa vos imaxinades. Falabamos de que roupa se usaba no Inverno e porqué. Mais ou menos foron dicindoa pero logo había que escoller entre unha viseira e un gorro de la, nese moemntos houbo nen@s que escolleron a viseira pois estes ano levamola baixado mais o patio que o abrigo. Digo esto porque resulta dificil comentarlles que é o que hai no Inverno : frío , neve ou chuvia , cando o que estan a ver é o contrario. Eles/as memorizan que no Inverno ten que haber .... e punto , pero loxicamente aprenderiano millor vendoo. Menos mal que as árbores si estan sin follas e non se ve moito movemento na natureza. Un problema semellante a este tamén se da cando falamos do tema da rúa e intentamos ver as diferentes tendas especializadas que hai: zapatería, carnecería, froitería, ... , agora se lles preguntas onde se merca algo , moit@s diran que no super ou no Carrefour. Por desgracia as pequenas tendas van desaparecendo.
Seguimos facendo cousas moi lindas en plástica, así , por exemplo, nestes intres estamos a facer unha paisaxe nevada de Inverno que ademais nos vai servir de portada. Primeiro fixeron o chan e un boneco de neve. Os materias son moi variados : cirdulos desmaquilladores, boliñas de pael seda , botóns , plastilina, corda, tea, etc.. O traballo estano facendo en grupos de 8 para intentar que resultado sexa bo e , ata o de agora , si o é.
Nas vocais repasamos o coñecemento auditivo das traballados, así como reforzamo-lo trazo que nalgúns casos esta moi verde. A discriminación auditiva no inicio tamén falla algo pois unha cousa é cando só coñecen unha e outra cousa é cando xa son tres.
O Xoves tiñamos unha ficha coas formas xeométricas e funlles preguntando un a un por elas (cadrado, triangulo e rectangulo). Hain@s tamen con bastante confusión entre triangulo e rectangulo.
Presentamos o número cinco e , neste caso, a sorpresa foi positiva pois fixeron o trazo ben caseque tod@s. De tódolos xeitos , como xa comentei algunha vez, este número ten algúns problemiñas pois hai nen@s que o saben facer pero logo chega o momento e o fan xirado para o outro lado ( coma se fose nun espello). Se se lle pon a frecha de inicio non deberían ter problemas.
Rematámola semán cunha nova técnica plástica, moito mais doada que a anterior e que luxaba menos as mans. Tiñan que facer globos e colorealos usando xices mollados en auga con azucre. Os xices tiñan levaban como unha hora na auga e por este motivo eran moi brandos. O resultado verémolo o Luns , cando esten as fichas enxoitas. Se podemos complementaremos o traballo con churriños de platilina e la. (@s compañeir@s da clase do canciño Milú fixeronno asó e quedoulles moi ben). Miramos outra maneira de usar os pictogramas. Había que dicir as características dun bloque lóxico ( cor tamaño e forma) usando tres pictogramas. Fixeronno moi ben , ainda que se voltou a ver as carencias no recoñecemento dalgunhas formas( triangulo e rectangulo).

1 comentario:

Anónimo dijo...

Ola, moitas gracias polos consellos José Carlos. Penso que tes razón, supoño que teremos que darlle tempo ó tempo, pois coido que igual lles pedimos demasiado, xa que son moi pequenos. De todolos xeitos, seguiremos intentando facerllo entender.
Sobre o trazo dos números e as vocais, intentaremos axudarche un pouquiño dende a casa tamén.
Ás veces, esquecemonos un pouco de pelexar nós tamén na casa un pouquiño e penso que é unha gran axuda, que nós tamén lles ensinemos na casa algo.
Ainda que ás veces, non hai moito tempo polos traballos, pero algún momentiño sempre podemos atopar.Un saúdiño e moitas gracias. Mary