Diario de experiencias dunha clase de Ed. Infantil do Ceip Ponte dos Brozos, en Arteixo - A Coruña.

TABOEIRO DE AVISOS

FELIZ 2010

miércoles, febrero 20, 2008


¡Que sorte ten Piolín! , fai excursión de fin de semán e ainda por riba trátano a corpo de rei. Ata o de agora tódalas experiencias con él estan sendo moi positivas , ata o punto de que a xente pide repetilas cando sexa posible. Da semán teñovos boas novas que contar pois, como sabedes estamos nestes días traballando o tema dos oficios polo que , loxicamente, tiñamos que falar de que querían traballar eles/as cando foran maiores e comunícovos que xa podedes ir pensando no retiro, pois os oficios estan moi ben. As rapazas decantanse pola menciña de persoas, doctoras e enfermeira (Alexandra), outras pola dos animais (Susana e Carla), mentres que Celia e Carmen vannos sair cantantes. Como veredes moi "boas e decentes profesións". Os nenós , coma homes que son ;))), dirixense a profesións de forza e musculo, así a maioría queren ser bombeiros , agás José , Abel e Mateo que lles gustaría ser mariñeiros e Xiao que se inclina pola limpeza , gustándolle ser varredor das ruas. Deixovos unhas fotos dos autoretratos ( estan por todas partesque se fixeron pois me pareceron moi simpáticas e curiosas. Son bastante grandes para que os poidades buscar ( Falta Ricardo que non veu ó cole hoxe).
Seguimos coñecendo mais dalgúns oficios , e aprendendo vocabulario. Escoitamos o conto de Xico deste tema e acontecíu unha curiosa anecdota da que se podería facer un estudio sociolóxico non moi riguroso , pero si curioso. O conto titulábase "Xico e o zapateiro" ( aproveita e preguntadelles de que vai o conto) e nel saían diferentes tipos de zapatos ( pallaso, Cincenta, botas de escalar e zapatillas de bailarina). Cando rematamos o conto estivemos falando da historia por ver que recordaban e comentamos as imaxes , logo eu pregunteilles que zapatos lles gustaban mais. A resposta dos nenos foi que os de pallaso ( agás Martin que escollíu as botas de escalar) e a das nenas os de Cincenta. Esto con nen@s de 4-5 anos que , en teoría , ainda non teñen esterotipos.
Voltando a "vida escolar" adicamoslle bastante tempo á plástica pois había que pegar papeliños negros nun gato e brancos nunha lua. Esta actividade , ainda que non é moi fatigosa , fisicamente, non lles entusiasma moito , pois usamos cola branca e cando manchan os dedos péganselles os papeis neles. Teñen que ter moito coidado e precisión. Os collages resultantes acostuman a ser moi bonitos.


Experimentamos cunha nova técnica plástica: o esgrafiado ( non sei o nome en galego). Esta consiste en primeiro colorear un folio con diferentes cores, coma se fose un puzzle onde cada peza é dunha cor. Logo hai que "tapar" todas estas cores con pintura negra de ceras brandas, de tal xeito que pareza un folio negro. Unha vez feito esto collemos un boli que non escriba ou un punzón plastico ou un escarvadentes ( foi o que usamos nos) para debuxar sobre "ese folio negro". Cando "estamos debuxando" o que realmente se fai é rascar a capa negra e deixar á vista as cores de abaixo. Queda un debuxo feito en colorines. Así lido parece moi interesante pereo logo os resultados non son tan impactantes e o traballo cansaos bastante ( ademais de deixalos coma se fosen mineiros). Sinto que na casa pasaredes tanto traballo para limparlle-las unllas , ata o extremo de non poder facelo, pero estas ceras son moi boas para determinadas actividades co inconveniente de que luxan moito as mans. Esta ficha era do libro de plástica e a base de colorins xa a tiñan feita , só era cubrir de negro e "debuxar". Houbo algún debuxo que pagou a pena , pero en xeral non callou a actividade entre eles/as.




Agora que xa recoñecen ( habitualmente) o seu nome, comezamos a traballar a súa grafía. Eu poñolles o nome e eles/as teñen que copialo. A maioría do trazo das letras non é o correcto, pero vanse familiarizando con él. Ss letras que si coñecen fannas bastante ben. Cando todos fagan esta actividade poñereivos unhas fotos individuais para os vexades.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Ola, !canto traballan estes nenos! e que debuxos tan chulos.A verdade é que sí podemos ir pensando no retiro, pois non son tan malas profesións,(pero coido que non nos van quitar de traballar así que, temos que seguir poñendonos as pilas).
Supoño que lles dará traballo o de pintalas fichas de negro,pero dende logo, o resultado gustalles moito,pois ver que logo, os debuxos quedan de colorins, impresionalles bastante, (polo menos, ó meu).
Parece que o conto de Xico, non é moi longo, pois na nosa casa só sabemos que xico, tiña os zapatos rotos e os levou a arranxar ó zapateiro.
Os oficios vanos aprendendo ben, o que lles custa un chisco é entender, cando é mañá. Intentamos explicalo millóns de veces, pero a resposta é: mañá, é mañá e oxe, é oxe, (temos serios "problemas",pois danos unha boa resposta pero, non acaba de comprendelo). Non sei se os outros nenos o comprenden ben, pero penso, que habería que insistir un pouco neso. Un saúdiño. Mary

camilo dijo...

soy el papa de xiao y me sorprende de donde habra sacado la idea de ser barrendero, idea que pienso apoyar hasta el final si hace falta, me encanta la imaginacion de los niños y tu trabajo Jose Carlos, si no esto quedaria en tu memoria y seria imposible el compartirlo con todos, como haces a costa de horas de tu tiempo, gracias y un saludo camilo