Diario de experiencias dunha clase de Ed. Infantil do Ceip Ponte dos Brozos, en Arteixo - A Coruña.

TABOEIRO DE AVISOS

FELIZ 2010

lunes, marzo 31, 2008

Ademais de proseguir co noso libro de pictogramas comezamos cun tema do novo: As prantas e a primavera. Así estivemos vendo láminas de árbores e de hortas , miramos o que había nelas e que se podía prantar. Alguén quixo prantar un polo ou un cabalo , cousa que fixo rir á maioría.
Aproveitando o centro de interés da natureza estamos vendo, cos bits-fotográficos, diferentes tipos de flores e árbores.
Facía tempo que, por diferentes motivos, non traballabamos coa pasta de modelar. Tiña "in mente"que fixeran "un cabezón" ( un boneco feito a partires dunha bola) ,pero , aproveitando a visita á Biblioteca, puxémonos a intentar facer ó pirata Calabrote. O primeiro era facer unha gran bola na que logo fomos poñendo un macarrón ( a modo de nariz), dous botóns (a modo de ollos) e unha palliña na que logo imos poñe-la bandeira. O vindeiro día pegarémoslle la no sitio do pelo, poñerémoslle un parche, un anaco de la ou un cordón na boca e farémoslle a bandeira. Tamén veremos a posibilidade de facerlle un gorro con cartolina. O proceso vai ser lento ( eles/as xa querían rematar hoxe) pero vai ter un resultado "espectacular". Como vedes nas fotos , cando rematamos "procuramos" deixar as mesas o mais limpas posibles
Andamos estes días xogando en diferentes páxinas web que me recomendaron.Chegamos a unha que , de inicio , non ten nada especial pois "só" é para debuxar, ainda que tamén podes engadir texto ou colorear os debuxos. Ata aquí nada especial, pero resulta que ten unha particularidade e é que, logo de face-los trazos ou debuxos , se picas nun botón podemos ver os movementos dos trazos do debuxo, é dicir, coma se o debuxo se fixese só. Eles/as quedaron "alucinados" pois lles parecía maxia ver que os debuxos se facían sos. Ademais de para debuxar , e como estamos traballando coa letra e, adicamonos a face-lo seu trazo, para logo ver se o fixeran ou non correctamente. Gustoulles e ademais permitiunos ver se a direccionalidade do trazo era a correcta. No video podedes ver unha mostra .



Espero que axiña poida poñervos mais. A ligazón a esa páxina é http://artpad.art.com/artpad/painter/
Relacionado con debuxar , contarvos que xa temos cinco secuencias daquel conto multimedia que vos falei. Quedan duas que espero rematemos nos vindeiros 15 días. Logo comezaran a colorealos.
Presentamos o número seis (algo que coñecían xa case tod@s) e logo probamo-lo trazo , que en liñas xerais foi bastante correcto. Referido á parte matemática traballamos coas "sumas" como feito de xuntar cousas. Esto fixémolo con debuxos ( ou sexa de xeito concreto) e tamén mental (aquí, loxicamente, custoulles e só algúns/nhas eran capaces).
Rematámola semán dandolle un repaso as vogais traballadas ata o de agora. O coñecemento é bastante bó pero no trazo( tiñan que facelas dentro dun cadrado e sen punteado) teremos que segui-lo traballando.
Por último comentar un par de cousas: Gracias a María pola aportación dos videos de Little Eisnteis. Ainda non puiden ve-la páxina da que falas espero facelo mañán e , secadra e podo , intentar conseguir algún video ( pois soame de velos por algures). Sobre o que di Mary ( os xogos da beira esquerda) dicirvos que volos recomendo pois ademais de entreter @s nen@s , tamén lles ensinan. Se tédela posibilidade visitade as páxinas. Nos vindeiros días irei poñendo algunhas mais.

2 comentarios:

maria dijo...

bos dias,xa vexo que seguides a traballar moito,respecto do video dos little einsteins, xa che mandarei por Carmen un dvd que ten tres aventuras destos pequenos einsteins, penso que cando os vexades na clase o ides a pasar moi ben.Sen mais, un saudiño .

Anónimo dijo...

ola,!canto traballan estes nenos!
e como brillan esas mesas.
Oxalá na casa, fosen tan ordeados e limpos.
Quero dicir que parece que iso de facer maxia, lles chama moito a atención, xa que Víctor díxo que pintaba só e estaba moi abraiado contandoo.
Penso que está moi ben, pois ademáis de facer eles as cousas, logo, repiten o que fan eles e lles axuda a memorizar os trazos vendoos de novo.
Gracias por deixarnos todos eses xogos e cousiñas que nos deixaches no blog, pois realmente están moi ben. Un saúdiño Mary