Diario de experiencias dunha clase de Ed. Infantil do Ceip Ponte dos Brozos, en Arteixo - A Coruña.

TABOEIRO DE AVISOS

FELIZ 2010

jueves, marzo 06, 2008

Rematamos a ficha de plástica coa temática do Inverno que nos vai servir de portada para o libro do segundo trimestre. O resultado foi moi vistoso ( o contraste do fondo negro e o algodón) pois engadimos unha árbore de plastilina con mais " neve".
Rematamos o libro dos oficios , ainda que , xunto con outras clases, imos facer un libro de oficios moi orixinal pois vai levar as fotos deles/as . Esto farémolo nos vindeiros días. O novo tema vai sobre a rúa e os medios de transporte. Ademais de ampliar o vocabulario relacionado co tema imos coñecer e adquirir hábitos axeitados para manter limpa a rua e o contorno.
Demoslle un bo repaso ás vocais traballadas e durante dous días fixemos xogos e mais exercicios de recoñecemento auditivo e de grafia das tres. O trazo ainda deben milloralo pois hai veces que se lían pero tamén @s hai que as fan moi ben. Polo que se refire a buscar palabras que comezan por ..., fanno ben case que tod@s pero non sei si é porque reralemnte discriminan ben ou a base de repetir tanto esas poucas palabras ( indio, uvas, un, iglesia, Antón, ...) que xa as teñen memorizadas.
Cosa números tamén andivemos de repaso , facendo un poucop mais de fincapé no trazo do número cinco. Tod@s contan ben ata cinco ( a maioría ata mais) pero logo hai erros puntuais nalgúns dixitos. Así por exemplo hai quen fai o tres e o cinco do revés. Algún/nha tamén lle pasa co catro pero menos.
Teño unha boa nova que comentarvos , ¡ xa temos de novo PDI!. O xoves trouxerano de volta amañada e o Venres xa comezamos a usala. Notouse moito a súa falla e agora volveremos a retomar o conto que estabamos a facer. Ademais tamén voltaremos a recorda-los bits , presentar novas aplicacións e traballa-lo trazo de xeito groso. Tamén poderemos ver algún video. En fin unha moi boa nova.
A semán que ven remataremos este segundo trimestre ( ainda que, con respecto o calendario, cun par de semáns de antelación). Por eso van levar as fichas feitas, así como os informes trimestrais. Non levaran o libro correspondente ó tema que estamos dando pois ese rematarémolo logo das vacacións.Non vos esquezades de mandarlle a carpeta de volta a carpeta do segundo trimestre para poder levar as fichas.
No ordenador andamos , neste momento, a comezar a usar o teclado. Así estamos usando o programa que fixera cos seus nomes e as súas fotos pero , ademais de puzzles e relacións , teñen que escribir o nome d@ nen@ ( millor dito copialo , pois esta escrito debaixo da foto). Tamén comezaron a usar un xogo , que é de balde, chamado Tuxtype. Con él vanse familiarizando co teclado e coa posición das letras , dun xeito moi lúdico pois se aseemella a un xogo de videoconsola. Na foto os podedees ver xogando por parellas pois individualmente ainda lles é moi dificil. Tamén usamos a PDI para escribir palabras entre tod@s nun teclado virtual que aparece.
Comentarvos tamén que nestes momentos quedan 10 botellas de auga, que aproximadamente chegan ata as vacacións de Semán Santa.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Hola soy la madre de Carla,veo todas las semanas el blog.Me parece un trabajo estupendo el que estas haciendo,pues estamos informados todas las semanas de lo que hacen los crios. Esto no lo habia visto antes en ningun sitio y me parece genial un gran esfuerzo por tu parte. Veo a la niña muy contenta y hoy me enseño como hacia su nombre con las teclas del ordenador.
Me cuesta un poco entender lo que pone, lo leo por encima pero no entiendo todo.Un saludo

Anónimo dijo...

Ola,quero dicir que me alégro moito de que xa teñades de novo a PDI, pois pareceme que se poden facer moitas cousiñas nela, ademáis de poder seguir co conto.

Penso que as vocais, (ainda que memorizan moito as cousas),as discriminan bastante ben e, algunha consonante do seu nome cando o ve en algures, tamén, pois na casa cando as ve, dinos qué letra é.
Do xogo do ordenador, pareceme estupendo que vaian utilizando o teclado,pois pareceme que ainda que son moi pequenos e non saben as letras todas, algunha lles vai ir quedando e axiña, van saber onde están, xa que teñen moita facilidade para memorizar as cousas.
Estamos desexando ver ese libro de oficios que fixestes, seguro que está chulísimo.Un saúdiño. Mary