Diario de experiencias dunha clase de Ed. Infantil do Ceip Ponte dos Brozos, en Arteixo - A Coruña.

TABOEIRO DE AVISOS

FELIZ 2010

viernes, marzo 28, 2008

Remataron as vacacións e comezámo-lo terceiro trimestre e para eso nada millor que comezar contando o que fixeran nas vacacións. Houbo quen tivo a sorte de viaxar lonxe , coma Ricardo que foi o seu pais , Portugal, (á vila de La mego a ver a avoa), Susana visitou seus bisavós en Asturias ( ademais de ter unha historia cunha cadela) , onde tamén estivo Paula (ademais dun hotel en Lugo). Xiao que pasou por Ourense ( vendo unha fervenza da que non recordaba o nome), outras mais cerca como Ariadana ( que foi a un campionato de cabalos onde o seu pai gañou unha copa que lle entregaron a ela, ¡noraboa!) e Sandra que acercouse a Rañobre a buscar un ovo de Pascua. Por suposto tamén houbo vacacións mais tranquilas como José que víu moitas cousas co seu pai, Abel que xogou ó futbol co seu irman Yago, Matín que foi á piscina, Marco que foi ó hospital a vero nacemento do bebe dunha amiga da súa nai, Iago foi ver unha tía a Coruña ou a Celia que lle mercaron unha bruxa. Ainda que non viaxou lonxe, tamén fixo algo especial Victor, pois foi ve-la Casa das Ciencias e o Planetario. Contounos que había moitos xogos e que vira pitiños nacendo.
Despois de todas estas historias decátome de porqué viñeron tan relaxad@s tod@s , foi porque disfrutaron moito.


No cole tamén fixemos cousas moi interesantes coma por exemplo ver uns xogos en Internet. O coordenador do Proxecto Ponte dos Brozos mandounos unha ligazón a unha páxina web que lle parecía tiña xogos moi interesantes, a páxina chamase Vedoque ( picar na palabra para ir á páxina). Os vedoques son uns bichiños moi raros dos que estivemos intentando averiguar a súa procedencia pero logo dun tempo non o acadamos. Si soubemos que tiñan moitas dúbidas e que precisaban que os axudaramos . Fixemos actividades de ordear formas xeométricas, contar cousas e , a que mais lles gustou, modificar unha cara ata facela igual a un modelo.
Outra novidade foi que deixamos de ser 23 na clase ( comigo) para ser 24 , xa que se incorporou un neno chamado Adrián que xa estivera antes no cole ( o curso pasado) pero non conosco. Foi moi ben recibido por tod@s.

Adrián tivo a sorte de case estrenarse no cole cunha excursión pois o Venres fomos á Biblioteca do Concello ó Contacontos. A experiencia foi fabulosa pois os actores e actrices que alí había representaron dous contos dun xeito moi lúdico , involucrando @s nen@s. Preguntadelles polo pirata Calabrote ou por Martiño e a noite de Reis ( que lle sucedeu co pis)
.
Á volta, logo de merendar, tiñan que facer un debuxo do conto e sairon verdadeiras obras de arte. Na foto podedes ver o mural ( faltan tres debuxos que non remataran ainda) con eles, así coma un que ten moitos detalles das "pelexas" de piratas que viron na Biblioteca.
Tamén estrearon uns xogos que estaban gardados e que gustaron moito. Unha pista de coches que eles poden montar coa forma que queiran e unhas maletiñas de pezas de mosaico para facer , con moita paciencia, debuxos moi coloridos.
Da parte mais seria contarvos que rematamos o sexto libro ( o da rúa e os medios de transporte) e que siguemos traballando coa letra e.
No lado esquerdo deixovos unha ligazón con mais fotos do Contacontos. Non son de moi boa calidade pois con flash saen mal , pero sin él saen movidas. Ademais non podía molestar na representación.







Posted by Picasa

7 comentarios:

Zololkis dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
Tegriña dijo...

Ola chicos!
Dende Vigo visitamos o voso blogue porque nos gusta moito ver as cousas tan chulis que facedes.
Un saúdo e moitos bicos!!!

Anónimo dijo...

Ola, antes de nada, quero darlle a benvida a Adrian e a noraboa ó pai de Ariadna.
Vexo, que todos o pasaron de maravilla nas vacacións, pois contaron moitas cousiñas, alégrome, pois para iso son. Máis que relaxados, seguro que foron cansos de tanto viaxar.
Do contacontos,á nosa casa veu moi ledo,contounos, que se pelexaran dous piratas con "algo de comer", pero do que lle pasou co pis, ainda non o falamos.
Nas fotos que nos deixaches, véselles que o pasaron estupendamente, non hai dúbida, pois a cara de ledicia que teñen todos, xa o dí todo.
Estiven ollando tamén eses xogos,están estupendos,gracias por deixarnos ver todas estas cousiñas, sen esto, non non enteraríamos de metade das cousas.Moitos ánimos a todos os que facedes este traballo.Un saúdiño, Mary

ANA dijo...

Ola a todos!!
Moitas grazas o profe por facer esas fotos tan chulas, xa que así puiden comprobar o ben que o pasastedes no contacontos; aínda que amolame un pouco perderme tanta festa!!!!
Moitos biquiños, ata pronto!!

Anónimo dijo...

¡Hola, blogueiros!
Alédome de que o pasaran tan ben nas vacacións, pero vexo que tamén o pasaron ben despois delas. Así que animarvos para seguir aprendendo y disfrutando.
Sinto moito non participar mais no blog, pero moitas veces leo o que pon Xosé Carlos e vexo as fotos e vídeos e pásaseme colaborar como facedes outros. Pero iso non significa que non vos siga a miúdo.
Un saúdo e a seguir facendo esta maravilla de blog que podemos disfrutar todos.
Un saúdiño.
VÍCTOR.

MARIA dijo...

BOS DIAS, ANTES DE NADA SAUDOS O COMPAÑEIRO NOVO E POR SUPOSTO TAMEN OS DEMAIS, COMENTARVOS QUE NON HAI MOITO DESCUBRIMOS UNS DVD DE DEBUXOS ANIMADOS QUE SE CHAMAN OS LITTLE EINSTEINS,DECIRVOS QUE SON MOI AMENOS , XA QUE INCITAN OS CATIVOS A PARTICIPAR NAS AVENTURAS QUE LEVAN A CABO UN GRUPO DE AMIGOS, APARTE DE QUE SE FAMILIARIZAN CON DISTINTAS PARTES DO MUNDO, MUSICA , PINTURA,...METINME EN INTERNET E PENSO QUE SE PODEN VER PORA AHI AS PELIS,COMENTOVOS ESTO PORQUE SE NON AS CONOCEDES, PENSO QUE SON MOI INTERESANTES. SIN MAIS UN SAUDIÑO.

Anónimo dijo...

Ola, quero dicir que estiven vendo un pouquiño a páxina que comenta María e pareceme bastante interesante, pois ademáis das pelis, ten xogos e outras cousiñas que están moi ben. Gracias María, por falarnos de esta páxina.
Tamén quero dicir que, tamén estiven vendo estes días, uns xogos que están moi ben e son moi interesantes neste blog, na parte esquerda.Recomendovos, que lle botedes unha ollada,xa que non teñen desperdicio ningún, parecenme moi bós, para axudarlles ós nenos a repasar algunha cousiña que fan no cole, coma o trazo das vocais e outras cousiñas.Un saudiño a todos e gracias.Mary