Diario de experiencias dunha clase de Ed. Infantil do Ceip Ponte dos Brozos, en Arteixo - A Coruña.

TABOEIRO DE AVISOS

FELIZ 2010

miércoles, abril 23, 2008

Que gran éxito foi a visita á panadería , batemos o record de comentarios para un post ( sete). Estou de acordo que foi unha experiencia moi boa e moi didáctica , se ademais servíu para "abrirlle o apetito" a algun todavía millor. Dende logo eu nunca vin xantar con tantas gañas a Aarón, parecía outro. Non pasou o mesmo con Sandra , pois a pesares da visita e de tódalas cousas que nos puxeron , non tiña moita fame. A vista a ver como fan o caldo ou algo parecido penso que non vai ser posible pois eu non coñezo nada "parecido" pero se houbese algo así deberiamos de ir. As saidas, en xeral, sempre son moi motivantes para eles/as e aprenden moitas cousas ( quizais , ás veces, mais que na escola) pero , normalmente, son un chisco "arriscadas" pois , como ben sabedes, atender un neno/a é complexo pero 23 moito mais . Hai perigos ou problemas onde menos o pensas. Eu ata o de agora non teño ningunha experiencia negativa pero coido que é cuestión de sorte.
Do resto dos comentarios dicirlle a Maria ( a nai de Carmen) que, por favor, non se moleste mais polo nome da flor , tan só éra curiosidade e porque nese moento anabamos a falar das flores, nada mais. Se lle coincide sabelo ben , se non nonpasa nada.
Eu tamén coido que non foi un simulacro pero @s profes non vimos a ninguén nos botóns de emerxencia e , ante a dúbida, saimos. Pero asegurovos que foi unha faena pois o día era moi degradable e non nos paramos nin a coller os abrigos. Esperemos non volte a pasar.
Como xa puxen no comentario anterior moitas gracias a tod@s por acordarse do meu cumpreanos.
Poñendonos xa á "faena" dicir que Ariadana contounos que o Domingo fora a Lugo onde se celebraba a Feira de Abril e que foi vestida de sevillana , que seu pai toreou un vaquiña ( ou algo parecido) e que o pasou moi ben. O Luns viu nacer unha potriña chamada Celtia , que a súa mama se chamaba Jarana e que lle gustara moito.
O Mércores celebrábase o Dia do Libro e nos quixemos colaborar por partida dobre. Entre o Martes e o Mércores fixémos un contiño moi sinxelo sobre un coello. Repetimos o texto con xestos ( buscando axudalos a memorizalo) e logo coloreamolo. Ademais, como somo moi "modernos" o Xoves fixemos a nosa edición multimedia. Gravaron o texto coa súa voz ( a algúns/nhas custoulles bastante pola vergonza) ainda que non había moito silencio. Despois de moito esforzo ( por non moverse ou por calar) conseguímolo e aquí debaixo o tedes ( o texto non coincide exactamente coa voz gravada)



Rematamos o Libro número sete de Xico no que falabamos das plantas e da Primavera e comezamo-lo novo dos animais. Este é un tema dos mais bonitos de traballar pois , xeralmente, a acaseque tod@s lles gustan moito. Un dos obsectivos é que, ademais de saber que hai animais salvaxes e domésticos, tamén comecen a saber que hai mamíferos , aves, peixes, reptiles e anfibios: Recordaremos varias veces as caracteristicas e iremos vendo que animais as teñen e cales non. Se tedes algún libro de animais que non sexa moi complexo nin amplo podeno traer e comentámolo. Tamén fotos recortadas de revistas.
Xa case está rematado o conto de Xan o Porquiño na súa parte de artesán ( faltaría logo a montaxe "dixital") , pois só falla gravar as voces deles/as. Como comentei íamos facelo está semán , o Xoves, pero como fixemos o do coelliño , pareceume moito para gravar (pois lles exixe moito tempo estar quietos e calados). Farémolo a semán que ven. O que si fixemos foi a portada onde eles/as copiaron as letras do título. Cos dibuxos, postos tos xuntos nunha folla e secuencuenciados temporalmente, imos participar nunha revista anual que fai o Departamento de Normalización Lingüistica.
Comentar tamén que xa coñecemos unha nova amiga. Chámase Otilia e é unha eiruga. Ela presentounos a letra , coa que imos xogar nos vindeiros días.O Venres estivemos preparando o ragalo para o día da nai.Non vos conto nada , pois se supón que é unha sorpresa. Pola fotos podede adiviñar algo pero cando o vexades , veredes que orixinal e bonito é. Estalles dando bastante traballo pero imos facelo en varios días.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Ola, alédome moito de que tiveses tantos comentarios, pois é importante que se animen os pais a particìpar, xa que ademáis de enterarnos do que fan os nenos,tamén é a única maneira que temos, de agradecer tanto traballo.
É unha magoa que a Sandra non se lle abrise tanto o apetito coma a Aaron, pois realmente, tiña moi boa pinta todo.
Quero felicitar a Ariadna, pola súa nova potriña e que sorte, poder ver o seu nacemento, (pouca xente o pode ver, e nenos, menos ainda).Ainda por riba, veulle ben velo sobre todo agora que estades a falar dos animáis.
O da serea, mellor que quedase nun susto e que non volte a pasar, pois imaxino, que ten que ser un follón.
O conto que troixeron para a casa, está moi ben e as grabacións tamén, da gusto escoitalos.
Un saudiño.Mary

MARIA dijo...

BOAS TARDES, BUENO TEÑO QUE DECIR QUE AINDA NON CHEGOU O DIA DA NAI, PERO EU XA RECIBIN UN REGALO PRECIOSO, DENTRO DUNHA CARTEIRIÑA CON UN CORAZON DE PURPURINA QUE TRAIA UNHA PULSERA PRECIOSA, E O MESMO TEMPO MOI ORIXINAL E DE MOITOS COLORES , POLO QUE PODO POÑER CON TODO XA QUE ME COMBINA PERFECTAMENTE.ESTOU CONTENTISIMA CON ESTE AGASALLO QUE ME FIXO A MIÑA FILLIÑA.GRACIAS