Diario de experiencias dunha clase de Ed. Infantil do Ceip Ponte dos Brozos, en Arteixo - A Coruña.

TABOEIRO DE AVISOS

FELIZ 2010

martes, abril 15, 2008


Comezámo-la semán con moita marcha pois tiñamos programada unha saida extraescolar, iamos visitar unha panadería ( e non unha papadería como puxen na autorización). Nas outras vistas que fora eu , iamos a outra panadería. Alí o trato sempre foi exquisito , nos explicaron como se facía e , por suposto, nos deixaron amasar e cocer. Esta era a primeira vez que imos a APTC e o trato foi igual de bo, todo cunha grande amabilidade pero a duración é mais extensa.




Comezamos con mal pe pois dixeron que nos virían buscar ás dez e media e chegaron ás 11 e 10. Esto foi o único negativo porque logo chegamos e o primeiro foi poñernos un gorro no pelo e un mandil. Amosáronnos como se facían as empanadas antes ( e como se fan agora , nas casas). Eles/as moi atent@s escoitaban, logo pasamos xa a " manipular" a masa, estabamos en faena. Botámolo recheo , puxémoslle a tapa por riba, adonámola e ... o forno. Mentres leváronnos a ver como se fan agora as empanadas ( é dicir , de xeito "industrial"), así miramos unhas grandes máquinas. A primeira facía un montón de masa , logo outra cortabaa e pesabaa, de alí ía a unha que a "aplastaba" facendo as tapas superior e inferior.Viña despois unha fase manual na que un grupo de traballadoras , recheabanas e "adornábanas, pasando por outra maquiniña que cun spray " as barnizaba" con ovo e leite. De alí a uns grandes almacens. Logo ensináronnos como se facían os mini pasteis, déronnos a proba do feito e deixaronnos axudar a facer algún.
O remate foi o millor pois nos fixeron unha festa onde tiñamos difrenetes tipos de empanadas, mini bocatas e mini pasteis. Para beber zume, auga ou refresco.
Por si esto non fora pouco , regalaronnos unha bolsiña na que levabamos a nosa empanada , un boliño de pan, unha camiseta e unha libretiña, Fabuloso. Quero agradaecer todalas atencións que nos dispensaron dende que chegamos ata que nos fomos. GRACIAS.
Como unha imaxe vale mais que mil palabras , deixovos unha presentación coa meirande parte das fotos, espero que vos guste.
O Martes repasamos os conceptos mais que e menos que en base a debuxar. Custoulles bastante pois é algo que , dada a súa idade, ainda non comprenden ben.
Non era normal que a nesta época do ano ainda non prantaramos nada. Por eso o Mércores puxemonos a faena. O traballo non foi tan completo coma o do ano pasado pero algo si fixemos. Sementamos "rabanitos", tomates , pipas de xirasol e cabaza, mimosas e un bulbo de gladiolo. Tod@s colaboraron dalgunha maneira ( ben sementando, ben tapando ou regando). Decatamos que había "sememntes" de diferentes tamaños e colores. Ó remate contamos un conto moi simpático que se títula "Ainda nada" e que falaba do tempo que tarda en nacer unha pranta dende que se sementa (preguntadelle polo conto , por ver se o recordan).
No conto de Xan porquiño caseque o rematamos de colorear, ademais aprenderon algo novo do programa para colorear que é o uso da lupa. Cando algo é demasiado pequeno , dándolle o botón lupa pódeno facer mais grande para facilita-lo traballo.
O Xoves a "profe" Lidia trouxonos un botiño con tres "bichos" , eran tres salamántigas pequenas que collera. Preguntei si sabían o que eran e a maioría comentaron que lagartos ou lagartixas, entón comenteilles que eran sala.. e houbo vari@s que dixeron o nome, tamén preguntaron se eran perigosas.
Outra anecdota que nos acontecíu ese dia ( e que quizais contaron na casa) foi que sobre a unha e media soou por cinco veces a serea de emerxencia. Con ela se nos avisa de que hai que facer unha saida ordeada e rápida do "cole" pois hai algún tipo de perigo. Esto xa ten pasado , pero só se escoita unha vez e acostuma a ser algún neno que toca no interruptor. Hoxe como eran cinco e non se vía a ninguén polos pasillos , baixamos moi axiña para o patio e alí formamos ata comprobar que se podía subir. Servíunos de simulacro de evacuación. Coméntovolo por si algún vos contou algo e non soubo explicarse ben.
No lado esquerdo tedes unha escolma das fotos da visita á panadería. Son coas que esta feita a presentación do video de arriba , pero así se tedes interés nlagunha podedes vela millor ou descargala

7 comentarios:

MARIA dijo...

MOI BOAS, POLO QUE SE PODE VER NAS IMAXES A VISITA A PANADERIA FOI MOI DIVERTIDA PARA TODOS, PASADELO EN GRANDE, XA ME GOSTARIA A MIN PASALO ASI DE BEN NO MEU TRABALLO(ALEGROME DE QUE ASI SEXA), POR OUTRA BANDA RESPECTO DO SIMULACRO QUE FIXESTES, ALGO ME COMENTOU CARMEN, DIXOME QUE SOARA A ALARMA E QUE SAISTES O PATIO, SO QUE ELA NON VIU QUE PASARA NADA, PARECE SER QUE VOLVISTES PARA A CLASE, E QUE DESPOIS VOLVEU A SOAR A ALARMA, PERO QUE XA NON SAISTES PARA FORA DE SEGUNDAS. PARA REMATAR SINTO NON PODER DECIRCHE DE MOMENTO A CLASE DE FLORES QUE SON AS QUE LEVOU CARMEN, EFECTIVAMENTE COLLERANAS NO XARDIN DUNHA VECIÑA CANDO IAN PARA A PARADA DO BUS, XA ME FIXEN CON UNA RAMIÑO PEQUENO E CANDO TEÑO TEMPO VOU OLLANDO NO INTERNET A VER XI VEXO ALGUNHA IGUAL, XA QUE EU TAMPOUCO NUNCA AS VIN. SAUDOS PARA TODOS.

Anónimo dijo...

¡HOLA A TODOS! SON O PAI DE VÍCTOR.

¡POIS SÍ QUE O DEBERON DE PASAR BEN NA VISITA Á PANADERÍA!. NO VÍDEO VESE QUE ESTABAN BEN ATENTOS Ó QUE LLES EXPLICABAN. E A EMPANADA E O PAN SAÍRONLLES BEN RICOS, POR CERTO. NON QUEDOU NIN UNHA MIGUIÑA.
CREO QUE ESTE TIPO DE ACTIVIDADES SON AS QUE REALMENTE LLES SIRVEN ÓS NENOS PARA APRENDER COMO SON AS COUSAS QUE VEN TODOLOS DÍAS.

NON ESTARÍA DE MAIS AGRADECERLLE A "APTC" O TRATO QUE LLES DEU ÓS NENOS E OS PROFESORES, POIS TAL E COMO ESTÁN AS COUSAS HOXE EN DÍA NON TODO O MUNDO ESTÁ DISPOSTO A PERDER PARTE DO SEU TEMPO DE TRABALLO EN ENSINARLLES A UNS NENOS, E AINDA POR ENCIMA FACERLLES AGASALLOS A TODOS.

POLO DEMAIS, VEXO QUE O DO SIMULACRO DEBERON DE TOMALO CON TRANQUILIDADE, PORQUE VÍCTOR NIN SEQUERA MENCIONOU O TEMA NA CASA.

UN SAÚDO A TODOS E UN AGRADECEMENTO Ó PROFESOR POR ESE VÍDEO DA VISITA Á PANADERÍA (REALMENTE ESTÁ BEN FEITO).

Bea dijo...

Ola!!! Que chulada de saída!!! é que fame me entrou ó ver ó vídeo,quen me dera comerme agora un cachiño desa empanada que fixestes!Seguro que estaba boísima!!!

camilo dijo...

Realmente xiao tampoco menciono nada de lo del simulacro, pero lo de la panaderia si que se le quedo grabado, lo comenta cada vez que podia meter el tema, aunque creo que todavia prefiere ser barrendero un saludo

MARIA dijo...

bos dias a todos, hoxe simplemente quero felicitar o cumpleaños o profesor jose carlos,asi que FELIZ CUMPLEAÑOS E QUE CUMPLAS MOITOS MAIS.

Anónimo dijo...

Ola,etá moi, moi ben a presentación das fotos, están todos simpatiquisimos cos gorros e cos mandilóns. Gracias de novo a APTC.
Polo que entendo eu sobre o da serea, coido que non foi un simulacro,de todolos xeitos, millor que só quedara neso.
Sobre o conto de ainda nada, contaronme que había un tal Luis que prantara unha flor e ía todos os días mirala e ainda nada,(non nacera), logo, cando un día foi mirar, xa nacera e levoulla un paxariño para a súa noiva.Todo esto, contaronmo, (agora, se é así o conto ou non, xa non o sei).
Bueno, nada máis por oxe, só desexarche, FELIZ CUMPLEANOS. Saudiños, Mary.

Anónimo dijo...

HOLA,GUSTOUNOS MOITO O VIDEO DA PANADERIA E VESE QUE OS NENOS ADEMAIS O DISFRUTARON.E ¡AARON DESCUBRIU A EMPANADA! CANDO CHEGARON A CASA E COMO ERAN "SUAS" AINDA COMERON OUTRO TROZO,ASI QUE A SAIDA FOI TODO UN EXITO.A VER CANDO FACEDES ALGUNHA PARA VER COMO FAN O CALDO OU AS VERDURAS(AS DA CASA NUNCA SABEN BEN).
DESEXARCHE MOITAS FELICIDADES E
QUE PASES UN BO DIA.UN SAUDO DE JUAN E ELENA