Diario de experiencias dunha clase de Ed. Infantil do Ceip Ponte dos Brozos, en Arteixo - A Coruña.

TABOEIRO DE AVISOS

FELIZ 2010

jueves, mayo 22, 2008

Comezamo-la semán cunha charla moi interesante pois aproveitando a obra de teatro "Rosa Caramelo" profundizamos un pouco mais no tema dos estereotipos sexuai. Para axudarnos entramos na web quest (picade na palabra se queredes saber en que consiste unha web quest) feita sobre este conto. A ligazón desta é Rosa Caramelo.
Estivemos falando das razóns de Margarita para toma-la decisión que tomou, que que lles parecía e das eleccións que farían eles/as se o foran. Que lles gustaría mais ser rosas ou de pel suave ou xogar e pasalo ben manchandose , ás veces?.
Cal creedes vos que foi a resposta maioritaria? , pois ser rosas e guapas as nenas e xogar e divertirse os nenos. Facendo mais preguntas víamos que si lles gustaría ser "libres", coma a elefanta Margarita, pero ser guapas e " perfectas" como querían seus pais, moito mais.
Logo estiveronme dicindo xoguetes e eu preguntaballes se eran dun ou outro sexo. As respostas foron que eran de tod@s ( agás algún neno). A razón de comentar esto no blog é con animo de que saibades que , ás veces, sen decatarnos estamos dirixindo sexualmente os nosos fillos e márcandolle determinados estereotipos : nenos-divertirse e nenas-beleza.
Dentro da ficha de pictogramas que fixemos , houbo unha novidade: non tiñan que recortar e pegalos se non que tiñan que completa-la frase con letras vocais( eran os artigos dos nomes) mais debuxar un pictograma. Con esto imos introducindo as letras na lectura das frases. O exercicio saíu bastante ben. Seguiremos a semán que ven coa historia iniciada.
Este ano a Editorial Santillana regalounos un Cd cun xogo de Pipo (Pipo ven a xogar). Estivemos navegando polo xogo , vendo as posibilidades que ten (de cara a que logo eles/as o usen libremente nos ordenadores). A miña opinión do xogo é boa pois traballa o vocabulario temático ( partes da casa, escola, praia, granxa e horta) introducindo a lectura e iniciando as matemáticas. Ten un nivel de cinco anos ( con cousas quizais de seis) pero van collendo pequenas cousas e familiarizandose con outras. O xogo motivaos cun pequeno dinosaurio que hai que alimentar con galletas que gañan coas probas ben feitas, para que medre.
Na PDI tamén estivemos mirando , outra vez, a enciclopedia "Animais Perigosos" que lles gusta moito pois escollen sobre que animal "exótico" queren ver pequenos videos.
Estivemos pintando con pintura con purpurina as flores de pasta de modelar que fixeramos. Algún/nha rompiulle algunha das flores pero con cola branca solucionámolo.
O Xoves estivemos facendo , na PDI, un xogo moi curioso. Tiñamos que facer a lista da compra. Eles/as ían dicindo cousas que podiamos mercar no super e eu ía ecribindoas. Logo eu escribía o nome dunha delas no encerado e tiñan que buscala na pizarra e movela ata a lista da compra. Despois observando a letra inicial inteban deducir que producto era o que mercaramos. Con este xogo practicabamos o recoñecemento e dis criminación visual , ademais de facer "prelectura de palabras.Esta semán rematamos o tema dos animais e a que ven comezaremos o derradeiro " As vacacións e o veran". Estamos chegando o final de curso ( como pasa o tempo , pois pareceme que fai pouco mue comecei con eles/as e xa só nos queda un curso xuntos) e hai que ir pechando páxinas.

1 comentario:

Anónimo dijo...

ola, é verdade que ás veces, sin decatarnos, dicimoslles que esas cousas son das nenas, ou estas son dos nenos,(non deberíamos), pero coido, que iso vai ser dificil que non sexa así,pois xa nos ensinaron a nós así e xa nos sae sin pensalo. Penso, que a igualdade nese aspecto,non se vai conseguir.
(As nenas xa nacemos presumidas, e os nenos xoguetóns).
A parte desa charla moi interesante,tamén me contaron, que non tivestes outra menos interesante,pois falastes tamén da meteoroloxía, un día da pasada semán que tronou. (Logo, tiven que dar eu clases na casa, pois facía moitas preguntas, sobre os relámpagos e os tronos).
Xa vin no libro a cesta da compra.
Víctor contou, que mercara tomates e que lle gustara moito facela compra.
Estou abraiada de todo o que facedes e como, os motivades a facelas cousas. Un saudiño e ánimo que xa queda pouco.Mary