Diario de experiencias dunha clase de Ed. Infantil do Ceip Ponte dos Brozos, en Arteixo - A Coruña.

TABOEIRO DE AVISOS

FELIZ 2010

domingo, mayo 18, 2008

Esta semán tivemos unha nova saida extraescolar ( probablemente a derradeira do curso). Fomos ata o o Centro Civico para ver a representación da obra "Rosa Caramelo" que fixeran diferentes nenos do nosos colexio, entre os que estaba " o noso Xiao". A saida comezou mal pois dez minutos antes de facela eneterámonos de que non había autobuses para o desprazamento. Dada a distancia e a climatoloxía a millor e mais lóxica opción era non ir a pesares da ilusión que había por facelo. Despois de moito falar decidiuse que cada titor/a fixera o que lle parecera conveniente. A nosa clase foi pois tiñamos un compañeiro que actuaba , pero ese foi o único motivo pois eu realmente penso que non deberiamos. Aclarado todo este embrollo paso a contarvos a parte didáctica e lúdica da saida.
Todo saíu perfecto , o comportamento foi fabulosos e non houbo ningún problema ( agás que á ida tivemos que apurar un chisco o paso pois comezaba a chover). No teatro, escoitaron e viron a obra con moito interés , buscando a Xiao por todas partes. Como queira que "os actores" ían disfrazados de elefantes , houbo quen non o recoñecíu. A representación estivo moi ben e foi moi simpática. Quixera aproveitar para felicitar a todalas persoas que interviñeron na organización , comezando pol@s nen@s e rematando pola APA. Felicitacións.
Cando Xiao chegou ó cole démoslle un aplauso moi grande e tamén recibíu algunha aperta dalgunha compañeira mais agarimosa.
Fixemos un debuxo da obra de teatro. A maioría fixeron un elefante , ainda que houbo quen se esforzou mais.Se queredes saber de que ía o conto podedes leelo picando aquí.
Se preferides ver unha presentación con imaxes do conto e audio picade neste outro ligazón e logo na palabra cuento.
Ademais da saida tamén celebramos o Dia das Letras Galegas. A nosa celebración consistiu en saber algo mais do escritor a quen se adica "Xose María Alvarez Blazuqez", escoitar algunha poesía sua e logo rematar o noso conto do Tulipán (este conto xa o fixen con outro grupo de nenos , pero en versión multimedia , se queredes velo, picade na ligazón da marxe esquerda Contos Multimedia e logo no do Conto do Tulipán).
"Profundizamos" algo mais nos peixes esta semán , ainda que non todo o que quixeramos polo que seguiremos a vindeira semán.
Comentar que estamos facendo unha flores con pasta de modelar , para logo usalas na portada do libro de fichas deste 3º trimestre.Seguimos a traballar os nomes de cada un na PDI, con moi bo resultado. Por suposto tamén o están poñendo , ce cando en vez, nalgunha ficha.
Contiunuamos gravando os audios do conto de Xan o Porquiño, imos bastante lentos pero é que o estamos facendo nos recreos e só é posible 2-3 días á semán. Quedan 8-9 nen@s por rematar.
Sobre o Concurso de Edublogs dárvolas gracias a tod@s polo apoio pero este ano non puido ser. Temos unha premiada no noso colexio e na nosa categoría , a compañeira Aurora (profesora de Inglés). Noraboa a todol@s premiad@s pero que se preparen que ...para o ano que ven que imos gañar.
Alédome moito que os recursos que puxen lle poidan servir a alguén. Espero nos vindeiros días poñer algún mais.
Remato cun grupo de fotos da obra de teatro , pois as da "Excursión" teñoas no "cole". A calidade non é moi boa pola falta de luz, pero é o que hai.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Ola, na casa xa me contou Vítor, que Xiao actuara, pero eu crin, que lle mandara alguén subir o escenario. Felicidades a todos, (eu non vin a obra, pero estou segura que estivo fenomenal xa que, o conto está moi ben).
Do tema de sair con eles andando,penso que ainda que é moi cerquiña, sí e un pouco arriesgado,pois son moitos nenos e ten que ser bastante complicado, controlar que non lles pase nada a ningún.Sobre todo, moita responsabilidade para os titores.
De todolos xeitos, tampouco se pode pensar moito neso, pois tamén podería pasar algo no autobus se lle coincide. Alédome que todo saise ben.
Sinto moito que non gañaramos o premio, (pero din, que o importante é participar) e como xa dixemos, con nós, xa o tes gañado. Noraboa os gañadores.
Por certo, está moi ben o conto que troixeron do Tulipan e vexo, que aprenden a ler moi ben con él.Pareceme un sistema moi bó para que aprendan a ler tan pequenos. Un saudiño. Mary