Diario de experiencias dunha clase de Ed. Infantil do Ceip Ponte dos Brozos, en Arteixo - A Coruña.

TABOEIRO DE AVISOS

FELIZ 2010

martes, mayo 13, 2008

Este post no medio da semán só é para comentarvos que fixen algúns cambios na marxe esquerda do blog. Desaparece o atallo da miña web e convertese nun a recursos que gardo alí. Ademais, mais abaixo, aparecen ligazóns mais especificas a eses recursos.
A razón de facer esto é intentar aproveitar millor o espazo web que tiño , facelo mais útil e actualizable. Antes para facer calquer modificación da web tiña que andar abrindoa co programa Frontpage , agora non , pois só teño que gardar os arquivos no cartafol correspondente. A desventaxa é que é menos lúcida visualmente , pero compensa a millora operativa cara ó resto do profesorado a quen lle poida server os materias que vaiamos usando. Teño en mente ir engadindo mais materiais pouco a pouco.

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Hola.Ainda que con un pouco de retraso,o meu comentario e para felicitarche polo regalo do dia da nai.A min si que mo deron o domingo e fixolles moita ilusion,ademais ¡eu teño duas!.Teño que ir a poñerlle un cierre de seguridade a xoieria porque xa me "advertiron" que non podia perdelas.Ainda a sigo poñendo e como cada un pensa que é a sua ¡todos contentos!.
Tamen decir que tendes un xardin moi chulo,dansevos mellor as plantas no cole que min na casa.Terei que decirlle os nenos que se ocupen eles que igual vai ser culpa da xardineira.
Dos animais tamen falan,dos que eles queren(claro) non dos que eu lle pregunto.
Con respecto o premio,enhoraboa por quedar de finalistas.De todolos xeitos ós pais non nos fai falla que nos digan que este blog é o mellor ¡xa o sabemos!.
Un saudo,Elena

ANA dijo...

Como parte do profesorado moitas grazas por compartir os teus traballiños!!!
Tamén felicitarte por ser un blog-finalista, e non competir co noso porque imos arrasar!!!!

Anónimo dijo...

!NORABOA por chegar a finalistas!. Realmente, merecedes iso e moito máis, pois todo o voso esforzo, merece un bó premio, que dende logo,coido, o ides a gañar. De todolos xeitos, como dí Elena, con nosco, xa o tedes gañado e ben gañado.
Dicir, que estiven mirando un pouquiño, algunhas novidades das que puxeches no blog,pareceme estupendo como o puxeches,xa que ten fichas e algunhas cousiñas para facer, que están moi ben.Non probei a imprimilas, pero supoño, que se poderá. Pronto chegan as vacacións e son bastante longas, así, poderan repasar algo do que fixeron, para que non se lles esqueza todo. Gracias e FELICIDADES de novo.MARY

Anónimo dijo...

Pois eu, como outra parte do profesorado, tamén gracias. Vanme ser moi útiles en Carballo, je,je.. Maria.