Diario de experiencias dunha clase de Ed. Infantil do Ceip Ponte dos Brozos, en Arteixo - A Coruña.

TABOEIRO DE AVISOS

FELIZ 2010

jueves, mayo 01, 2008


Non hai moito que contarvos pois só foron tres días. O luns , ademais de facer a páxina correspondente ó libro dos pictogramas, adícamolo a rematar , ou polo menos darlle un "empurrón" forte ó regalo do día da nai. Ainda que este era para o Domingo , eu xa me imaxinaba que volo ían dar onte , Mércores, pois é normal. Estaban moi contento e orgullos@s co seu regalo e desexando darvolo. Como dí a nai de Carmen , penso que, como comentei, é moi bonito, orixinal e vai con tódalas roupas e "xoias". Deulles basatante "chollo" encher o tubiño de bolas pois tiñan que ser moi pequechiñas. A carteiriña xa viña con método e non tiña moito valor, agás que eles/as escribiran a palabran mamá. Se ben a palabra non era complicada , coido que , en xeral, estaba bastante lexible.
Seguimos falndo de animais, estes días facendo fincapé nos mamíferos. Onte Victor trouxonos alg´çuns libros para mirara pero non nos deu tempo a miralos. A vindeira semán farémolo. Estamos coñecendo moitos animais , algúns moi raros coma o ornitorinco ( quizais vos falaron de él) que ten un aspecto moi especial pois ten pico e patas de pato , pero ten pelo polo corpo ( non lles comentei outras particularidades que ten por non lialos, pois é un mamífero diferente). Falamos tamén da alimentación dos animais e sabemos que os hai que comen carne, outros herba e outros cenorias, queixo ou amendoas. Aquí houbo algunhas sorpresas pois algún/nha dáballe de comer herba ó can( ainda que poda parecer incrible), queixo ós esquíos ou non sabía que comían as ovellas. Comentamos os nomes especiais dalgunhas crias como a do lobo, oso , xabarín ou ovella.
Dentro da "parte" menos orixinal traballamos coa letra o , facendoa con platilina para interioriza-lo trazo. Antes , por suposto, fixemos diferentes xogos de discriminación visual e auditiva. Bastante ben no inicio de palabra e conmmais problemas polo medio

5 comentarios:

Anónimo dijo...

Ola, quero dicir, que estou moi contenta co meu agasallo, pois é moi,moi lindo,ademáis de que lles dou moito traballo facelo.A Víctor, dixeronlle os avos, que non mo dera ata o Domingo,pero facíalle moita ilusión darmo e non se aguantou, doumo onte.
Contoume o proceso, que tiveran que empurrar moito con paus de chupas e con lápices de José Carlos. Moitas gracias e a disfrutar destas mini vacacións. Mary

camilo dijo...

Espero que tengas un buen y largo fin de semana, Xiao y nosotros nos quedaremos por aqui con la familia.Por cierto a pesar de estar estos dias enfermo y no haber ido nada mas que el miercoles, le hizo mucha ilusion darle el regalito a su madre.

aurora dijo...

¡Qué bueno leer tu blog! Ese relato de las actividades con los niños tiene mucha frescura. Me recuerda mi vida infantil en la que el colegio era el gran centro.
Y también, me recuerda mi condición de docente donde viví y estimulé que los niños vivan con alegría y descubriéndose a ellos y al mundo.
Saludos desde Uruguay.
Aurora

maria dijo...

Boas tardes, estou encantada de ver que este blog chega a tantos sitios do mundo, digo polo comentario que fixo aurora desde o Uruguay, xa que parece unha señora moi entrañable e moi interesante.A miña enhoraboa polo teu traballo e pola tua dedicación.

Oki dijo...

Dende a Biblioteca de Arzúa, parabéns pola vosa clasificación finalista no II Premio Espiral de Edublogs