Diario de experiencias dunha clase de Ed. Infantil do Ceip Ponte dos Brozos, en Arteixo - A Coruña.

TABOEIRO DE AVISOS

FELIZ 2010

jueves, mayo 08, 2008

Semán moi tranquila , en xeral, e con poucas salientables. Estámonos a volver uns especialistas en animais , sobre todo en mamíferos e aves. Aproveitando os bits ou as fichas do libro estivemos durante os cinco días recordando as características de eles e coñecendo moitos exemplos. Si queredes facer unha proba de ver cales recordan, picade na palabra e iredes ó album de fotos de animais que viron.
mamíferos
aves
peixes

Ata o de agora levamos visto estes pero, por si queredes ver outros tamén, aqui quedan:

reptiles
marinos ( que non son peixes)
insectos
anfibios
dinosaurios
verduras
Froitas
Flores

Por suposto houbo vida fora dos animais e fixemos a nosa "ración" de Pictogramas , vogais ( letra o) e números.
Gustariame que cada vez usaran mais o teclado , por este motivo , volveron a traballar co seu nome e, pero tamén cos dos diferentes animais. Pensaredes que co nome é normal pois cada un facía o seu e non había problema , pero ¿como facer cos dos animais?, a resposta é que "só" tiñan que copialo. Escribin a palabra só entre comiñas porque coido que xa é dabondo copiar unha palabra, buscando cada letra por todo o teclado, procurando non comerse ningunha ou non poñela duas veces. Cada vez teñen mais soltura e , ademais, estan comezando a usar a tecla das maiusculas sabendo cal é. Aclararvos que o teclado que usaron foi o da PDi , ainda que tivemos algúns problemas con él e , por veces , tamén usaron o do portatil.
Seguimos andando escasos de tempo ( é triste que con catro anos xa teñamos agobios de tempo , pero queremos facer tantas cousas) pois toda-las charlas que temos sobre os animais comennos bastante pero parecenme moi importantes. Intentaremos andar mais lixeiros pero é dificil pois as cousas levan o seu tempo e intentamos que ninguén quede atras.
Comentáronme o outro día que había xente que pensaba que lle deran un premio ó blog , pois , de momento, non. O debuxo que esta ó lado só indica que participamos no Concurso de Edublogs 2008 ( na categoría de blogs de profesores , ainda que min me parece un blog de aula). Polo de agora somos un dos finalistas, o cal xa é bastante. Ademais do noso tamén estan hai outros de compañeir@s do colexio ( en Infantil ou Primaria e notros categorías) , como por exemplo o de globolandia ( ver ligazón na marxe esquerda) . Levemos premio ou non , o que si é importante é que prenda a mecha dos blogs educativos como ferramentas de comunicación profesores-pais-alumn@s. Mantereivos informado.

Deixovos esta imaxen do "noso xardín ", como vedes non o facemos moi mal , tan só as mimosas es cabazas se nos resisten.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

¡¡¡NORABOA a todolos blogs finalistas do Colexio!!!.
Non é nada fácil chegar a ser finalista de calquera competición ou concurso.
De tódolos xeitos, ainda que non levedes premio, creo que os pais temos que estar moi agradecidos ós mestres que se decidiron a usalos e de que se empecen a utilizar como ferramenta de comunicación entre pais, alumnos e mestres.

Na clase vexo que aproveitan o tempo e pronto van sair expertos en animais, prantas e informática. ¡Dentro de pouco xa van a ensinarnos a nós os nenos que nome ten cada pranta e como funciona o ordenador!

¡Ánimo e a seguir aprendendo!
Un saúdo
Víctor

Camilo dijo...

Sinceramente el premio, por lo del blog ya esta concedido, y los premiados somos nosotros los padres, que nos premias con tu tiempo y tu interes por que esto funcione.
enhorabuena de antemano