Diario de experiencias dunha clase de Ed. Infantil do Ceip Ponte dos Brozos, en Arteixo - A Coruña.

TABOEIRO DE AVISOS

FELIZ 2010

jueves, junio 19, 2008

Derradeira semán

Desta semán deixovos algunhas fotos da festa do derradeiro día , tamén hai un video que en canto poida vou editar e subir. Non son moitas fotos pero son as que hai. Gracias polas louvanzas sobre o conto pero o merito é dos que o fixeron , o director só se limita a supervisar. Vista a experiencia, para o vindeiro ano facemos outro (ou outros) , ben con novas voluntarias ou coas mesmas (o soldo será o mesmo deste ano). Deixo tamén duas fotos da nosa "horta", para que vexades que "rabanitos" (perdón ,pois non sei o nome en galego) e xirasoles temos.
No lado esquerdo puxen unha ligazón nova onde podedes descargar as fotos da festa mais as de preparación da tarta ,(tivo un éxito só regular, pois houbo quenes repitiron e quen a probou por obrigación). Eu tomei un anaco e estaba boa , quizais un chisco doce. En canto poida poñerei un video moi curtiño explicando a elaboración. O mesmo que antes tamén hai poucas fotos desto.


Posted by Picasa

No hay comentarios: