Diario de experiencias dunha clase de Ed. Infantil do Ceip Ponte dos Brozos, en Arteixo - A Coruña.

TABOEIRO DE AVISOS

FELIZ 2010

lunes, junio 02, 2008

Esta semán publico o comentario un día antes pois mañán marchamos a Barcelona á entrega dos premios Edublogs 2008. Ainsa que só unha é a agraciada imos mais xente para velo e poder escoitar algo novo. Esta viaxe é subvenmcionada pola Fundación Amancio Ortega dentro do Proxecto Ponte dos Brozos. Imos Ana ( blog Globolandia) , Bea ( blog los pulpis( , Aurora ( Blog premiado Thinkin English) , Fernando ( blog sobre as relacións con outros centros e as visitas feitas) e mais eu.
Da clase contarvos que estamos rematando o libro de pictogramas, quédanos a derradeira páxina do conto da cabriña e a pereira ( contáronvolo na casa?) , logo faremos a portada e listo. Ides ter o veran para leelo con eles/as.
Estivemos tamén preparando un bodegón que imos facer nos vindeiros días baseado nun cadro de Cezanne. Nos ímolo facer diferente pois o noso vai ter volume. O luns colorearon as froitas e picaron duas ( as outras duas recorteinas eu pois eran dificiles para recortar e xa me parecía moito traballo de picado). Ademais aproveitando a explicación do que era un bodegón, falamos tamén de que hai cadros que poden ser retratos ou paisaxes. A vindeira semana intentarei que cada un faga un modelo de cada. Logo do recreo xogaron , mentres algúns remataban a ficha do submarino e a purpurina.
Parece que se comeza a notar a chegada da Primavera pois as conversas d@s nen@s xiran o redor d@s moz@s que teñen ou non teñen. Ata nos levamos unha sorpresa pois Carla chegounos a dicir que Paula estaba embarazada. por suposto , ó igual que as estrelas do "cuore" negouno todo e dixo que non era certo. Enterámonos de que había moitos noivos e Carla e Marco saian do cole agarrados da man, é que ...xa se sabe que a Primavera o sangue altera.
Fora de rumores infundados , viñeron pola nosa clase clase " A panda de montros refugalladores" , que a pesares do seu nome non eran malos , mais ben todo o contrario. Aproveitando que o Xoves se celebraba o Día do Medio Ambiente, estaban facendo unha recolleita de lixo coa súa correspondente separación ( orgánico, papeis , plásticos, ...). Nos intentamos axudar algo. Esta idea da clase dos Pulpis ( se queredes saber mais , mirade o seu blog na marxe esquerda) é moi boa , pois é moi importante irnos concienciando que temos que reciclar e que para eso hai que separar o lixo. Espero que todos na casa o fagamos ou polo menos cooperemos dalgunha maneira.
Teñovos unha nova importante: O venres que ven, se as autoridades peryinentes o permiten, vaise estenar mundialmente o conto de Xan o Porquiño. A estrea será neste blog. O "pase" será mediante un video pero logos @s papas e mamas poderan velo con mais calma no DVD que levaran @s nen@s cando remate o cole.

1 comentario:

MARY dijo...

Ola, espero que tivésedes unha viaxe agradable e que sigan dando estes premios tan chulísimos e merecidísimos.

O conto da cabriña,non no lo contaron, pero pola casa adiante escoitabase moito... !son unha cabriña e voute corneaaaar!, só sabemos isto, pois o resto, non o recorda.

O bodegón está quedando precioso.
Vexo, que sí a primavera o sangue alteira, pois non esperábamos a nova de Paula, (comezan cedo).(Xa che contaremos, se algún segue a "relación" cos anos, pois nunca se sabe...)).

O de separar o lixo, pareceme estupendo que se vaian concienciando, (polo menos, as novas xeracións, pois as de agora, ainda non estamos moi concienciados e, deberíamos).

Alédome moito, de que vos dera tempo de rematar o conto de Xan, pois como íades un pouco xustos de tempo, pensei que non o íades a rematar.
O venres, tivemos unha nova moi interesante na casa,pois contaronnos que viñera polo cole, un elicoptero da policía e que aterrizou no patio dos maiores. Isto, foi un "espectáculo",pois estaba alucinado.(Nós, tamén temos "exclusivas" que contar de cando en vez,págannos ben os do tomate)). Un saudiño, Mary.