Diario de experiencias dunha clase de Ed. Infantil do Ceip Ponte dos Brozos, en Arteixo - A Coruña.

TABOEIRO DE AVISOS

FELIZ 2010

viernes, junio 20, 2008

Resumo do curso 2007-08

Para a Xente que non puido estar na derradeira reunión só comentar alguns conselliños para o verán
* Se querdes que fagan algo (só se aburriran un pouco nos primeiros días , mentres teñan "mono" do colexio), que debuxen e , a poder ser, dalgún conto ou historia que oiran antes (se son dous ou tres debuxos ordeados temporalmente , mellor). Si van a algún sitio ou fan algo especial que fagan un debuxo e o traian logo das vacacións. Teño en mente m facer algo con eles.
* Escribi-lo seu nome de xeito enlazado.
escribi-los números dende o 1 ata o 6. Face-lo mesmo pero do 6 ó 1. ( Se fixeran algún do revés, poñerlle flecha de inicio do número).
* Se quixeran facer algunha das letras traballadas , mirade na fila a direccionalidade coa que trabllaron.
* Recoñecer vogais nun texto.
* Xogar a ver que vocal ten unha determinada palabra
* Recortar pouco pero ben
* Calquer idea que se vos ocurra a partires das fichas que fixo durante o curso
* DISFRUTAR das vacacións


Remato con este video que levastes no DVD de fin de curso.
Estas foron algunhas das cousas que fixemos dende Setembro e ata antonte . Despois de velo, decátome de canto traballaron e do ben o pasamos.
Gracias a tod@a pola vosa colaboración e vémonos en Setembro (probablemnte o día 11 e ás 10 da mañán)


4 comentarios:

MARY dijo...

Ola, estou ABRAIADA de todo o que fixeron. O ben que o pasaron nas festas, nas excursións e de todo en xeral.
Están FENOMENAL, os videos e as fotos.
Vexo, que non fai falla que lles ensinemos moito a bailar, pois xa se defenden bastante ben. ((Tamén vexo,que os tempos cambian, pois agora, as "mulleres"... non esperan que lles pidan para bailar... Se non queren os homiños, os levan á forza)). Faime moitísima gracia velos.
Desexarvos a todos, unhas moi boas vacacións e a tí, darche as GRACIAS, por todo este traballo do blog, os videos, as fotos e todo o demáis.
Disfruta das vacacións, que as tes ben merecidas. Un saúdiño e ata Setembro.

Aguiño dijo...

Bo verán amigos e amigas!. Cargade moita enerxía para o próximo curso. Moitas grazas por todo o que compartichedes este curso! Moitos bicos dende Aguiño.
http://tendaldecalcetins.blogspot.com/
http://onosofaro.blogspot.com/
http://golfinhosdeaguinho.blogspot.com/
http://osdiasdecores.blogspot.com/

Belén dijo...

Q video máis bonito. Seguro que a máis dun papá e mamá bailolles de emoción algunha bágoa.

Desfrutade do verán que o merecedes despois de tanto traballar.

Bicos dende o VAgalume!

Bea dijo...

Noraboa por este mega video tan chuli!!!
o próximo curso, aínda que na distancia, seguiremos en contacto a través da rede e os nosos blogues. Bicos.