Diario de experiencias dunha clase de Ed. Infantil do Ceip Ponte dos Brozos, en Arteixo - A Coruña.

TABOEIRO DE AVISOS

FELIZ 2010

lunes, septiembre 15, 2008

Completando

Gracias a María polas aportacións complementarias sobre o dito por Carmen. Quixera comentarvos que ´ás veces; eles non contan moito pero que tamén teñen un problema que , seguro , xa coñecedes , que escoitan moi pouco ós demais. Por este motivo non podemos pararnos moito con cada un/nha , é dicir, imos falando por quendas pero en canto alguén para de falar xa pasamos a outr@ pois comezan a falar xunt@s e non se entende nada. Quizais Carmen , e algún/nha mais se fose unha charla mais tranquila contarían mais cousas. Unha vez aclarado esto comentarvos que xa tedes "a nova xoia da coroa" en funcionamento. Xa está operativo " O Xornal dos Carrabouxos". Hai un primeiro post de presentación e logo xa temos a primeira colaboración que como explico non esta escrita só polo "afectado" pois ainda era moito tute para un só. Hoxe axudáronlle algúns, mañán espero que fagamos outra que tamén será escrita entre vari@s. Faríame moita ilusión ver ese xornal vivo pero para eso é preciso a vosa colaboración.
Se picades aquí podedes velo

No hay comentarios: