Diario de experiencias dunha clase de Ed. Infantil do Ceip Ponte dos Brozos, en Arteixo - A Coruña.

TABOEIRO DE AVISOS

FELIZ 2010

viernes, septiembre 12, 2008

O primeiro día

Agora si que xa se podemos dicir que !Xa estamos de novo aqui¡. Comezamos un novo curso ( xa estamos no máis alto , estamos en cinco anos)como sempre tod@s cheos de ilusións , gañas e forzas. O tempo , probablemente ira gastándonos as forzas e , tamén , un pouco as gañas pero a ilusión non vai a haber quen nola quite.
Temos novidades que pouco a pouco vos irei comentando. A primeira da que xa vos decatastes é que cambiamos algo a apariencia do blog. A idea é facelo mais atractivo visualmente e mais cómodo. Tamén que tivera unha cabeceira única e relacionada coa clase. Que vos parece o cambio?. Falando doutras novidades dicirvos que unha moi importante e que xa somos 25 ( contándome a min) pois incorporóusenos unha nena nova que se chama Irene. Parece que non vai ter problemas coa adaptación pois se lle ve moi solta e moi leda pola clase.
Temos o proxecto de crear outro blog , pero este sería coa idea de que foran @s nen@s quen escribise nel. Alí poderían contarnos calquer cousas que lles aconteceu ( vacacións, viaxes, experiencias familiares, ...), ou cousas que viros na rua. Tamén escribiran aquila nova especial que pasou na clase. O tempo irá marcando o guión. Por suposto haberá imaxes , ben de fotos , ben de debuxos.
Outra novidade é que xa non temos a Carmen Nemiña de "profe" de apoio e Psicomotricidade ( por certo un saudo para ela), agora temos conosco a Teresa. Tamén mudou a mestra de Inglés , xa non temos a "teacher" Irene , "agora vainos levar a Londres" Cristina. De momento só sabemos os nomes pois elas non comezaran atraballar ata a Semán que ven , o Mércores que vai se-lo día que teñan Inglés e Psicomotricidade ( os apoios estan o mes de Setembro só coas clases de tres anos , pois son moi necesarios). Otro cambio está no patio de xogos, agora como xa somos maiores, imos o patio de cinco anos. Este tiña un par de problemas bastante gordos. O primeiro estaba en que o chan estaba "asfaltado" como si por alí andivese Fernando Alonso co seu coche. Esto supoñía que cada vez que alguén se caía deixaba ali a pel , eso si non rompía un oso. Por sorte agora temo-lo chan con cortizo , coma nalgúns parques. Ademais é de cores diferentes. Esto permite que as caidas non sexan tan duras. O Outro problema é que como non hai pedras nin area ,con que xogamos?, hai un dous pares de canastras de baloncesto, nada mais. Temos que pensar que facer pois senon o aburrimento pode facer que proliferen as pelexas. A posibilidade de levar un peloata é a única alternativa , pero o problemiña de que temos un valado moi baixo que linda coa gardería municipal é polo que nos van esas pelotas. En fin intentaremos ir buscando solucións. Nos vindeiros días ireivos contando algunha novidade mais relacionadas coa clase.
Hoxe adicamos o día a falar e a saber que fixera cada un/nha no verán. non tod@s quixeron contar algo, tamén houbo quen conto moito e quen apenas contou pero un resumo do dito sería : ( aquí non esta o que dixeron Mateo, Victor, Ariadna e José pois eles van a estrenar ese blog-xornal novo xa que ademais de dicirnos o que fixeran trouxeron uns preciosos debuxos que nos ilustran) . Eles escribiran algún dos datos mais saleintables , mentres os debuxos , loxicamente, os subierei eu. En canto comece a funcionar poñerei unha ligazón na marxe dereita e vos avisarei.


  • Paula estivo en Asturias onde víu os animais en xaulas, non puido "ver as hienas pois estaban en obras", víu cochos e campos de cebras.
  • Abel contounos que foi o parque da casa.
  • Aarón e Ainara , alternándose, faláronnos de que montaran nun tobogan que había nunha piscina, que foran ós hinchables e que wstiveran no Ezaro , onde vive a avoa Elena e o avó Valentín ?.
  • Carmen recordou que estivera na casa de Begoña e Pirulo e que montou nalgo que daba voltas , que quizais era un tiovivo.
  • Xiao só nos comentou que estivo na casa da avoa.
  • Hugo foi á praia , pero non a unha cerca senon que foi á de Malpica.
  • Sandra estivo de camping en Baiona, alí foi á piscina, á praia, ó parque e durmíu nun saco.
  • Susana viaxou moito pois estivo en Nigrán, en Asturias onde víu animais e deu de comer ós monos.
  • Carla , como non debía ser menos, estivo en Moreña ( Asturias) onde foi ver os outros amig@s que ten, tamén estivo en Ouriñón e foi o zoo a Sebreño e a Ribadesella a xantar a "un prao".
  • Martín non puido sair moito pois naciulle unha irmá , que se chama Marta. Este nome tan bonito escolliullo él. Ainda así foi ata Barrañán.
  • Ricardo foi ata Lamego , en Portugal a ver a avoa.
  • Raul tamen comentou que estivera en Cabarceno
  • Iago estivo en Fermil onde estaan os avos e había colchonetas.
  • Marco estivo de camping en Vilaboa, onde foi coa avoa.
  • Irene recordaba que fora a un campo a comer.
Queda unha presentación cos debuxos que fixeron , non ten música pois por motivos técnicos non puiden ( levo toda a fin de semán con problemas técnicos).
Aproveitando a comunicación que me brinda o blog devolvolle os saúdos a María , espero que en Carballo se atope ben , ainda que nunca será tan ben como aquí. Un bicoforte e un saudo para a "profe" dos contos.

2 comentarios:

MARIA dijo...

BOS DIAS A TODOS, SAUDARVOS A TODOS,INCLUIDOS OS QUE XA NON ESTAN E OS QUE SE INCORPORAN, ESPERO QUE SEXA UN CURSO BO, RESPECTO DA FOTO OFICIAL DE PRESENTACION DA AULA SAEN TODOS MOI GUAPOS E PARECE QUE COAS CARAS MOI FELICES.ESTOU ANSIOSA DE VER A NOVO BLOG ONDE VAN A ESCRIBIR OS ALUMNOS,SEGURO QUE NOS VAN A SORPRENDER.RESPECTO DAS VACACIONS DE CARMEN QUE POLO QUE VEXO VOLAS RESUMIU BASTANTE, DECIRVOS QUE BEGONA E PIRULO SON UNS AMIGOS DE NAVARRA, CONCRETAMENTE DUN POBO MOI BONITO QUE SE CHAMA MARCILLA,NO QUE HAI UN CASTELO DO SECULO XV PRECIOSO. E RESPECTO DA ATRACCION FOI NUNHA ESPECIE DE MONTAÑA RUSA NUN PARQUE TEMATICO QUE SE CHAMA "SENDAVIVA"QUE MONTARON NAS BARDENAS. APROVEITO PARA MANDARLLE UN SAUDO A ESTES AMIGOS, XA QUE LLES DIMOS A DIRECCION DESTE BLOG.

ANA dijo...

Ola chicos!!
Xa estades aqui!!!
É unha ledicia veros a todos de novo, aínda que este ano sexa a través do blog...
Desexovos a todos un bo curso e que todos o podamos ver a través dos vosos blogs!!
Moitos biquiños dende Pontedeume, a vosa ex-veciña de "adosado".