Diario de experiencias dunha clase de Ed. Infantil do Ceip Ponte dos Brozos, en Arteixo - A Coruña.

TABOEIRO DE AVISOS

FELIZ 2010

viernes, septiembre 19, 2008

Primeira semán

Estamos comezando e somos como un motor diesel que vai arancando moi lentamente. Nestes días andamos quentando ese motor pero , eso sí, moi a modiño. Asi, estivemos facendo unha avaliación inicial, onde recordamos as vogais, os números ata o 6, as formas, o corpo humán, ....
De momento moi ben cos números e menos ben ( algúns/nhas) co resto.
Tamén comezamos a traballar no ordenador , xogando con Pipo ( Ven a leer con Pipo). Neste xogo teñen que ir percorrendo illas ( letras) ata chegar o tesouro final. Comezamos , loxicamente, polas vogais pero pouco a pouco iremos co resto. Aademais agora cada un xogara co seu nome , de tal xeito que quede recollida unha estadistica de erros e acertos. Estivemos vendo na PDI as actividades de Trampolín 4-5 anos coa idea de comezar a usalo nos ordenadores de sobre mesa pero xurdíronme problemas técnicos pois ía a usar tres imaxes ( unha por cada un) no lugar de trtes Cds pero as imaxes non funcionan. Exto fai que teñe que ter tres discos ó mesmo tempo polo que haberá que esperar uns días para comezar con él.
Como vedes nas fotos outra novidade que temos son os teclados. Agora temos uns especiais para infantil , teñen menos teclas e son de diferentes cores ( lilas as vogais, verdes as consoantes, laranxas os números, etc.) , ademais son de maior tamaño. Esto , penso, que lles favorece á hora de atopar as letras pois nos normais hai unha morea delas. Como vedes no noso xornal estámolo usando bastante. Fixemos varios comentarios para o xornal ( que estivemos vendo na clase) e hoxe escribiron o seu nome. Penso que os imos usar bastante
Iniciamos as clases dos "especialistas" , é dicir, Relixión , Ingñés e Psicomotricidade. Eu aquí pouco poido comentarvos pois non os vexo. Cambiaron de mestras pero non sei mais.
Remato agradecendolle ás que estiveron conosco e agora andan educando " polos mundo de Deus" que se sigan acordando da clase da ra e que nos sigan a traves do blog. Un saudo moi especial a nosa "ex-viciña de adosado", agora alugamoslle ese "adosado" a Juan, que é un gran compañeiro e mestre, pero botamos de menos a Ana que sempre que viña nos traía alegría. Espero que en Pontedeume disfrute tanto como nos fixo disfrutar aquí. E xa que non nos imos ver fisicamente tan a miudo poidamos manter unha comunicación bloggera e coñecer tamén o alí fan.

1 comentario:

Mary dijo...

Ola, Benvidos a todos de novo, xa tiña ganas de ver o blog outra vez con vida. Quero darche a Noraboa e as gracias,por todo este traballo que estás facendo por nós (os pais).
Parece que todos tiveron unhas moi boas vacacións e alégrome moito.
Todos teñen algo que contar e iso é moi importante.
Está moi ben que conten as súas cousiñas e que as escoiten, pois lles fai moita ilusión contar o que fixeron e a nós, tamén nos fai ilusión ver o que tí nos contas do que din e do que fan.
Tamén vexo que hai bastantes cambios, o patio para xogar e agora o teclado, que me parecen cambios moi bos, ademáis de ter outra compañeira nova que lle desexo a benvida.
Nada máis, só darvos moitos ánimos para este derradeiro curso e desexarlle moita sorte os que non están xa neste colexio.Un saudiño