Diario de experiencias dunha clase de Ed. Infantil do Ceip Ponte dos Brozos, en Arteixo - A Coruña.

TABOEIRO DE AVISOS

FELIZ 2010

viernes, octubre 10, 2008

O contido da carpeta


Antes de nada aclarar para que é o que vai na carpeta os Venres.
Na reunión de inicio de curso quedamos en que tódolos Venres levarían a carpeta coas seguintes cousas:
  • O conto de prestamo da biblioteca de aula (esto vai cun libriño explicativo onde @ nen@ debe poñer o título do conto , a data de cando o levou e se lle gustou ou non)
  • O noso Libro de Lectura. Este vai ser o noso libro de lectura que estará formado por páxinas que imos completando cada semana. O obxectivo do libro é practicar a lectura, nada mais e nada menos. No colexio non podemos facer unha lectura individualizada moi longa por escasez de tempo , por eso este traballo debedes de facelo vos na casa. No libro non teñen que facer nada mais,agás que @ nen@ faltara esa semana algún dia. Entón levaría a páxina correspondente sin completar e tería que facelo na casa para ter o libro ó día. No caso de sucedese esto, só teriades que ver o que hai que poñer en cada frase e completar cos pictogramas que van grampados (e con lapis se houbese algunha pauta). Estou seguro que eles/as han saber o que teñen que facer. Non fai falla que quitedes as páxinas da fundas plásticas.
  • A terceira cousa que podría ir na carpeta son as fichas que non remataron durante a semana por lacazanear. Esto só sería neste caso polo que, habitualmente, non levaran ningunha.Se non quedou claro poñede un comentario coa pregunta ou vinde falar comigo.
Aproveito e aclaro tamén algunhas dúbidas relacionadas co Xornal dos Carrabouxos:
Este xornal é para ir enchendo coas novas que nos queiramos. Estan poden ser de calquer tipo pero, sempre que teñan relación coa aula , @ nen@, ou a infancia(viaxes, acontecementos familiares, novas que escoitaran na tele ou na radio ou lido nun xornal, ..). Quen traia algo debería traer un debuxo ou unha foto pois xa sabedes que vale mais unha imaxe que mil palabras e a colaboración por parte do nen@ é maior. Tamén sería bo que viñese o texto (en maiusculas, para que o poidan copiar mellor) que queirades poñer. O texto non moi longo , mirade a lonxitude dos que xa estan feitos, 25-35 palabras mais ou menos. Se fixera falla eu modificaría algo ese texto. Comentar que tedes, na marxe inferior dereita, dous novos blogs para curiosear "Cousas da nosa clase" e Ratos de escola. Recomendoos ambolosdous pois son das compañeiras Bea (que ano pasado tiña o blog dos Pulpis e Ana "ex-viciña de adosado" (mestra que estaba na clase dos globos e que levaba o blog de Globolandia.) Dende aquí mandamoslle un saudo aá duas e @s seus nen@s. Un saudo tamén para Aguiño , para o blog Sereas sen cadeas. ( esto parece a radio ou a televisión mandando saudos para tod@s)
Agora sigo coa clase e coméntovos as novidades. Esta semana comezaron a usar a camara fotográfica dixital da clase. Así cada día o encargado fará algunhas fotografías voluntarias( sempre, a quen queira) e probablemente algunha que eu lle pida para poñer nos blogs (a que está no Xornal dos Carrabouxos na nova do millo fixoa José e aquí hai algunha feita por Celia e Alexandra, por desgracia as do Venres non sairon). Como vedes pintaron a base que fixeran coa pasta de modelar , ademais das partes do barco de vela.Nuns días contamos rematalo e o levaran para casa.

Vedes unha foto na que estan pegando os gomets na follas de puntos para o premio

Tamén, aproveitando a carpeta, van levar un sobre co Cd das cancións do método e unhas recomendacións que fai a editorial para vos. Nese sobre vai ir un troquelable parecido a un do ano pasado. É o corpo dun pintor/a que teñen que vestir. Como variación , respecto ó do ano pasado, é que este ano as partes do troquelado separáronas eles/as cousa que non é moi doada pois exise control do pulso e atención o que se fai. Só romperon duas e foi moi pouquiño.
Practicamos teclado , ademais de co xornal, coas táboas da letra "u" e "a". Son como as do comentario anterior pero con palabras que comecen por esas vogais. Por certo, xa comezamos a xuntar letras e , loxicamente, fixémolo coas vogais. Xuntamos por parellas "eu" , "ai", "ui", ... e teñen que leelas e , ás veces, escribilas.
O Xoves comezamos a traballar no libro de plástica. Na primeira ficha tiñan que deixa-la pegada das súas mans para logo debuxar sobre elas e facer un collage. Este traballo hai que facelo de un en un e cando o resto da clase esta ocupado polo que ese día só o fixeron oito . O venres non deu tempo a seguir con mais.
Ese mismo día , pero antes, estivemos facendo un "control de altura" fomo un a un medindoos e vendo quen é @ mais alt@ , quen mais baix@ e cales son iguais. Por arriba "gañou" Ricardo mentres que por abaixo o fixo Abel. Gustoulle moito a experiencia , ademais se decataron que algúns/nhas non eran mais alt@s que outros. Sempre nos vemos mais alt@s do que realmente somos.
Rematamos a semana publicando unha nova no noso xornal que escribiron entre cinco nen@s. Xa se lles nota melloría á hora de copiar textos co teclado , xa teñen collido que as palabras hai que separalas ( ás veces separanas de mais).

1 comentario:

ana belen dijo...

Hola, todavia vi ahora el video de fin de curso,me dejo impresionada mi hija acosando a victor, me rei mucho.No escribo mucho, porque me cuesta entender lo que nos cuentas, aun asi lo veo y me gusta mucho. Mire hoy el xornal y te felicito,un saludo.