Diario de experiencias dunha clase de Ed. Infantil do Ceip Ponte dos Brozos, en Arteixo - A Coruña.

TABOEIRO DE AVISOS

FELIZ 2010

lunes, octubre 13, 2008

Novas aportacións para o Xornal

Comezamos a semana con diversas aportacións . Así ,o Luns, Susana ( na foto está con Celia e Alexandra por petición dela) trouxonos varias follas que tiñan como curiosidade ser de diferentes tons, a pesares de ser da mesma árbore. Decatámonos que no Outono non só hai follas amarelas , marróns e , algunhas, verdes. Tamén as hai rosa intenso ou case vermellas. Había tamén follas de bambú aproveitando para comentar algo que tod@s xa sabían, que o bambú era o alimento dos osos panda. Victor deixounos unha preciosa pina. O Martes trouxonos mais follas Paula onde puidemos volver a ver as diferentes tonalidades das follas. Mentres que Abel , Paula, Aarón e Ainara aportáronnos novas para o xornal dos Carrabouxos ( podédelas ver xa). Por eles soubemos que cousas fixeran na fin de semana Aproveito para feleicitarvos porque cada vez hai mais a colaboración neste blog, ademais eles/as van tendo mais interese no xornal. Cada vez teñen mais coñecemento do que é e cal é oseu obxectivo. Gracias a tod@s. Tamén revisei as carpetas e vexo que se está cubrindo "o Libro que vai e ven"tanto na parte do título como na parte da opinión d@ nen@. Gracias tamén pola colaboración.

Co teclado tamén seguimos a facer esas taboas con palabras que comezan pola vogal ....A verdade é que están collendo bastante ben o uso do teclado. Axiña comezaremos a usar a tecla intro para cambiar de linea e logo xa usaremos as minúsculas.
Este Venres ( e como comentara) levan o barquiño feito coa pasta de modelar. O resultado é moi vistoso como podedes ver na foto. As cousas feitas coa pasta lévannos moito tempo e son moi laboriosas pero , habitualmente, quedan moi ben.


Están semana as fotos que están no blog foron feitas por Susana ,Adrián , Carla, Carmen, Irene e Raul.
Comezamos a manexar na PDI (e deseguida comezaremos a usar nos ordenadores) unha aplicación da editorial SM. Está moi ben e ten actividades moi variadas. O ano pasado usaramos a correspondente a catro anos.
Iniciamos tamén o Libro de Plástica. Na primeira ficha había que estampar as mans e convertilas nas cabezas duns nen@s. Esta é unha actividade típica en tres anos que agora se reconvertíu para cinco. Ademais a un dos bonecos había que poñerlle pernas que fixeron con plastilina.
O Venres estivemos xogando a adoptar diferentes posturas co corpo. Podiamos estar sentad@s , de xeonllos, en crequenas , de pe ou a pata coxa. Gustoulles moito xogar pois tiñan que cambiar axiña de postura( segundo eu lles ía dicindo). Houbo quen se caeu de cu estando en crequenas por falta de equilibrio.
Logo miramos a "peli" de Horton mentres @s mais rezagad@s remataban o trabllo da semana.

3 comentarios:

quick loader dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
mamiago dijo...

pero estes rapaces e rapazas que ben o pasan no cole, canto traballan!, felicidades ao profe e os nenos fan as fotos moi ben e vexo que dominan as novas tecnoloxías moi ben, un orgullo para os pais!!!

Anónimo dijo...

Hola,vexo que xa estades traballando a toda maquina.Os barquiños que trouxeron estan moi chulos e failles moita ilusion cando traen as fichas e "leen" todo de corrido.Xa quedou claro o funcionamento do fin seman ¿non che sorprendia que Aaron e Ainara escribiran tan ben?
Bueno,un saudo a tod@s.Elena