Diario de experiencias dunha clase de Ed. Infantil do Ceip Ponte dos Brozos, en Arteixo - A Coruña.

TABOEIRO DE AVISOS

FELIZ 2010

viernes, octubre 24, 2008

Samain

Ó igual que a semana pasada lle din a benvida a Begoña ( a nai de Ariadna) doulle tamén a benvida a nai de Ariadana o grupo de comentaristas (ou tertulia do blog) , como di Marý. Xa sei que hai moita mais xente que le o blog , xa sei que moitas veces non sabedes que escribir pero , de verdade, que se agradece un montón ver que hai alguén ó outro lado do "teléfono". Como xa comentei , ás veces , tiña a sensación de falar só. deste xeito sínto que hai alguén doutro lado. Por suposto gracias a Mary pola campaña publicitaria que fai do blog , xa non fai falla que mande ós Latin Kings para que fagan comentarios ; ))) jeje, jeje. Gracias , moitas gracias a tod@s.
Por vez primeira celebramos o Samain. Esta é unha festa que eu pensaba estaba importada de USA e nunca fun moi partidaria de celebrala. Ainda o Xoves cando preguntei na clase que celebrabamos dixeron .... Halloween, só Paula acordouse da cabaza que trouxera Celia e que había outro nome. Logo Iago leuno no encerado ( pois o escribiramos o día anterior). Cada vez hai mais informacións que demostran que a súa orixe é celta e que estaría relacionada co a sempre celebrada data de difuntos.Por este motivo este ano celebrámola dun xeito suave facendo un colgarecho para adornalos pasillos. Ainda que foi algo sinxelo levou tempo pois era unha cabaza pequeniña pero polas duas caras , que logo había que pegar cun papel celofán no medio. Quedou ben , agás na parte correspondente ó recortado. A meirande maioría levouse bastante da cabaza por diante e non porque non saiban recortar mellor , senon por apurar. Para a celebración contamos coa colaboración de Celia que nos trouxo unha fermosisima cabaza baleriada e cos seus correpondentes ollos, nariz e boca, era moi, moi linda. Fixemos unha foto con ela de recordo.
Tamén tivemos "visita virtual" pois coñecemos un novo personaxe do xardín máxico (ese xardín onde viven seres extraordinarios que nos van axudando a coñecer as diferentes letras) . Esta vez foi unha mosca que se chama Misi e que co seu zubido e a súa posición das patas presentounos a letra M ( podedeslle preguntar a ver que recordan do conto e que foi o que lle pasou a Misi con alguén que lle daba moito medo). Parece que se van familiarizando con ela, ( había quen xa a coñecía) co seu son e co seu trazo. Limos palabras como moa, momia, mamá ou meu ( de momento temos pouco onde elixir) e nos vindeiros días seguiremos facendo xogos que nos axuden a interiorizala.Para a portada do libro da letra e, ademais, recordar ben o seu trazo , fíxemola en plastilina.
Como era o Samain e no noso pasillo non había moita ambientación decidin que foramos visitar o pasillo de catro anos que estaba precioso. Na entrada había unha mesa con varias cabazas e logo diferentes tipos de froitos de Outono. Alí atopamos á "profe" Mª Luisa que nos comentou a posibilidade de "prestarnos" unha caixa chea de diferentes setas que lle ían deixar a ela doutra clase de Primaria (esto é o que se chama "reciclar os recursos") e como tiñamos en mente falar delas pois aceptamos a proposta encantados. O Luns estivemos observando unha preciosa seta "lepiota" ( coido ses era o nome) que trouxera Lidia. Vimos que tiña diferentes partes e aprendimos os seus nomes. Quizais vos falaron do pe , o sombreiro ( ainda que eles lle chamaban gorro), o anel , as láminas o himenio ou a volva. Logo "toda esa morea de coñecementos" pasámola ó pale e fixemos unha adiviña e puxémoslle o nome ás partes dunha seta.
Na caixa que nos deixou Mª Muisa decatamonos que non tódalas setas tiñan as partes que "estudiaramos" e que as había de formas moi diferentes ( segun eles/as algunha parecía un tronco), ata as había que manchaban coma se foran maquillaxe.
Comentarvos que esta semán só levan unha páxina do Libro de lectura pois entre o Samain e ter un día menos de clase non deu tempo a mais.Tamén que este Xoves levaron unha nota sobre o Magosto que imos celebrar o Mércores que ven. Recordade que veñan as castañas cortadas .
Levaban tamén o primeiro libro do método polo que a carpeta ía chea pois entre o portafolios do Libro de lectura, o conto , a nota, o 1º libro e o"O conto que vai e ven" estaban que estoupaban todas as carpetas. Por favor , se podededes reforzadelles a asa de collela pois estan rompendo co transporte continuo e eu amañollas pero non é o mesmo amañar unha que amañar sete e durante a clase. Vos podedes facelo con mais calma. Se alguén quere cambiarlle a cordiña da asa pode facelo. Gracias.Sobre as fotos e a súa boa calidade comentar que eu axúdolles a encuadrar algúnha pola que eu teño interese ( pode ser por unha activividade que estamos a facer) , logo eles/as quitan outras duas ó que queiran ou a quen queiran. Ata o de agora o unico problema é que teñen medo á hora de apretara o botón e coidan que fixeron a foto e non a fixeron.Eu non vos poño todalas que fan , só escollo as que , loxicamente, me interesan para ilustrar o blog. Cando remate o curso manadareivos todas e podeds ver que hai de todo. Esta semán fotografiaron Hugo, Marco, Iago e Paula.

2 comentarios:

ANA dijo...

Ola chicos!!
Alédome moito de que vos animárades a celebrar o Samaín!! Sempre é divertido estar de festa!! A cabaza de Celia quedou preciosa!!
Moitos biquiños

Anónimo dijo...

ola, moitas grazas pola benvida. intentarei colaborar todo o que poida nesta "tertulia" jeje. a verdade e que ariadna faloume moito das setas e quere levar algunha que nos nacen no xardin, para a seman mandareille algunha.moitos bikos. maria.