Diario de experiencias dunha clase de Ed. Infantil do Ceip Ponte dos Brozos, en Arteixo - A Coruña.

TABOEIRO DE AVISOS

FELIZ 2010

martes, octubre 21, 2008

Xa facemos dictados

Este Luns pois por vez primeira fixemos un dictado. Dito así soa moi raro e como cousas de maiores pero se o pensades ben un dictado non é mais que unha persoa que vai dicindo algo e outra(s) que o van escribindo. Pois eso é o que fixemos , eu ía dicindo cousas diferentes ( letras , números, formas, debuxos , símbolos) e eles íanas copiando. O resultado foi boisimo pois tendo en conta que somos unha clase moi ruidosa houbo un silencio case total durante a experiencia e non foi porque eu estivese mandándoos calar todo o tempo senon porque estaban concentradisimos ( exisíao a actividade xa que non se repetía o dito , non se podía borrar e eu ía falando lentamente pero cun ritmo que non permitía durmirse). Algo que tamén @s motivou moito foi que cada liña que facían, eu "correxiaa" ó momento e poñialles ben , regular ou mal ( algo que nunca me gustou facer). Esto parece que os motivou bastante pois estabano esperando con ansiedade ó rematar.
O Martes comentamos a outra lámina do tema que estamos a traballar (colexio e corpo).Falamos de que era o que coñeciamos do "cole" , de como se chamaban os "profes" do nivel (non tod@s o sabían) ou o director, que cal era o nome do colexio. Despois comezamos a segunda ficha do Libro de plástica na que había que rematar unha paisaxe de Outono ( na ficha había duas casiñas sobre uns campos brancos) usando ceras brandas e pintando o chan co pincel (usamos diferentes tons de marrón , amarelos , laranxa). Fixo algunha das fotos Aarón e onte Abel.
Rematamo-la mañán facendo un retrato do "profe" , os debuxos foron todos moi simpáticos e bonitos. É moi curioso como nos ven @s nen@s pois poden decatarse de detalles que nos que os adultos non reparamos.

Este Xoves comezamos unha nova "escultura" de pasta de modelar adicada ó Outono, haberá que esperar unhas semanas para ve-lo resultado pero estou seguro que será fantástico. Queremos facer unha paisaxe cun par de cogumeliños, un caracol e unha xoaniña. Adicámoslle todo o tempo ata o recreo. Traballamos en grupos de 12 , mentres o resto ían facendo unha ficha cunha paisaxe tamén do Outono pero que tiña moita laboriosidade xa que había que pintar , picar, pegar e recortar. O Xoves só a remataron 7-8. A actividade coa pasta saíu moi ben e foi moi tranquila ( non sempre é así) pois fómolo facendo en pequenos pasos que eles/as foron dando ( tampouco sempre é así , pois hain@s moi adiantad@s). Total que moi positiva. Agora toca esperar a que seque para pinta r despois e ó final pegar (pois as "pezas" fixémolas soltas para pintalas mais doadamente).

Fotos son de Nico e Ainara

O Venres comezamos a decorar as mitades dos tetrabrik que vos pedira. Por se non volo explicaron a súa función é que cando fagamos o Magosto esta caixiña nos sirva para ter as castañas , ademais de para botar logo as cascas. Pois ben estivemolas "forrando" de papel de seda con cola branca. Collían tiras de papel de diferentes cores e íanas poñendo ó redor do cartón. Non o fixeron nada mais que 12-14 pois para poder axudarlles eu coa cola branca, tiña que ser de dous en dous. Mentres estiveron vendo o remate da peli de Hortón e outr@s rematando a ficha que comezaran o Xoves sobre a paisaxe do Outono ( por certo e , en xeral , con non moi bo resultado).

Esta semana tamén tivemos aportacións por parte de Celia que nos trouxo algúns ourizos e algunhas castañas
Doulle a benvida ás colaboracións no blog a Begoña , a nai de Iago , e agradezcolle a aportación da web El huevo de chocolate. Se picades no nome podedes ir a ela.Esta moi ben. Aproveito e vos comento que a miña compañeira Maite pasoume un enderezo onde hai moitas fichas para traballar a lectoescritura. Tedes a ligazón na marxe dereita ou tamén podedes picar aquí. Tamén benvida a Mary , a nai de Paula, ainda que ela non é nova nas colaboracións. A María dicirlle que si traballan arreo , como sempre, quizais calquer día vanme denunciar por explotador de menores. Todo o que fan coa pasta de modelar queda moi bonito e eles/as estan desexando levalo a casa ( sinal do orgullos@s que están)..O das pedras é imposible que as leven pois , como sabedes , non as hai no patio. Nos outros dous patios estan por todas partes e son o xoguete preferido deles/as.

Na marxe dereita puxen un blog mais que é d@s compañeir@s de primeiro. Acaban de comezar con moita ilusión. Tamén aparece un novo (arao) que é do compañeiro Ramón pero que está no lugar do seu anterior blog "Cousas da escola"


6 comentarios:

Anónimo dijo...

BOAS TARDES,POLO QUE VEXO COMO SIGAN AS COUSAS ASÍ VAS A QUEDAR SIN O POSTO DE FOTOGRAFO,XA QUE SAENLLES UNHAS FOTOS MOI BOAS. RESPETO DO DICTADO,VEÑENME A MENTE RECORDOS DA MIÑA INFANCIA, FACIAMOS MOITISIMOS DICTADOS, SI MAL NON RECORDO FIXEMOS DICTADOS ATA 5º DE E.G.B.,PERO BUENO XA CHOVEU BEN DESDE ISO.XA QUE ESTOU RECORDANDO A MIÑA INFANCIA CO TEMA DOS DICTADOS,VOUVOS A CONTAR COMO ERA O COLEXIO NOS ANOS DE ANTES.CANDO EU EMPECEI A ESCOLA( OS SEIS ANOS)XUSTAMENTE EMPEZOU A FUNCIONAR A COLEXIO DE ARTEIXO,QUE COMO TODOS SABREDES CHAMASE "CARRERO BLANCO",POIS BEN ANTES DE ENTRAR AS CLASES FORMABAMOS FILAS NO PATIO DE ARRIBA DE TODO,POÑIAN POR MEGAFONIA O "CARA EL SOL", IZABASE A BANDEIRA E LOGO ENTRABAMOS NA CLASE, E ANTES DE BAIXAR AS SILLAS DAS MESAS,REZABAMOS O "PADRE NUESTRO", E ACTO SEGUIDO XA NOS POÑIAMOS A TRABALLAR.EN FIN, ERANCHE COUSAS DE ANTES.

Anónimo dijo...

NON SEI COMO COLGEI O MENSAXE,PERO NON FUN CAPAZ DE POÑER O NOME, POR SI NON ME SAE AGORA TAMPOUCO, SON MARIA

Anónimo dijo...

Ola, escribo dende o "hotel" máis grande da Coruña, pois teño a sorte de poder ver o blog dende aquí e enterarme do que fixestes esta semán.(Esto é o bó destas cousas, que se non che contan os fillos as cousas, ou non estás con eles por algún motivo, podeste enterar das cousas que fan igual). Estou dacordo con María, en que esto dos dictados trae moitos recordos, pois a min, tamén me levou a recordar a miña infancia. Estou alucinada e imaxino o atentos que debían de estar. Pareceme que lles ven moi ben,xa que aprenden a escoitar, poñer atención e a espabilar, ademáis, sempre lles gusta que lles miren as súas cousas e que lles digan que están ben.
Quedou moi bonito o barquiño que fixestes coa pasta de modelar, a min, non me deixou velo ata que chegamos á casa e ensinoumo con moita ilusión e moi orgulloso do seu traballo.
Quero dicir, que estes nenos son todos uns especialistas na fotografía, pois sacan unhas fotos preciosas.Espero que non se "vicien" e nos saian fotografos todos, pois logo en Arteixo, non vai haber máis que fotografos.
Quero mandarlles un saúdo a todos e as mamás que vexo todos os días.Espero que para a semán que ven, xa poidamos vernos. Gracias a todos.
Eu tamén teño problemas para poñer o meu nome, asi que... voume "presentar", son Mary a nai de Víctor

Anónimo dijo...

hola,son a mama de ariadna ,estou de acordo con mary, o dictado sirvelles pa espabilar, coma cos deberes, dende este veran, fainos sen que lle mande ca ilusion de que o profe llos corrixa cando os leve, se llos corrixo eu non lle interesa tanto.Decirlle a mary (mama de Victor), que por fin fixen un comentario eh! jeje.saudos a tod@s.

Anónimo dijo...

Ola a todos,son a nai de Víctor. Só quero darlle a benvida á nai de Ariadna á "tertulia" do blog. Alégrome moito, de que por fin o estrearas, ((ainda que sexa no derradeiro ano)). Máis vale tarde que nunca. Un bico moi forte, xa que non te vexo nada. Saudiños

Anónimo dijo...

hola.moitas grazas mary, por certo tes q levar a foto de victor e ari na feira 1900.outro biko e haber se nos vemos.maria, mama de ariadna