Diario de experiencias dunha clase de Ed. Infantil do Ceip Ponte dos Brozos, en Arteixo - A Coruña.

TABOEIRO DE AVISOS

FELIZ 2010

martes, noviembre 18, 2008

Apelidos , tipos de casas e semana da escritura

Comezamos a semana facendo unha asamblea. Facía tempo que non a realizabamos , entendoa como que se debe realizar en infantil ( con calma e deixandoos falar), pero como Xiao nos traía un par de novas para o Xornal quería que nola explicara. Comentounolas con bastante claridade pero logo funlles ensinar unha foto que me mandara o seu pai por e-mail para ilustrar unha das novas e lles dixen en que consistia un correo electrónico e que eu tiña un de ... ( nome e apelidos do pai) entón Susana comentounos que ela " tiña medio apelido do seu pai e medio da sua nai" , aclaramos algo esto e , aproveitando que estamos co tema da familia, falamos de quen nos viñan os apelidos e Ari comentou que ela tiña os mesmos que o seu irmán. Falamos algo mais das relacións familiares ( os avós son os pais de... , os tíos son os irmáns de...) e logo xa nos puxemos coa lectura na PDI.
O Martes tamén tivemos "charla" ( facer facemos reunión grupal tódolos días pero o 70 ou 80 % das veces ten como obxectivo a lectura) pois nos prestaran dous libros que falaban das casas. Un era Onde esta Croc?. Buscando a este crocodilo dabamos un paseo pola súa casa e mirabamos as dependencias. Logo miramos un que non era un conto senon algo mais enciclopédico pois nos amosaba diferentes tipos de casa. Comose facían , como eran por dentro, quen vivía nelas, .... Este tema xa o tocaramos anteriormente polo que todo lles soaba bastante tan só non lembraban o nome da casa india ( o que mais se acordaba era Mateo que nos decía piti). Como curiosidade dicirvos que tan só Iago consideraba ó castelo coma unha casa, os demais vianno como outra cousa. Coñecimos que hai xente que vive en barcos ou en naves espaciais. Ó final contamos cantos nomes de casas sabiamos e chegamos ata 14 , xa está ben. por si algún mestre está interesado en imaxes de diferentes tipos de casa deixovos aqui unha ligazón o noso album de casas ( queda outra ligazón na marxe dereita , en recursos visuais). Picade aqui
Entre o Luns e o Martes fixemos unha nova ficha do libro de plástica. Nela habia que facer un niño con follas ( usamos recortes de follas grandes) e debuxar un paxariño. O resultado non foi vistoso ( a ficha non se prestaba a eso) pero si práctico con paxariños moi bonitos.
O Mércores acontecíu como naquela famosa frase "un pequeno paso para o home pero un granpaso para humanidade" , non foi un gran paso para humanidade pero si para nos que fomos capaces de escribir unha frase , sen copiala. Queriamos escribir : eu tomo o te. Miramos cantas palabras eran e fomos collendo voluntarios para que cada un/nha escribira unha palabra. Houbo quen non foi capaz pero axiña acabamos polo que logo escribimos meu tio toma te ( usei unha taboa de catro columnas para separar as palabras , por eso construin frases de catro palabras) foi outro exito. Continuaremos nesta liña pero intentando facelo algo por parellas ou individual.
Visto o bo resultado do Mércores , o Xoves fixemos algo moi parecido pero usando sistemas tradicionais. Tiñan que escribir unha palabra , que eu lles dixera, no encerado de sempre. Foron pasando tod@s e tod@s escribiron o pedido ( a dificultade da palabra decidíaa eu en función do nivel que eu coido que tiña ese neno/a). Polo acerto houbo premio de gomets. As palabras son as que vos veño citando: meu, Mai, teu, tío, tía, moa, meta, etc. .
Despois tiñamos que traballar no libro da letra T pero que como novidade traía unha sopa de letras. Era a primeira vez que falabamos dela pero había quen xa sabía o que era. Fixémola primeiro na PDI e atoparon axiña as catro palabras agochadas. Debaixo tiñan que escribir as palabras , separando os caracteres de cada unha. Visto o éxito , con cada letra faremos unha sopa e en canto teñamos oportunidade faremos un crucigrama.
Despois de Relixión ( no cuarto modulo horario) e como quedaba pouco tempo, adícamolo a mirar o Xornal dos Carrabouxos e ver as novas entradas pois esta semana tiñamos bastantes ( e outra mais que puxemos o Venres). Tamén estivemos vendo as fotos que levamos feito ata agota. Quería ver se alguén recoñecía algunha das fotos que fixera. A resposta foi que a maioría non pero houbo tres ou catro que sí.
Rematamos a semana escribindo tres frases mais na PDI. Logo intentamos plasmar eso no papel facendo un ditado e o resultado xa non foi tan bo. Primeiro comezamos con sílabas soltas e ó final duas frases sinxelas. Coas silabas foinos bastante ben e coas frases tan só 6-7 o fixeron ben. Teremos que seguir traballando esto mais.
Sobre o comentario que fixo Mary sobre o idioma eu estou de acordo con ela en que debemos buscar sempre cousas que nos unan. A lingua ten como obxectivo comunicarnos , dependendo a quen me dirixa eu podo usar unha ou outra lingua. Se o meu desexo é chegar a todo o mundo debería usar unha lingua que entendera todo o mundo( algo que de momento non é posible) , se o que desexo é chegar a un grupo mais reducido ( España, Galicia, etc..) usarei a lingua que domina ese grupo. Este blog foi feito para comunicarme, basicamente, cos pais/nais d@s meus/miñas alumn@s e cos/coas meus/miñas compañeir@s de profesión en Galicia por eso usei o galego. Agora hai xente que por esta causa non pode recibir a información correctamente, entón eu intentarei buscar a maneira de chegar a seas persoas. Sobre o da caixa para levar para casa o traballo en pasta de modelar dicirvos que, visto que non houbo outra idea, os vindeiros días mandareivos unha nota pedíndovos a caixa e vos comentarei cando levaran o "traballo" ( nunca será nin un Venres, teñen xa carpeta que levar, nin un Mércores , pois eu non estou á saida).

TRADUCCIÓN AL CASTELLANO

Comenzamos la semana haciendo una asamblea. Hacía tiempo que no a realizábamos , entendoa como que si debe realizar en infantil ( con calma y deixandoos hablar), pero como Xiao nos traía un par de nuevas para el Periódico quería que nos la había explicado. Comentounolas con bastante claridad pero luego les fui a enseñar una foto que me había mandado su padre por e-mail para ilustrar una de las nuevas y les dije en que consistia un correo electrónico y que yo tenía un de ... ( nombre y apellidos del padre) entonces Susana nos comentó que ella " tenía medio apellido de su padre y medio de la sua madre" , aclaramos algo esto y , aprovechando que estamos con el tema de la familia, hablamos de quien nos venían los apellidos y Ari comentó que ella tenía los mismos que su hermano. Hablamos algo madres de las relaciones familiares ( los abuelos son los padres de... , los tíos son los hermanos de...) y luego ya nos pusimos con la lectura en la PDI.
El Martes también tuvimos "charla" ( hacer hacemos reunión grupal todos los días pero el 70 o 80 % de las veces tiene como objetivo la lectura) pues nos habían prestado dos libros que hablaban de las casas. Un era Donde esta Croc?. Buscando a este cocodrilo dábamos un paseo por su casa y mirábamos las dependencias. Luego miramos un que no era un cuento senon algo madres enciclopédico pues nos mostraba diferentes tipos de casa. Comose hacían , como eran por dentro, quien vivía en ellas, .... Este tema ya lo habíamos tocado anteriormente por el que todo les sonaba bastante tan sólo no recordaban el nombre de la casa india ( el que madres si acordaba era Mateo que en los decía piti). Como curiosidad deciros que tan sólo Iago consideraba al castillo como una casa, los demás vianno como otra cosa. Coñecimos que hay gente que vive en barcos o en naves espaciales. Al final contamos cuantos nombres de casas sabíamos y llegamos hasta 14 , ya está bien. por sí algún maestro está interesado en imágenes de diferentes tipos de casa deixovos aqui un enlace nuestro album de casas ( queda otro enlace en el margen derecha , en recursos visuales). Picad aqui
Entre el Lunes y el Martes fijemos una nueva ficha del libro de plástica. En ella habia que hacer un nido con hojas ( usamos recortes de hojas grandes) y dibujar un paxariño. El resultado no fue vistoso ( la ficha no si prestaba a eso) pero sí práctico con paxariños muy bonitos.
El Miércoles acontecíu como en aquella famosa frase "un pequeño paso para el hombre pero un granpaso para humanidad" , no fue un gran paso para humanidad pero sí para en los que fuimos capaces de escribir una frase , sin copiala. Queríamos escribir : yo tomo el te. Miramos cantas palabras eran y fuimos cogiendo voluntarios para que cada uno/nha había escrito una palabra. Hubo quien no fue capaz pero enseguida acabamos por el que luego escribimos mío tio toma te ( usé una taboa de cuatro columnas para separar las palabras , por eso construin frases de cuatro palabras) fue otro exito. Continuaremos en esta línea pero intentando hacerlo algo por parejas o individual.
Visto el buen resultado del Miércoles , el Jueves fijemos algo muy parecido pero usando sistemas tradicionales. Tenían que escribir una palabra , que yo les había dicho, na pizarra de siempre. Fueron pasando tod@s y tod@s escribieron el pedido ( la dificultad de la palabra la decidía yo en función del nivel que yo opino que tenía ese niño/a). Por el acierto hubo premio de gomets. Las palabras son las que os vengo citando: mío, Madre, tu, tío, tía, mayora, meta, etc. .
Después teníamos que trabajar en el libro de la letra T pero que como novedad traía una sopa de letras. Era a primera vez que hablábamos de ella pero había quien ya sabía lo que era. Fijémosla primero en la PDI y encontraron enseguida las cuatro palabras escondidas. Debajo tenían que escribir las palabras , separando los caracteres de cada una. Visto el éxito , con cada letra haremos una sopa y en cuanto tengamos oportunidad haremos un crucigrama.
Después de Religión ( en la habitación modulo horario) y como quedaba poco tiempo, adícamolo a mirar el Periódico de los Carrabouxos y ver las nuevas entradas pues esta semana teníamos bastantes ( y otra madres que pusimos el Viernes). También estuvimos viendo las fotos que llevamos hecho hasta agota. Quería ver si alguien reconocía alguna de las fotos que había hecho. La respuesta fue que la mayoría no pero hubo tres o cuatro que sí.
Terminamos la semana escribiendo tres frases madres en la PDI. Luego intentamos plasmar eso en el papel haciendo un dictado y el resultado ya no fue tan bueno. Primero comenzamos con sílabas sueltas y al final duas frases sencillas. Con las silabas nos fue bastante bien y con las frases tan sólo 6-7 lo hicieron bien. Tendremos que seguir trabajando esto madres.
Sobre el comentario que hizo Mary sobre el idioma yo estoy en base a ella en que debemos buscar siempre cosas que nos unan. La lengua tiene como objetivo comunicarnos , dependiendo a quien me dirija yo puedo usar una u otra lengua. Si mi deseo es llegar a todo el mundo debería usar una lengua que había entendido todo el mundo( algo que de momento no es posible) , si lo que deseo es llegar a un grupo madres reducido ( España, Galicia, etc..) usaré la lengua que domina ese grupo. Este blog fue hecho para comunicarme, básicamente, con los padres/madres d@s míos/mías alumn@s y con los/con míos/mías compañeir@s de profesión en Galicia por eso usé el gallego. Ahora hay gente que por esta causa no puede recibir la información correctamente, entonces yo intentaré buscar la manera de llegar la seas personas. Sobre el de la caja para llevar para casa el trabajo en pasta de modelar deciros que, visto que no hubo otra idea, los próximos días os mandaré una nota pidiéndoos el cajón y os comentaré cuando habían llevado el "trabajo" ( nunca será ni un Viernes, tienen ya carpeta que llevar, ni un Miércoles , pues yo no estoy a la saida).


1 comentario:

Mary dijo...

Ola, vexo que fixeron moitas cousas a pasada seman, (non lacazaneades nada). Imaxino a algúns nenos co tema dos apelidos, pois quedan bastante sorprendidos.Víctor, quedou bastante sorprendido fai unhas semaniñas, cando intentei explicarlle que tiña un apelido do pai e outro, da súa nai e de onde nos viñan a nós. Son cousas sinxelas, pero que para eles, son todas novidades,coma a dirección onde viven.
A min, este tipo de charlas, parecenme moi boas para aprender e tamén, por que escoitan e falan ou preguntan cousiñas. Ás veces, por temas de traballo ou por outros motivos, non hai moito tempo para charlar con eles na casa, pois a vida que levamos, é bastante axetreada. Os nenos, precisan o seu tempo e lles gusta contar as súas cousiñas e que os escoiten.
Alédome moito de que vaian conseguindo os gomets, pois é sinal de que fan ás cousas e ben. Imaxino, o contentos que van para a casa cos seus premios. Un saudiño