Diario de experiencias dunha clase de Ed. Infantil do Ceip Ponte dos Brozos, en Arteixo - A Coruña.

TABOEIRO DE AVISOS

FELIZ 2010

domingo, noviembre 02, 2008

Colaboración

Comentarlle a María , a nai de Ariadna, que , por suposto , pode traer as setas que queira , sempre son de agrdecer as colaboracións que nos permiten complementar o que facemos na clase. Se sabedes algo das setas que trae mellor ( nome , se teñen algo especial , se son ou non comestibles , etc. ) pois eu son bastante "urbanita" e teño uns coñecementos moi limitados dal flora galega.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Eu mandolle pero é que tampouco sei o seu nome. maria

Anónimo dijo...

Ola, comentar que o tema de coñecer os nomes das setas, é bastante complicado penso que para todo o mundo. Sabemos que nacen, pero os nomes e, se se poden comer ou non xa...é para "profesionais")) Pero está ben que as vexan igual e saiban como son.
A min contaronme o conto de Misi. Parece que tivo un problema cunha tea de araña e tiveron que axudarlle uns amigos a sair dela. Estes amigos, soanme bastante, pois fomolos coñecendo a través dos pictogramas que vai traendo para ler na fin de seman.
Só me dixo por que letras comezaban, pois quería que eu os acertara. É moi bonito ver como che contan as historias, pasamos uns ratos moi agradables.
Tamén quero dicir, que está moi ben o tema de que traian a fin de seman as carpetas, pois lles fai moita ilusión ensinarnos todo o que fan e que os escoitemos.
Sobre a campaña publicitaria, non precisas mandar a ninguén xa chego eu, pero ((xa che mandarei a factura a finais de curso)).Un saudiño. Mary