Diario de experiencias dunha clase de Ed. Infantil do Ceip Ponte dos Brozos, en Arteixo - A Coruña.

TABOEIRO DE AVISOS

FELIZ 2010

martes, noviembre 04, 2008

Magosto

Antes de nada comentar que non pasa nada se alguén trae algo e non sabe o nome pero , loxicamente, cantos mais datos saibamos sempre mellor. Se non souberamos o nome das setas sempre poderiamos verlle de que color son, si teñen as partes que "estudiamos" na ficha, o seu tamaño e forma , etc.
Seguimos "pelexando" coa letra M. Tódolos días (ou case todos) estamos lendo palabras con m e vogais ( momia, meu, mamá, ...) e palmeamos as sílabas que teñen. Este Luns , ademais estivemos xogando na PDI cun programiña que eu fixen sobre a letra M (trazo, discriminación visual e auditiva) en Neobook.Teño pensado poñelo ma marxe dereita para que o poidades descargar pero polo de agora non pode ser, xa que por motivos técnicos (como soa esto) hai algúns recursos que non vain ben na miña web(os mais recentes). Logo buscamos con que sílaba comezaban diferentes palabras ( mesa, muller, maleta, ...) e para rematar limos unha nova páxina do Libro de Lectura. Con esta páxina finalizan as adicadas as vogais , polo que o Mércores comezamos coas consoante e , mais concretamente, coa letra M.
Aproveito para comentarvos que notei que hai nen@s que que si teñen que ler meu (por exemplo), o que fan é deletrear e din emeeu. Por eso sería bo que intentaramos non chamarlle eme a letra eme senon falar do son mmmm. Nestes días sempre que vexades con eles palabras que levan esta letra facedelle ver como soa e onde está a letra M. Tamén podedes xogar a ver cantas sílabas ten ( damos unha palmada por cada sílaba) ou lle decimos, si é doado, que faga unha frase con ese palabra ( que diga algo que leve esa palabra , podémoslle dar un exemplo).
O Xoves andivemos probando si eramos capaces de escribir na PDI palabras curtas (como meu , moa , mio , mia, mimo ou amo) , Como era de esperar houbo de todo. Ainara amosavos moi orgullosa que ben escribíu "meu".
O Luns que veu Teresa , a profe de apoio, comezamos a pintar "as nosas esculturas " de pasta de modelar. Comentáravos que iamos facer algo relacionado co Outono. Pois ben comazaron por pintar o chan. Nos vindeiros días pintaremos as duas setas , a xoaniña e o caracol.
O Martes presentamos o Libro novo de Muna , nel imos falar das casas. Coas láminas do método e coa PDI (buscando en Internet) miramos diferentes tipos de vivendas, o seu tamaño, nome , de que estaban feitas , porque se usaban determinados materiais nalgúns sitios ou si se parecían ás nosas. Logo cada un/nha foi dicindo si vivía nun edificio ou nunha casa , en que andar vivía , si era nun eduficio e , @s que o sabían, que número tiña o seu portal. Mais tarde no libro tiveron que debuxar a súa casa.
O vir do recreo rematamos o cestiño onde , ó día seguinte no Magosto , iamos levar as castañas e boatr logo as cascas. Só falataba poñerlle un bonequiño con cara de castaña diante que tiveron que colorear e picar.
O Mércores foi a gran festa do Magosto. Tod@s estaban moi ilusionad@s , ainda que non a tod@s lles gustan as castañas pero si a tod@s lles gustan as festas (como di o anuncio Vivamos como galegos). Antes do recreo houbo que currar que o país está en crise e non non todo ían ser festas. Así que fixemos páxina do libro de lectura e recordamos as palabras con M. Non tiveron Inglés pois tampouco era plan corta-lo Magosto polo medio , si tiveron Psicomotricidade. Deixovos unha presentación con fotos do Magosto ( a calidade non é moi boa ). Hai un primeiro grupo onde estan tod@s pois foi no inicio e saqueinas antes de nada pero logo cando se empezaron a levantar xa non houbo maneira polo que algúns saen mais que outros.



Como bo Magosto (e como dicía unha poesía que aprendimos) había que pintarse a cara pero a borralla estaba quente e non era plan queimarse polo que recurrimos ó maquillaxe. Houbo unha "profe" moi voluntariosa que maquillou o 80% d@s nen@s e dende aquí dámoslle as gracias a nosa estethiciene (coido que se escribe así) profesional Lidia. Ademais tivo a paciencia de facer debuxiños polas caras. Por certo si por un casual nalgunha das fotos sae algún nen@ doutra clase que non deu permiso para publicar as súas fotos que llo diga @ seu/ua "profe" e xa me encargarei de quitalo axiña. Pido perdón se esto pasa. Para ver o album de fotos do Magosto picade aqui ou na marxe dereita (tamén podedes ver as fotos na mini presentación de arriba)
O Xoves andivemos "recordando" algo dos números pois con tanta lectoescritura tiñámolos bastante esquecidos. Non houbo moito problema ( recordamos o 3,4 e 5) en xeral.
Estivemos tamén dándolle un novo toque de cor á pasta de modelar e pintaron a parte superior das setas.Ademais , como hoxe nos rendíu moito o tempo, algúns/nhas puideron ir ó ordenador e facer a segunda parte ( xogos da illa) da letra M no xogo de Pipo " Ven a leer con Pipo" e algúns/nhas tamén fixeron unas taboas de escribir palabras coa letra M. Esta experiencia mellor que a que fixemos o Mércores , a de escribir unha palabra curta, pois non hai o problema da grafomotricidade , aquí só hai que teclear a palabra. Deixo unha imaxe da taboa para que vos fagades unha idea ( nas imaxes de abaixo tiñan que poñerlle o nome sin mirar nas palabras de arriba). A palabra mais problemática foi , loxicamente, momia.



2 comentarios:

Anónimo dijo...

Hola de novo e certo que o leer fano memorizando pois o leer o libro que traen das fichas poñen ou sacan palabras que non tan nas fichas.Ahora que xa bolbin o blog xa vin a cantidade de xogos interativos que hai estan moi ben ainda me gustan a min pa pasar un rato.

MARY dijo...

Ola,quedaron moi lindos os cestiños para as castañas e as "esculturas", están IMPRESIONANTES.Coido, que imos ter que quitar os adornos da casa e poñer estas "esculturas" tan orixinais e tan chulis.

Para o entroido, xa vai a descansar Lidia, pois xa se ve que está moi posta Ariadna maquillando. Un saudiño. Mary