Diario de experiencias dunha clase de Ed. Infantil do Ceip Ponte dos Brozos, en Arteixo - A Coruña.

TABOEIRO DE AVISOS

FELIZ 2010

sábado, enero 12, 2008

¡Que éxito está tendo a proposta de levar a Piolín a casa por un par de días!. Marco trouxoo o Venres e xa o levou Celia , quedando para a semán que ven Paula. Tamén se apunou Victor e agora Carmen polo que , como di Mary, esto parece o Sergas pois dase a vez para dentro de un ou dous meses. Os apuntad2s que non se preocupen que xa @s avisarei con algúns días de adianto. Aquelas persoas que vexo diariamente non hai problema e co resto , buscariamos a solución mais axeitada para todos. Gracais tamén as duas Marys e a Maria por apuntarse ó do conto. Que non se preocupe Maria que para min non é complexo que ningún pai ou nai, xa buscaremos unha solución para a colaboración. Cando se quere facer unha cousas , sempre se atopan solucións. Gracias de novo.
No cole comezamos a traballar co libro de plástica e na primeira ficha habái que botar arroz , para que @s nen@s visen a diferencia de ter que pegar cousiñas individualmente ( bolas de papel, gomets, ...) ou pegalas botandoas a pouquiños ( como o arroz, purpurina, ...). Como non tiña arroz botamos pan rallado , recordándolles que botaran moi pouquiño e que non tocaran na cola nin apretaran o pan. Tampouco facía falla facer montóns co pan. Fixose bastante ben. O vindeiro día faremos boliñas de papel de alumnio e pegarémolas individualmente ( dunha en unha). Tamén estivemos onte falando dalgúns xogos que había na clase e que se podían xogar en grupo. Xogaron cos xogos de construcción , cos ensartables ( nos dicíamos o xogo de facer collares) ou os crebacabezas. Pero había un xogo co que non xogaramos nunca , ainda que xa había que o coñecía: O dominó. A primeira partida foi entre tod@s e foi co dominó de sombras. Tocoulle só unha ficha a cada un/nha, as que sobraban dábanselle os que as poñían primeiro. Houbo quen colleu axiña en que consistía o xogo , houbo quen non se entereou ainda e houbo quen o final se decatou algo. Voltaremos a xogar nos vindeiros días para que se vaian familiarizando e logo deixareinos que xoguen sos en pequenos grupos. Tamén dentro duns días veremos outro xogo de mesa que é : O tres en raia. Se o tedes na casa e lle queredes ir explicando ou xogando con eles/as podédelo ir facendo, así facilitariase mais a comprensión cando xoguemos na clase.

lunes, enero 07, 2008

Ola a tod@s comezamos este 2008 e con él o segundo Trimestre. Rematamos o Nadal pero xa temos que pensar no Antroido pois á volta dun mes esta aquí. Nos vindeiros días mandareivos unha nota co que preciso para o disfraz ( non vos digo de que se van disfrazar pois ainda non o saben eles/as e prefiro que o saiban primeiro).
Teño xa tres novas para comentar .
A primeira é que xa somos 22 na clase pois hoxe incorporouse connosco Carla. ë unha nena que ven de Asturias e a súa entrada ( que eles/as xa sabían) foi moi boa. Foi moi ben recibido por tod@s, habendo quen estivo mais pendente dela e quen menos. Ela tamén se víu moi solta participando nas actividades que fixemos como si xa estivera dende o inicio.
A segunda novidade é que a partires de hoxe se hai algún nen@ que estea intertesad@ en levar a Piolín a casa na fin de semán pode levalo. Sería para recollelo o Venres ás nove e media( ou Xoves á saida) e traelo o Luns. É moi pacifico e non da nada de traballo. Penso que pode ser unha boa experiencia para @ nen@. Como esto xa llo comentai na clase @s nen@s, hai catro peticións ( Marco, Celia, Paula e Martín). Marco levouno hoxe ( por motivos especiais non o pode levar na fin de semán) e vai traelo o Venres que o levará Celia.Se hai alguén interesado para mais adiante que faga un comentario.
A outra nova que quería comentar e para pedirvos colaboración. O ano pasado fixemos o conto dos tres porquiños coas voces d@s nen@s . Este ano imos ir un pasiño mais aló , ademais de poñe-las voces, van face-los debuxos do conto ( que será o conto "de Xan o porquiño"). Pero eu quería que participaran os pais/nais, pois fannos falta narradores do conto. Noutros anos este papel tocábame a min pero estou "canso " de escoita-la miña voz nos contos por eso pareceme unha boa idea que vos colaboredes. Para participar só fai falla querelo e non ser mud@. Aqueles interesad@s pódense apuntar aqui no blog ( que me digan o seu nome ou o do nen@) ou tamén cun papeliño na bolsa da merenda. Este petición fareina tamén por escrito , para aqueles que non poidan ve-lo blog. Xa me poñerei en contacto cos interesad@s para dicirlles o que teñen que facer (sería gravar un texto). A tod@s gracias por anticipado pola colaboración.
Retomando xa as historias da clase comentar que comezamos onte moi suave. Primeiro contáronme cousas das festas: con quen as pasaran, se tomaran as uvas, que doces comeran e , por suposto, que lle trouxeran os Reis Magos ou/e Papa Noel. A verdae é que, a pesares que se lle esquecían cousas, a lista foi longa e variada. Abel ensinounos un golpiño que levou na fronte , segundo nos dixo por querer ver ós Reis.
Como neste tema imos falar dos xogos e dos xoguetes comentamos que hai xoguetes que son para xogar só e outros para compartir, que nos podemos facernos os nosos propios xoguetes ( cun tubo de papel de cociño e dous folios fíxenlle un cohete cun astronauta e quedaron impresionados). Tamén falamos de que se podía xogar sen xoguetes , comentando eles/as xogos que coñecían como : á pilla, polis e cacos, ó escondite, á roda ou ás carreiras. No libro de fichas estivemos traballando o trazo da liña quebrada facendo fincapé no trazo en pico e non curvado.
Hoxe, aproveitando que chegara Carla, quixemoslle contar o que sabiamos das letras e, así, recordamos a letra i (tod@s se acordaban moi ben dela) e o seu conto. Tamén dixemos palabras con i. Logo xa pasamos a traballar na PDI coa letra u. Fixemos diferentes xogos onde había que discriminala visualmente ( solta e no medio de palabra) e auditivamente. Tamén recordamos o seu trazo. >Para reforzar esto derradeiro fixemos unha ficha onde había que face-lo trazo con plastilina. Como vedes na foto que daron moi "chulis".
Aproveitei que estabamos todos para facer unha foto da clase completa, ahí vola deixo