Diario de experiencias dunha clase de Ed. Infantil do Ceip Ponte dos Brozos, en Arteixo - A Coruña.

TABOEIRO DE AVISOS

FELIZ 2010

miércoles, enero 23, 2008

Semán moi tranquila e con poucas cousas que contarvos. Seguimos a preparar o antroido e na semán adicáronse a pintar, moi ben pintada , a careta ( millor o antifaz , pois non cobre a cara completamente para que non lles moleste tanto). Tamén estiveron pegándolle algunhas das manchas que recortaran no traxe de Pedro Picapiedra, así como na garabata ( que o auténtico non as leva pero que nos llas imos poñer). Cansaron bastante co picado pero, xunto co recortado das manchas , a única colaboración que van facer para o disfraz e trátase de que eles/as participen o máximo posible.
Esta semán coñecemos a Antón. Este é o nome dun esquío que é amigo de Uxío e Inés. Como seguramente estades pensando, Antón ensinounos o son da letra a. Miramos que había moit@s nen@s na clase que tiñan o comezo do seu nome en a: Abel, Ariadna, Ainara, Aarón e Alexandra ; e outros que o tiñan no medio ou ó final. Dixeron outras palabras que tamén comezaban : avó, árbore, abella, ala, .... O trazo custoulles un chisco, algo normal xa que tal e como o facemos ( con enlace anterior e posterior) é dificil pero dentro de 10 días xa o teran dominado.

Repasamos tamén o número catro , pero aquí hai menos dificultades no trazo , pois é sinxelo. O problema pode vir , ás veces, polo cambio de orientación do número, á hora de escribilo, pois pode haber nen@s que o fagan de dereita a esquerda. Esto tamén pasa con outros números coma o dous, o tres , o cinco e o sete.

Por suposto seguimos a traballar no "noso conto multimedia" e xa rematamos a primeira e segunda secuencias mais comezamos coa terceira. Están saindo debuxos moi bonitos e a vontade de colaborar e grande pois tod@s queren facer paticipar. O bo destes traballos é que tod@s se ven refrectidos nel pois tod@s participan e, loxicamente, sintense orgullos@s da súa participación.Como xa comentei a parte correspondente os pais ( millor dito ás nais , pois só houbo un pai voluntario) farémola logo do Antroido ó redor do 15. Pero que non se preocupen as "narradoras" pois xa lles mandarei un papel para ver de quedar un día ( probablemente un Martes pola tarde ou Venres a partires da unha).
O Venres rematamos a segunda ficha do libro de plástica , que comezaramos fai uns días.
A semán que ven supoño xa non vai ser tan tranquila coma esta pois é a do Antroido e temos que rematalos disfraces. Por certo quixera aproveitar e recordarlles a quen lles falte o garrote ou o osos para o pelo que, se fan o favor , non esquezan de traelo.
Tamén celebraremos o día da paz.

lunes, enero 21, 2008

Tan só quería comentar que xa temos 7-8 persoas para a narración do conto polo que xa non fan falla mais voluntarios/as.
Gracias a tod@s