Diario de experiencias dunha clase de Ed. Infantil do Ceip Ponte dos Brozos, en Arteixo - A Coruña.

TABOEIRO DE AVISOS

FELIZ 2010

jueves, enero 31, 2008

Ainda fai so tres semán estabamos de volta das vacacións de Nadal e xa está aquí o Antroido. Loxicamente esta trouxo consigo , como xa vos comentara, unha loxica excitación entre a clase. Nos primeiros días rematamos o que quedaba dos disfraces e fomos probando algíúns vendo que cousas se podían amañar. Ademais tamén fixemos unha careta dun rato ( que tamén podería ser unha foca dependendo da visión de cada un/nha) . quedaron moi bonitas pois as fixemos coas pinturas brandas de Manley. Son as que se usan , habitualmente, en tres anos , por esixis menos esforzo para cubrir. O seu colorido é moi lucido e custalles menos traballar. O problema é que manchan moito e que non se pode precisar con elas pois son moi grosas. As caretas eran diferentes pois unha vez rematadas tiñan algo de volume. Na foto podedes ver algúns nen@s con elas postas.
Por si non chegara co Antroido , o día 30 tamén se celebraba o día da PAZ. O ano pasado fixeramos, entre outras cousas, un mural , xunto coa clase de Lidia, pero este ano o tempo escaseaba polo que contamos un contiño no que se lles fixese ver a necesidade de compartir e que violencia non é solución de nada. Comentamos o conto ( que vos deixo en imaxes mais abaixo por si queredes velo e que volo conten) e logo fixemos unha foto tod@s xunt@s e coas pombas que ían levar no medio facendo a palabra paz ( que ademais vimos levaba as letras A e a P de Paula). Ás pombas que traía o libro , puxéronlle uns corazóns e neles copiaron a palabra paz.
Pero , ademais, de "celebracións aficiais" tamén traballamos o de todo o ano. Así estivemos facendo boliñas de pael seda de diferentes cores para logo con elas facer a letra a ( que previamente traballaramos na PDI), recordamos as palabras que coñeciamos coa letra a e tamén a discriminamos visualmente entre outras vocais soltas. (todo esto en duas sesións). Rematamos o libro de Xico que como sabiades trataba sobre os xogos e os xoguetes. Como vos comentara nun post anterior tiñamos pendente aprender a xogar co tres en raia e aproveitamos que o Martes ían levar un xogo en papel para explicalo. Algúns xa xogaran antes ou oiran falar do xogo. Lidia deixounos un xogo mais grande e foron xogando unha partida contra min. Nos seguintes días houbo quen pedíu o xogo para botar unha partida cun compañeir@. Ainda que , loxicamente, non dominan o xogo ( están mais pendentes de facer eles/as o tres en raia que de impedirllo ó contarrio) gustoulles bastante. Tamén voltaron a practicar cos dominós.
Do Venres comentarvos que todo saíu moi ben, tendo en conta que , segundo a miña opinión, é dos días mais complexos e malos de levar pois hai moito rebumbio , @s nen@s estan alteirados, hai que vestilos e espilos axiña pois se impacientan , queres facer fotos que se vexab ben, .... Tamén é certo que ata a hora do recreo o único que fixemos foi eso: vestilos, espilos, saca-las fotos, xantar os doces, pasear polo cole e bailar.A verdae é que se portaron moi ben e non houbo ningún problema ( fora dun xume que caíu o pouco de comenzar a xantar). Hoxe deixovos a ligazón cunha selección das fotos no lado esquerdo, para asemán que ven intentarei facer un video con todas as que teño relacionadas co Antroido. Aquí deixovos unha do grupo ( que mágoa que Carla non puidera estar), están moi lind@s tod@s , ou polo menos paréceme a min

Por si alguén ten algunha dúbida, as clases comezan o Xoves día 7 de Febrero.