Diario de experiencias dunha clase de Ed. Infantil do Ceip Ponte dos Brozos, en Arteixo - A Coruña.

TABOEIRO DE AVISOS

FELIZ 2010

jueves, marzo 06, 2008

Rematamos a ficha de plástica coa temática do Inverno que nos vai servir de portada para o libro do segundo trimestre. O resultado foi moi vistoso ( o contraste do fondo negro e o algodón) pois engadimos unha árbore de plastilina con mais " neve".
Rematamos o libro dos oficios , ainda que , xunto con outras clases, imos facer un libro de oficios moi orixinal pois vai levar as fotos deles/as . Esto farémolo nos vindeiros días. O novo tema vai sobre a rúa e os medios de transporte. Ademais de ampliar o vocabulario relacionado co tema imos coñecer e adquirir hábitos axeitados para manter limpa a rua e o contorno.
Demoslle un bo repaso ás vocais traballadas e durante dous días fixemos xogos e mais exercicios de recoñecemento auditivo e de grafia das tres. O trazo ainda deben milloralo pois hai veces que se lían pero tamén @s hai que as fan moi ben. Polo que se refire a buscar palabras que comezan por ..., fanno ben case que tod@s pero non sei si é porque reralemnte discriminan ben ou a base de repetir tanto esas poucas palabras ( indio, uvas, un, iglesia, Antón, ...) que xa as teñen memorizadas.
Cosa números tamén andivemos de repaso , facendo un poucop mais de fincapé no trazo do número cinco. Tod@s contan ben ata cinco ( a maioría ata mais) pero logo hai erros puntuais nalgúns dixitos. Así por exemplo hai quen fai o tres e o cinco do revés. Algún/nha tamén lle pasa co catro pero menos.
Teño unha boa nova que comentarvos , ¡ xa temos de novo PDI!. O xoves trouxerano de volta amañada e o Venres xa comezamos a usala. Notouse moito a súa falla e agora volveremos a retomar o conto que estabamos a facer. Ademais tamén voltaremos a recorda-los bits , presentar novas aplicacións e traballa-lo trazo de xeito groso. Tamén poderemos ver algún video. En fin unha moi boa nova.
A semán que ven remataremos este segundo trimestre ( ainda que, con respecto o calendario, cun par de semáns de antelación). Por eso van levar as fichas feitas, así como os informes trimestrais. Non levaran o libro correspondente ó tema que estamos dando pois ese rematarémolo logo das vacacións.Non vos esquezades de mandarlle a carpeta de volta a carpeta do segundo trimestre para poder levar as fichas.
No ordenador andamos , neste momento, a comezar a usar o teclado. Así estamos usando o programa que fixera cos seus nomes e as súas fotos pero , ademais de puzzles e relacións , teñen que escribir o nome d@ nen@ ( millor dito copialo , pois esta escrito debaixo da foto). Tamén comezaron a usar un xogo , que é de balde, chamado Tuxtype. Con él vanse familiarizando co teclado e coa posición das letras , dun xeito moi lúdico pois se aseemella a un xogo de videoconsola. Na foto os podedees ver xogando por parellas pois individualmente ainda lles é moi dificil. Tamén usamos a PDI para escribir palabras entre tod@s nun teclado virtual que aparece.
Comentarvos tamén que nestes momentos quedan 10 botellas de auga, que aproximadamente chegan ata as vacacións de Semán Santa.