Diario de experiencias dunha clase de Ed. Infantil do Ceip Ponte dos Brozos, en Arteixo - A Coruña.

TABOEIRO DE AVISOS

FELIZ 2010

viernes, marzo 14, 2008


Antes de nada darlle a benvida ó noso blog á nai de Carla ( coido que se chama Belen , pero non estou seguro) e agradecerlle a participación. Supoño que tera algúns problemiñas para entedelo, por culpa do idioma, pero pouco a pouco , e coa sua boa vontade, teremos unha "galega" mais entre nos. Gracias
Remata este curto trimestre e por este motivo o Xoves levaron os traballos para casa. Faltaba o libro número seis de Xico pero ese levarano logo das vacacións pois faltaban alguns. Tamén levaron os informes correspondentes o 2º Trimestre e o conto de Xico.Durante a semán tivemos diferentes sorpresas pois coñecemos un novo amigo da pandilla de Mai. Este novo amigo é un ourizo que se chama Espinete ( ¡que pouco orixinal!) que nos presentou a letra e. O trazo collérono bastante ben pois facía uns días que xa estiveramos traballando o trazo en bucle. Contamos o conto da letra e fixemos diferentes actividades na PDI. Por exemplo fixemos o trazo en gran tamaño, buscamos a letra no medio de outras, coñecemos palabras que comezan ou teñen a letra e, .... á volta das vacacións seguiremos traballando con ela pero ademais daremoslle un repaso ás outras traballadas.
A outra sorpresa foi que o Xoves tivemos unha visita ( caseque poderíamos dicir que duas) pois aparecíu pola clase unha muller que nunca viramos pero que se nos facía familiar. Vari@s comentaron que era a madrastra de Brancaneves así era pois non fixo outra cousas que preguntar por ela. Pediunos que non lle dixeramos nada , se a víamos, pois quería darlle un regalo. Este regalo era unha mazá que segunfo algúns non era velenosa pois a velenosa era vermella e a que trouxera a muller era verde. Cando marchou deixounos unhas invitacións para visitar a Biblioteca do Concello e descobrir a morea de historias e aventuras que alí hai. O día 28 iremos , ainda que o Martes 26 mandaremosvos unha autorización.
En canto o traballo seguimos interesad@s en coñecer como se escriben os nosos nomes.Por esta razón estivemos facendo probas co teclado dos ordenadores , co da PDI ou escribindo manualmente nela. (Nico fixoo moi ben enlazando as letras correctamente)
Coñecemos algúns cadros mais de Monet e de Van Gogh. Soubemos que a este lle chamaban o Tolo do pelo vermello e que só tiña unha orella. Martín recoñeceu o cadro dos Xirasoles que viramos o curso anterior. Logo eles no seu libro de plástica tiñan que completar os cadros.


Remato comentandovos que as clases inicianse o Martes 26 e que hai vari@s que comentaron que sairían nas vacacións ( Susana a Asturias e o Grove, Ariadna a Pontedeume, Carla a unha vila chamada Loreña -coido que era así o nome-, Martín dixera que a Mallorca pero logo comentounos que non ). Saiades ou non desexovos a tod@s unha felices vacacións.