Diario de experiencias dunha clase de Ed. Infantil do Ceip Ponte dos Brozos, en Arteixo - A Coruña.

TABOEIRO DE AVISOS

FELIZ 2010

viernes, marzo 28, 2008

Remataron as vacacións e comezámo-lo terceiro trimestre e para eso nada millor que comezar contando o que fixeran nas vacacións. Houbo quen tivo a sorte de viaxar lonxe , coma Ricardo que foi o seu pais , Portugal, (á vila de La mego a ver a avoa), Susana visitou seus bisavós en Asturias ( ademais de ter unha historia cunha cadela) , onde tamén estivo Paula (ademais dun hotel en Lugo). Xiao que pasou por Ourense ( vendo unha fervenza da que non recordaba o nome), outras mais cerca como Ariadana ( que foi a un campionato de cabalos onde o seu pai gañou unha copa que lle entregaron a ela, ¡noraboa!) e Sandra que acercouse a Rañobre a buscar un ovo de Pascua. Por suposto tamén houbo vacacións mais tranquilas como José que víu moitas cousas co seu pai, Abel que xogou ó futbol co seu irman Yago, Matín que foi á piscina, Marco que foi ó hospital a vero nacemento do bebe dunha amiga da súa nai, Iago foi ver unha tía a Coruña ou a Celia que lle mercaron unha bruxa. Ainda que non viaxou lonxe, tamén fixo algo especial Victor, pois foi ve-la Casa das Ciencias e o Planetario. Contounos que había moitos xogos e que vira pitiños nacendo.
Despois de todas estas historias decátome de porqué viñeron tan relaxad@s tod@s , foi porque disfrutaron moito.


No cole tamén fixemos cousas moi interesantes coma por exemplo ver uns xogos en Internet. O coordenador do Proxecto Ponte dos Brozos mandounos unha ligazón a unha páxina web que lle parecía tiña xogos moi interesantes, a páxina chamase Vedoque ( picar na palabra para ir á páxina). Os vedoques son uns bichiños moi raros dos que estivemos intentando averiguar a súa procedencia pero logo dun tempo non o acadamos. Si soubemos que tiñan moitas dúbidas e que precisaban que os axudaramos . Fixemos actividades de ordear formas xeométricas, contar cousas e , a que mais lles gustou, modificar unha cara ata facela igual a un modelo.
Outra novidade foi que deixamos de ser 23 na clase ( comigo) para ser 24 , xa que se incorporou un neno chamado Adrián que xa estivera antes no cole ( o curso pasado) pero non conosco. Foi moi ben recibido por tod@s.

Adrián tivo a sorte de case estrenarse no cole cunha excursión pois o Venres fomos á Biblioteca do Concello ó Contacontos. A experiencia foi fabulosa pois os actores e actrices que alí había representaron dous contos dun xeito moi lúdico , involucrando @s nen@s. Preguntadelles polo pirata Calabrote ou por Martiño e a noite de Reis ( que lle sucedeu co pis)
.
Á volta, logo de merendar, tiñan que facer un debuxo do conto e sairon verdadeiras obras de arte. Na foto podedes ver o mural ( faltan tres debuxos que non remataran ainda) con eles, así coma un que ten moitos detalles das "pelexas" de piratas que viron na Biblioteca.
Tamén estrearon uns xogos que estaban gardados e que gustaron moito. Unha pista de coches que eles poden montar coa forma que queiran e unhas maletiñas de pezas de mosaico para facer , con moita paciencia, debuxos moi coloridos.
Da parte mais seria contarvos que rematamos o sexto libro ( o da rúa e os medios de transporte) e que siguemos traballando coa letra e.
No lado esquerdo deixovos unha ligazón con mais fotos do Contacontos. Non son de moi boa calidade pois con flash saen mal , pero sin él saen movidas. Ademais non podía molestar na representación.







Posted by Picasa