Diario de experiencias dunha clase de Ed. Infantil do Ceip Ponte dos Brozos, en Arteixo - A Coruña.

TABOEIRO DE AVISOS

FELIZ 2010

martes, abril 08, 2008

Antes de nada perdoade o retraso na subida do post pero nesta fin de semán non dispuxen de moito tempo libre.
A semán pasada rematamos, no libro de pictogramas, un grupo de frases adicadas a Carapuchiña. Algo parecido ó conto pero cun final millor para o lobo. Onte comezamos outro grupo adicado a Riciños de Ouro e os tres osiños. Aquí si vai se-lo conto pero dun xeito mais resumido.Antes tiñan que completa-las frases con dous ou tres pictogramas soltos pero agora eses tres pictogramas van seguidos o que lles complica mais a formación da frase. Dentro de pouco terán que facer eles frases completas , a partires de cinco ou sis pictogramas dados.
O luns comezamos xa a pintar ó pirata Calabrote e o Martes ,aqueles xa estaban enxoitos, xa lles puxemos pelo gorro( e a un a bandeira). Como vedes na foto non son excepcionais pero si únicos. Aproveitamos que María (a nai de Carmen) nos mandou esa "peli" que nos recomendou "Little Einsteins" para ve-lo video. Gustoulles moito e apoio totalmente a recomendación. Como non deu tempo a ver todalas historias deixámola para o Mercores que continuaran ( así tamén poderemos seguir poñendo pelos e gorros a Calabrote).
Traballamos coa vocal e na PDI, logo tiñan que recoñece-la letra no medio doutras. Ata aquí nada especial , o bo veu cando lles dixen que tiñan que debuxar por detrás algo que comezase por e. Todos foron capaces de debuxar algo (agás un que non debuxo nada que comezase por e , ademais foi o derradeiro en rematar pero fixo un debuxo precioso que me sorprendíu moito pois non o esperaba). Cando lles mandas debuxar algo ( "por obrigación") sempre hai quen non se esforza porque non lle gusta ou porque non ten "man" para o debuxo. Así había estrelas moi sinxelas ( con raias que se entrecruzaban9 , "erizos" moi semellantes a un sol ou espadas que parecían paus. Pero tamén houbo Espinetes ou Epis moi completos e ben feitos. Sobre todo quería destacar o elefante que fixo Hugo , pois normalmente non lle gusta moito debuxar pero esforzouse moito e fixoo moi lindo ( ata o coloreou).
Aproveito que falo dos debuxos para dicirvos que xa rematamos os sete debuxos do conto de Xan e comezamos a colorealos. Xa levamos dous pois pinatlos e moito mais rápido. A semán que ven , probablemente , rematarémolos e , quizais, comezaremos a gravar as voces.
O Venres iniciamos outro conto , pero este impreso, titulado "O Tulipán". Hai unha versión multimedia na miña páxina web(picade aquí) onde podedes ver e oir a historia. Ímolo ir facendo pouco a pouco , con idea de te-lo rematado para o 17 de Maio ( Dia das Letras Galegas).
Estivemos falando neste días dos alimentos de orixe vexetal fronte ós de orixe animal. Sería bo que cando estivesedes na casa comendo ou preparando o xantar , comentarardes con eles a orixe do alimento (se non entenderan por animal e vexetal dicídelle si veñen dunha árbore ou pranta, ou dun animal). Hai varios que teñen claro , como froitas ou verduras , pero cos elaborados como a fariña ou embutidos ,confundense mais. Recordádelle que os lacteos veñen do leite e son de orixe animal.
Como vos comentei andivemos vendo flores e árbores dentro dos bits , por eso , tamén se vos coincide, comentade con eles/as o nome dalgunha flor que vexades ou dalgunha árbore ( se ten froito dicídelle cal é e o nome). Aproveito esto para preguntarlle a María ( a nai de Carmen) que si sabe , me diga o nome das flores que trouxo o outro día a nena , pois eu quixenllo dicir , pero como son moi "orbanita" non o souben. Gracias