Diario de experiencias dunha clase de Ed. Infantil do Ceip Ponte dos Brozos, en Arteixo - A Coruña.

TABOEIRO DE AVISOS

FELIZ 2010

lunes, junio 02, 2008

Esta semán publico o comentario un día antes pois mañán marchamos a Barcelona á entrega dos premios Edublogs 2008. Ainsa que só unha é a agraciada imos mais xente para velo e poder escoitar algo novo. Esta viaxe é subvenmcionada pola Fundación Amancio Ortega dentro do Proxecto Ponte dos Brozos. Imos Ana ( blog Globolandia) , Bea ( blog los pulpis( , Aurora ( Blog premiado Thinkin English) , Fernando ( blog sobre as relacións con outros centros e as visitas feitas) e mais eu.
Da clase contarvos que estamos rematando o libro de pictogramas, quédanos a derradeira páxina do conto da cabriña e a pereira ( contáronvolo na casa?) , logo faremos a portada e listo. Ides ter o veran para leelo con eles/as.
Estivemos tamén preparando un bodegón que imos facer nos vindeiros días baseado nun cadro de Cezanne. Nos ímolo facer diferente pois o noso vai ter volume. O luns colorearon as froitas e picaron duas ( as outras duas recorteinas eu pois eran dificiles para recortar e xa me parecía moito traballo de picado). Ademais aproveitando a explicación do que era un bodegón, falamos tamén de que hai cadros que poden ser retratos ou paisaxes. A vindeira semana intentarei que cada un faga un modelo de cada. Logo do recreo xogaron , mentres algúns remataban a ficha do submarino e a purpurina.
Parece que se comeza a notar a chegada da Primavera pois as conversas d@s nen@s xiran o redor d@s moz@s que teñen ou non teñen. Ata nos levamos unha sorpresa pois Carla chegounos a dicir que Paula estaba embarazada. por suposto , ó igual que as estrelas do "cuore" negouno todo e dixo que non era certo. Enterámonos de que había moitos noivos e Carla e Marco saian do cole agarrados da man, é que ...xa se sabe que a Primavera o sangue altera.
Fora de rumores infundados , viñeron pola nosa clase clase " A panda de montros refugalladores" , que a pesares do seu nome non eran malos , mais ben todo o contrario. Aproveitando que o Xoves se celebraba o Día do Medio Ambiente, estaban facendo unha recolleita de lixo coa súa correspondente separación ( orgánico, papeis , plásticos, ...). Nos intentamos axudar algo. Esta idea da clase dos Pulpis ( se queredes saber mais , mirade o seu blog na marxe esquerda) é moi boa , pois é moi importante irnos concienciando que temos que reciclar e que para eso hai que separar o lixo. Espero que todos na casa o fagamos ou polo menos cooperemos dalgunha maneira.
Teñovos unha nova importante: O venres que ven, se as autoridades peryinentes o permiten, vaise estenar mundialmente o conto de Xan o Porquiño. A estrea será neste blog. O "pase" será mediante un video pero logos @s papas e mamas poderan velo con mais calma no DVD que levaran @s nen@s cando remate o cole.