Diario de experiencias dunha clase de Ed. Infantil do Ceip Ponte dos Brozos, en Arteixo - A Coruña.

TABOEIRO DE AVISOS

FELIZ 2010

viernes, junio 13, 2008

Cun retraso de 10 minutos ahi vai o estreno mais esperado da tempada, espero vos guste

Remata o curso e andamos tod@s bastante acelerad@s intentando pechar tódolos traballos . Estes días as forzas xa van bastante xustas , o bo tempo incita mais a sair e xogar que a traballar pero hai pequenas cousas por facer. Así estivemos facendo unha das derradeiras fichas do libro de plástica ( quedanos outra sobre un cadro de Picasso) que vai ambientada nunha praia. Había que simular a area e a Carmen Nemiña ocurriuselle a idea de mesturar area de praia coa pintura. Engadímoslle cola branca para que aguantase millor e o efecto foi moi bo pois parece tal cual. Por enriba pegaron cunchas das que trouxeran no inicio de curso ( do verán anterior) , vedes que aproveitamos todo (ás veces teño a sensación de que a clase e un almacén de reciclaxe).Tamén rematamos o Libro dos Pictogramas (falta a portada). Temos xa feita a portada das fichas do terceiro trimestre. Tivo un traballo moi laboriosos pero o resultado foi "moi fashión" pois ten moita purpurina. Mirade un exemplo na foto na foto final



O Martes houbo sorpresa pois invitáronnos a presenciar unha sesión de maxia. Veu un espectaculo ofrecido por Cristhian Magic. Todo foi moi interesante, houbo varios voluntari@s para axudar ó mago ( da nosa clase ningún pois a quen llo pedíu , logo non quixo ir). Sairon moi content@s e dicindo que fixera trampa pois non sei que lle viran cun pano.
Como se anunciou hoxe será o estreo do maravilloso conto "Xan o porquiño" en versión "peli". Pero ó igual que as estreas estelares de Spielberg , a hora será as dez da noite ( mais ou menos).