Diario de experiencias dunha clase de Ed. Infantil do Ceip Ponte dos Brozos, en Arteixo - A Coruña.

TABOEIRO DE AVISOS

FELIZ 2010

viernes, junio 20, 2008

Resumo do curso 2007-08

Para a Xente que non puido estar na derradeira reunión só comentar alguns conselliños para o verán
* Se querdes que fagan algo (só se aburriran un pouco nos primeiros días , mentres teñan "mono" do colexio), que debuxen e , a poder ser, dalgún conto ou historia que oiran antes (se son dous ou tres debuxos ordeados temporalmente , mellor). Si van a algún sitio ou fan algo especial que fagan un debuxo e o traian logo das vacacións. Teño en mente m facer algo con eles.
* Escribi-lo seu nome de xeito enlazado.
escribi-los números dende o 1 ata o 6. Face-lo mesmo pero do 6 ó 1. ( Se fixeran algún do revés, poñerlle flecha de inicio do número).
* Se quixeran facer algunha das letras traballadas , mirade na fila a direccionalidade coa que trabllaron.
* Recoñecer vogais nun texto.
* Xogar a ver que vocal ten unha determinada palabra
* Recortar pouco pero ben
* Calquer idea que se vos ocurra a partires das fichas que fixo durante o curso
* DISFRUTAR das vacacións


Remato con este video que levastes no DVD de fin de curso.
Estas foron algunhas das cousas que fixemos dende Setembro e ata antonte . Despois de velo, decátome de canto traballaron e do ben o pasamos.
Gracias a tod@a pola vosa colaboración e vémonos en Setembro (probablemnte o día 11 e ás 10 da mañán)


Baile final

Estoutro é o video da festa do do derradeiro día. Vendoo , está claro que a parte correspondente a danzas ou bailes non llas ensinou o seu "profe". Xa lle gustaría bailar tan bén como algun/nhas deles/as. Vese moito estilo , ata pode que algo de exhibición.

Tarta de fin de curso

Aqui vos deixo un video coas fotos de como fixemos a tarta de fin de curso.

jueves, junio 19, 2008

Derradeira semán

Desta semán deixovos algunhas fotos da festa do derradeiro día , tamén hai un video que en canto poida vou editar e subir. Non son moitas fotos pero son as que hai. Gracias polas louvanzas sobre o conto pero o merito é dos que o fixeron , o director só se limita a supervisar. Vista a experiencia, para o vindeiro ano facemos outro (ou outros) , ben con novas voluntarias ou coas mesmas (o soldo será o mesmo deste ano). Deixo tamén duas fotos da nosa "horta", para que vexades que "rabanitos" (perdón ,pois non sei o nome en galego) e xirasoles temos.
No lado esquerdo puxen unha ligazón nova onde podedes descargar as fotos da festa mais as de preparación da tarta ,(tivo un éxito só regular, pois houbo quenes repitiron e quen a probou por obrigación). Eu tomei un anaco e estaba boa , quizais un chisco doce. En canto poida poñerei un video moi curtiño explicando a elaboración. O mesmo que antes tamén hai poucas fotos desto.


Posted by Picasa