Diario de experiencias dunha clase de Ed. Infantil do Ceip Ponte dos Brozos, en Arteixo - A Coruña.

TABOEIRO DE AVISOS

FELIZ 2010

lunes, septiembre 01, 2008

Comezo de curso

Ainda que sin nen@s hoxe comezamos a traballar. Estes son días de reunións e preparación do curso. Como sei que hai xente que está pendente de cando van comeza-las clases coméntovos que estas se inician oficialmente o día 11 , Xoves. Ese primeiro día, como ven acontecendo dende hai moito tempo, non haberá clase e so teremos unha xuntanza cos pais e nais , na que falaremos do vindeiro curso. Así mesmo facilitarei a lista do material( se ben o nome dos libros de fichas xa están expostos no edificio das oficinas). O horario da xuntanza será as 10 da mañán , moi probablemente, e a duración da reunión sobre unha hora ou hora e media (comento esto pola xente que precise pedir no traballo). Nos vindeiros días vos confirmarei este horario.