Diario de experiencias dunha clase de Ed. Infantil do Ceip Ponte dos Brozos, en Arteixo - A Coruña.

TABOEIRO DE AVISOS

FELIZ 2010

lunes, septiembre 22, 2008

Ainda que seguimos de repaso xa estivemos esta semán un pouco mais "serios". Adicamos o Luns a recorda-la letra i , sobre todo trazo, pois ainda está verde nalgúns casos. Tamén iniciamos a lectura de letras ( por suposto só de vogais) e con ela esa "cartilliña" de puntos da que vos falei na reunión ( cando vez que lean correctamente levan un gomet que teñen que pegar na sua "cartilla", cando cheguen ós 20 gomets, premio da bolsa dos xoguetes). Estaban un pouco sorprendid@s pois non remataban de comprender como ía ser o xogo pero así que vexan que van enchendo a folla de gomets, hase ir animando mais a ler.
Por outra banda continuan pasando nen@s polo xogo de "Vamos a leer con Pipo" ( ainda faltan sobre 7-8), pero só fan unha das partes ( cada letra ten tres partes: xogo dos peixes, da illa e do explorador) que é a correspondente ós peixes ( aqui dentro teñen seis actividades diferentes relacionadas coa letra).
O Mércores comezamos co Libro de Lectura. Logo dos anteriores libros de pictogramas e letras que fixeramos , agora tócanos facer o de lectura. Só fixemos a primeira páxina , pois ainda faltan algúns cartafoles con fundas para gardalas páxinas.
Tamén estivemos escribindo no xornal duas novas. Unha tróuxonola Susana era referida as súas vacacións e a outra aconteciulle a Xiao e ten que ver cunha araña e a súa alimentación. Moi expresiva a cara de Xiao.
Aproveitando que ainda non comezamos a traballar cos libros e que andamos con algo mais de tempo libre , o Xoves puxémonos a traballar coa pasta de modelado. A idea era intentar facer un cadriño tridimensional sobre o verán ( un barco de vela no mar). Fixémolo en duas tandas ( de 12 cada unha) e levounos toda mañán. O resultado foi bastante bo pero a sorpresa veu o Venres pois para facela base do cariño aplastamos a pasta e recortámola con forma ovalada, todo correctamente , o problema veu que como esa base era moi delgada cando seco combou polas beiras deixando de ser cha. Intentei recuperar un pouco o estado "orixinal" pero non non se pode moito pois hai risco de quebrala. O resultado vai ser igual moi bonito pero non tan lucido como esperaba.
Rematamos a semán co repaso de novo da i , mais outra páxina do Libro de Lectura. Teño previsto mandar os cartafoles o Venres que ven . Nel levaran as páxinas do libro feitas, mais un conto da biblioteca de aula.