Diario de experiencias dunha clase de Ed. Infantil do Ceip Ponte dos Brozos, en Arteixo - A Coruña.

TABOEIRO DE AVISOS

FELIZ 2010

martes, septiembre 30, 2008

Comezamos cos libros

Esta semán xa fomos "en serio" , comezamos cos libros e comezanos a escasear o tempo libre. Estivemos repasando a vogal u , se ben case que tod@s a recordaban. O trazo xa non o lembraban tan ben como quixeramos pero coas fichas destos días seguro que o imos mellorar. Os libros deste ano tráennos un novo amigo, chámase Muna e forma parete da panda dos Charamuscas. Este persoaxe vai ser quen nos acompañe durante o curso enos ensine cousas novas. Para presentarvolo fixemos unha todos xuntos con él.Como o primeiro libro fala da escola, estivemos mirando nunha lámina outros tipos de escolas. Habíaas moi parecidas pero tamén outras moi diferentes diferentes, sobre todo duas que debían ser de Africa e Asía.Vimos que as clases de Asia non se parecían as nosas, só se parecían en que tiñan paredes, mesas, sillas, mestre, alumn@s e libretas; mentres as de Africa só tiñan mestre e alumn@s(eles decían que porqué eran pobres) pois non había nin recinto , era un patio exterior.
No ordenador estivemos practicando co teclado ( como non temos nada para escribir no xornal) . Nel tiñan que ir copiando nunha columna dunha taboa seis palabras que comezaban por i. Esto vanno facer tamén coas outras letras.( abaixo vos deixo unha imaxe da taboa).
Lémbrovos que si tedes algo para o xornal dos Carrabouxos , non vos esquezades de traelo. Pode ser algo que lle chamara a atención na tele ou nunha revista , algo que lle pasara a él/a ou a algún familiar. Eso sí que faga algún debuxo e ,si queredes, mandádeme o texto(polo menos unha idea para que eu poida ver que imos poñer).
O Venres levaron a carpeta, que conseguimos ter preparada,un chisco de agobio.Nela vai o Libro de lectura ademais do Conto que vai e vén. ( os contos escollero0nnos eles/as).Dentro van as "instruccións" de funcionamento desta experiencia de préstamo de contos.A verdade é que non tod@s pasaron agobio pois houbo quen xa tiña feito todo antes do recreo, mentres houbo outros dous que remataros dous minutos antes de soar a sirena de saída. Os que remataron estiveron vendo a " peli" de "Kirikú e as bestias salvaxes". Xa viran outra de Kiriku (un neniño de 4-5 anos que vive en Africa) o ano pasado e lles gustara moito a case tod@s. Os debuxos son moi diferentes dos de Disney e a temática é menos doce e mais real.
Como comentei deixo unha imaxe das táboas da letra i que estiveron facendo , a vindeira semán faremos da letra u.