Diario de experiencias dunha clase de Ed. Infantil do Ceip Ponte dos Brozos, en Arteixo - A Coruña.

TABOEIRO DE AVISOS

FELIZ 2010

viernes, octubre 24, 2008

Samain

Ó igual que a semana pasada lle din a benvida a Begoña ( a nai de Ariadna) doulle tamén a benvida a nai de Ariadana o grupo de comentaristas (ou tertulia do blog) , como di Marý. Xa sei que hai moita mais xente que le o blog , xa sei que moitas veces non sabedes que escribir pero , de verdade, que se agradece un montón ver que hai alguén ó outro lado do "teléfono". Como xa comentei , ás veces , tiña a sensación de falar só. deste xeito sínto que hai alguén doutro lado. Por suposto gracias a Mary pola campaña publicitaria que fai do blog , xa non fai falla que mande ós Latin Kings para que fagan comentarios ; ))) jeje, jeje. Gracias , moitas gracias a tod@s.
Por vez primeira celebramos o Samain. Esta é unha festa que eu pensaba estaba importada de USA e nunca fun moi partidaria de celebrala. Ainda o Xoves cando preguntei na clase que celebrabamos dixeron .... Halloween, só Paula acordouse da cabaza que trouxera Celia e que había outro nome. Logo Iago leuno no encerado ( pois o escribiramos o día anterior). Cada vez hai mais informacións que demostran que a súa orixe é celta e que estaría relacionada co a sempre celebrada data de difuntos.Por este motivo este ano celebrámola dun xeito suave facendo un colgarecho para adornalos pasillos. Ainda que foi algo sinxelo levou tempo pois era unha cabaza pequeniña pero polas duas caras , que logo había que pegar cun papel celofán no medio. Quedou ben , agás na parte correspondente ó recortado. A meirande maioría levouse bastante da cabaza por diante e non porque non saiban recortar mellor , senon por apurar. Para a celebración contamos coa colaboración de Celia que nos trouxo unha fermosisima cabaza baleriada e cos seus correpondentes ollos, nariz e boca, era moi, moi linda. Fixemos unha foto con ela de recordo.
Tamén tivemos "visita virtual" pois coñecemos un novo personaxe do xardín máxico (ese xardín onde viven seres extraordinarios que nos van axudando a coñecer as diferentes letras) . Esta vez foi unha mosca que se chama Misi e que co seu zubido e a súa posición das patas presentounos a letra M ( podedeslle preguntar a ver que recordan do conto e que foi o que lle pasou a Misi con alguén que lle daba moito medo). Parece que se van familiarizando con ela, ( había quen xa a coñecía) co seu son e co seu trazo. Limos palabras como moa, momia, mamá ou meu ( de momento temos pouco onde elixir) e nos vindeiros días seguiremos facendo xogos que nos axuden a interiorizala.Para a portada do libro da letra e, ademais, recordar ben o seu trazo , fíxemola en plastilina.
Como era o Samain e no noso pasillo non había moita ambientación decidin que foramos visitar o pasillo de catro anos que estaba precioso. Na entrada había unha mesa con varias cabazas e logo diferentes tipos de froitos de Outono. Alí atopamos á "profe" Mª Luisa que nos comentou a posibilidade de "prestarnos" unha caixa chea de diferentes setas que lle ían deixar a ela doutra clase de Primaria (esto é o que se chama "reciclar os recursos") e como tiñamos en mente falar delas pois aceptamos a proposta encantados. O Luns estivemos observando unha preciosa seta "lepiota" ( coido ses era o nome) que trouxera Lidia. Vimos que tiña diferentes partes e aprendimos os seus nomes. Quizais vos falaron do pe , o sombreiro ( ainda que eles lle chamaban gorro), o anel , as láminas o himenio ou a volva. Logo "toda esa morea de coñecementos" pasámola ó pale e fixemos unha adiviña e puxémoslle o nome ás partes dunha seta.
Na caixa que nos deixou Mª Muisa decatamonos que non tódalas setas tiñan as partes que "estudiaramos" e que as había de formas moi diferentes ( segun eles/as algunha parecía un tronco), ata as había que manchaban coma se foran maquillaxe.
Comentarvos que esta semán só levan unha páxina do Libro de lectura pois entre o Samain e ter un día menos de clase non deu tempo a mais.Tamén que este Xoves levaron unha nota sobre o Magosto que imos celebrar o Mércores que ven. Recordade que veñan as castañas cortadas .
Levaban tamén o primeiro libro do método polo que a carpeta ía chea pois entre o portafolios do Libro de lectura, o conto , a nota, o 1º libro e o"O conto que vai e ven" estaban que estoupaban todas as carpetas. Por favor , se podededes reforzadelles a asa de collela pois estan rompendo co transporte continuo e eu amañollas pero non é o mesmo amañar unha que amañar sete e durante a clase. Vos podedes facelo con mais calma. Se alguén quere cambiarlle a cordiña da asa pode facelo. Gracias.Sobre as fotos e a súa boa calidade comentar que eu axúdolles a encuadrar algúnha pola que eu teño interese ( pode ser por unha activividade que estamos a facer) , logo eles/as quitan outras duas ó que queiran ou a quen queiran. Ata o de agora o unico problema é que teñen medo á hora de apretara o botón e coidan que fixeron a foto e non a fixeron.Eu non vos poño todalas que fan , só escollo as que , loxicamente, me interesan para ilustrar o blog. Cando remate o curso manadareivos todas e podeds ver que hai de todo. Esta semán fotografiaron Hugo, Marco, Iago e Paula.

martes, octubre 21, 2008

Xa facemos dictados

Este Luns pois por vez primeira fixemos un dictado. Dito así soa moi raro e como cousas de maiores pero se o pensades ben un dictado non é mais que unha persoa que vai dicindo algo e outra(s) que o van escribindo. Pois eso é o que fixemos , eu ía dicindo cousas diferentes ( letras , números, formas, debuxos , símbolos) e eles íanas copiando. O resultado foi boisimo pois tendo en conta que somos unha clase moi ruidosa houbo un silencio case total durante a experiencia e non foi porque eu estivese mandándoos calar todo o tempo senon porque estaban concentradisimos ( exisíao a actividade xa que non se repetía o dito , non se podía borrar e eu ía falando lentamente pero cun ritmo que non permitía durmirse). Algo que tamén @s motivou moito foi que cada liña que facían, eu "correxiaa" ó momento e poñialles ben , regular ou mal ( algo que nunca me gustou facer). Esto parece que os motivou bastante pois estabano esperando con ansiedade ó rematar.
O Martes comentamos a outra lámina do tema que estamos a traballar (colexio e corpo).Falamos de que era o que coñeciamos do "cole" , de como se chamaban os "profes" do nivel (non tod@s o sabían) ou o director, que cal era o nome do colexio. Despois comezamos a segunda ficha do Libro de plástica na que había que rematar unha paisaxe de Outono ( na ficha había duas casiñas sobre uns campos brancos) usando ceras brandas e pintando o chan co pincel (usamos diferentes tons de marrón , amarelos , laranxa). Fixo algunha das fotos Aarón e onte Abel.
Rematamo-la mañán facendo un retrato do "profe" , os debuxos foron todos moi simpáticos e bonitos. É moi curioso como nos ven @s nen@s pois poden decatarse de detalles que nos que os adultos non reparamos.

Este Xoves comezamos unha nova "escultura" de pasta de modelar adicada ó Outono, haberá que esperar unhas semanas para ve-lo resultado pero estou seguro que será fantástico. Queremos facer unha paisaxe cun par de cogumeliños, un caracol e unha xoaniña. Adicámoslle todo o tempo ata o recreo. Traballamos en grupos de 12 , mentres o resto ían facendo unha ficha cunha paisaxe tamén do Outono pero que tiña moita laboriosidade xa que había que pintar , picar, pegar e recortar. O Xoves só a remataron 7-8. A actividade coa pasta saíu moi ben e foi moi tranquila ( non sempre é así) pois fómolo facendo en pequenos pasos que eles/as foron dando ( tampouco sempre é así , pois hain@s moi adiantad@s). Total que moi positiva. Agora toca esperar a que seque para pinta r despois e ó final pegar (pois as "pezas" fixémolas soltas para pintalas mais doadamente).

Fotos son de Nico e Ainara

O Venres comezamos a decorar as mitades dos tetrabrik que vos pedira. Por se non volo explicaron a súa función é que cando fagamos o Magosto esta caixiña nos sirva para ter as castañas , ademais de para botar logo as cascas. Pois ben estivemolas "forrando" de papel de seda con cola branca. Collían tiras de papel de diferentes cores e íanas poñendo ó redor do cartón. Non o fixeron nada mais que 12-14 pois para poder axudarlles eu coa cola branca, tiña que ser de dous en dous. Mentres estiveron vendo o remate da peli de Hortón e outr@s rematando a ficha que comezaran o Xoves sobre a paisaxe do Outono ( por certo e , en xeral , con non moi bo resultado).

Esta semana tamén tivemos aportacións por parte de Celia que nos trouxo algúns ourizos e algunhas castañas
Doulle a benvida ás colaboracións no blog a Begoña , a nai de Iago , e agradezcolle a aportación da web El huevo de chocolate. Se picades no nome podedes ir a ela.Esta moi ben. Aproveito e vos comento que a miña compañeira Maite pasoume un enderezo onde hai moitas fichas para traballar a lectoescritura. Tedes a ligazón na marxe dereita ou tamén podedes picar aquí. Tamén benvida a Mary , a nai de Paula, ainda que ela non é nova nas colaboracións. A María dicirlle que si traballan arreo , como sempre, quizais calquer día vanme denunciar por explotador de menores. Todo o que fan coa pasta de modelar queda moi bonito e eles/as estan desexando levalo a casa ( sinal do orgullos@s que están)..O das pedras é imposible que as leven pois , como sabedes , non as hai no patio. Nos outros dous patios estan por todas partes e son o xoguete preferido deles/as.

Na marxe dereita puxen un blog mais que é d@s compañeir@s de primeiro. Acaban de comezar con moita ilusión. Tamén aparece un novo (arao) que é do compañeiro Ramón pero que está no lugar do seu anterior blog "Cousas da escola"


domingo, octubre 19, 2008

Precisando os comentarios

Tan só quero facer un par de precisións os derradeiros comentarios. Por suposto gracias por eles e polas louvanzas, a verdae é que son moi traballadorciños tod@s. A nai de Carla comentarlle que os tempos cambian e agora son as mulleres as que acosan os homes ; )) ( é unha broma). Victor e Carla teñen moi boa relación pero como Victor é moi timido pois Carla amosase mais decidida. Sinto o tema do idioma, vou intentar buscar unha solución nesta semana pois ainda que blog vai dirixido á xente maioritariamente galegafalante , tamén hai quen non o domina de todo e tratase de comunicarse polo tanto hai que dar facilidades. A nai de Aarón e Ainara dicirlle que , probablemente, o "profe" tampouco foi moi claro na reunión , ademais de que o tema do conto que vai e ven saíu a posteriori. É normal que lean de corrido pois polo de agora é sinxelo todo, vaise complicando cando aparezan as consoantes pero o importante e que collan o hábito de ler na fin de semana e que pouco a pouco se motiven. Este é un proceso lento e que require paciencia pero sobre todo regularidae e constancia. Procurade ter sempre a mesma hora para ler de tal xeito que @ nen@ o vexo como algo habitual.