Diario de experiencias dunha clase de Ed. Infantil do Ceip Ponte dos Brozos, en Arteixo - A Coruña.

TABOEIRO DE AVISOS

FELIZ 2010

sábado, enero 17, 2009

Contestación ó comentario

Este "post" é a contestación ó comentario de para Vero.
Antes de nada recordarche o famoso dito de de "Cada maestrillo tiene su librillo" polo que o que eu faga non quere dicir que sexa o correcto , hai outras metodoloxías diferentes que tamén dan moi resultado.
O que eu fago , e fan a meirande parte dos compañeir@s cos que traballei e dar soamente as vogais en catro anos. Coñezo algunha compañeira que no derradeiro mes , mais ou menos, presenta algunha consoante ( enconcreto a letra R pois razoan que é un fonema moi doado de distinguir). Esta xente tiña moi bos resultados. Eu non o fago porque tampouco sigo a mesma orde á hora de presentar as consoantes xa que eu comezo polo M ( non para facer Mi mamá me mima ; )) . Con respectoas vogais en catro comezase , habitualmente, polo i ( a razón é que eu teño é que o facemos con enlaces polo que a súa grafía e semellante a do número 1 , co que xa traballaron recientemente. Logo vai a letra u por ter unha grafía igual a do i. Nesto coincido con moita xente. A partires de aqui eu traballo a, e ,o por parecerme que as súas grafías se van complicando nese orde. Non me xtendo mais pois tampouco quero ser aburrido . Calquer dúbida preguntasma o meu enderezo de correo que é a primeira letra do meu nome (j) seguido do meu apelido(casales), seguido de @edu.xunta.es. Todos estes caracteres seguidos e con minúscula.

1 comentario:

mamiago dijo...

Parabens por permitir o debate sobre o ensino. Parabéns por deixarnos ver os vosos avances. A min gústame. Bikos, e aos nenos, sodes estupendos e non sabedes a sorte que tedes.