Diario de experiencias dunha clase de Ed. Infantil do Ceip Ponte dos Brozos, en Arteixo - A Coruña.

TABOEIRO DE AVISOS

FELIZ 2010

jueves, enero 08, 2009

Xa estamos no 2009

¡Ola! xa estamos por aqui de novo
Como só houbo dous días de escola non hai moito que contarvos. Falareivos un pouco da "asamblea" que fixemos o primeiro día. Nela cada un/nha ía contando como pasara as festas (sen mencionar nada de que agasallos tiveran pois eso viría logo). Falaron case tod@s (agás 2-3) e, como sempre, tamén houbo quen non calaba.
Loxicamente a exposición común foi a de que estiveran nas festas cos familiares mais achegados, que o pasaran moi ben e que moit@s comeran as uvas. Como comentarios diferentes poderiamos citar a:
"Non comin uvas , eu comin aceitunas pois me gustan mais" (Irene)
"O padriño de Alejandra trouxo gorros para a festa"(Carmen)
"A miña irmá Laura comíu as 12 uvas e logo quería mais" (Susana)
"Eu nas festas choquei de cabeza cunha árbore? "(Martín)
"Eu nas festas fun xantar ó ..... Burger King - e comin petit suisse- (Xiao)
"Pasei cinco días en Marrocos con meus tíos e curmáns"(Alexandra)
"Aarón esta malito por que lle caíu un banco no pé , cando estaba descalzo e chorou moito"(Ainara)
Cando falamos do que lles trouxeran os Reis ou P. Noel , tivemos unha sorpresa pois a Iago tamén lle trouxeran xoguetes o "olentzero" (picade na palabra se queredes saber algo mais) que é un señor de barba que fuma en pipa(versión Iago) e lle trae agasallos ós nenos. Por suposto, e dado o bos que son @s nen@s desta clase, a lista de agasallos que deixaron foi enorme. Houbo de todo , sorprendéndome que a 4 nen@s lles regalaron un MP4 ( por certo souberon explicar moi ben que era eso). O que houbo pouco , polo dito por eles/as, foron contos, puzzles ou xogos de construcción : (
O Venres estivemos vendo que tal andabamos na lectoescritura e teño que recoñecer que bastante ben , incluso houboos/as que mellorararon. Practicamos coas letras traballadas e todos se gañaron o seu gomet ( por certo que xa hai tres novos/as premios ó completar os 20 gomets, pero ainda non nos deu tempo a escribilo no Xornal). Fixemos ficha de repaso ,que continuaremos a semana que ven, pois non presentaremos unha letra nova ata dentro de uns días. Por este motivo, ademais de por ter poucos días de clase, esta semana non vai o Libro de Lectura para casa. Cando o mande de novo irá na carpeta do 2ª Trimestre que non levara cordiña para agarrar, esta vez debedes de poñerlla vos , si queredes que a teña, pois a min levame moito tempo poñer 24 cordas e a vos non vos supón nada. O que non queira que non lla poña.
A foto que deixo é do Venres que estivemos vendo uns contos na PDI

3 comentarios:

Mary dijo...

Ola de novo.Imaxino o "nerviosos" inquietos e impacientes que estarían, contandoche o ben que o pasaron e todas as cousas que lles troixeron. ((Supoño, que che "tolearían" a cabeza e non terías máis oidos para escoitalos a todos)).
Sobre as novas tecnoloxías, xa controlan máis eles ca nos é incrible, como lles quedan as cousas (que lles interesan) na cabeza (oxalá me quedaran a min, así).Eu vexo que nos ordenadores, collen as cousas rapidísimo. ((A este paso, enseguidiña imos a quedar os pais "anticuados")).
Fora bromas, espero que Aarón se poña ben moi axiña, pois xa oin que levara un golpe moi forte nun dediño. Un biquiño para él e outro, para Elena. Saúdiños para todos

Marta dijo...

Ola José Carlos, antes de nada felicitarte por todas as actividades que fas cós teus nenos e nenas e pola túa forma de recollelas nesta bitácora.
Tamén son mestra de Infantil, recén aprobadiña deste ano!
Quería facerche unha consulta sobre a creación de blogs porque vexo que estás bastante posto nisto. Deixóche o meu correo electrónico:naliem17yahoo.es, có fin de poder facerche esa consulta.

Moitas grazas.

Maria dijo...

Bos dias, aproveito este medio para comentarche de que Carmen máis a sua irma estan maliñas,típica gripe do inverno.
Respecto das últimas novas vese na foto que están moi atentos a pantalla,igualiño que si estiveran no cine.

Saudiños