Diario de experiencias dunha clase de Ed. Infantil do Ceip Ponte dos Brozos, en Arteixo - A Coruña.

TABOEIRO DE AVISOS

FELIZ 2010

sábado, febrero 21, 2009

Desfile do Antroido

Deixovos a tan esperada presentación de fotos do Antroido. Poñede un babeiro pois vos vai facer falla ó ver o guap@s que están , a que si?. Non fai falla que vos diga que as fotos individuais foron quitadas un pouco de presa e por eso hai pequenos erros ( colocación dos narises, vasoiras con bolsa, colocación d@s nen@s ) pero penso que lucen moitisimo. Comentarlles ós pais/nais de Carla, Xiaos, Ari e Paula que as fotos dos seus fill@s teñen un fondo diferente pois mentres as estaba facendo tiven que parar un momentiño por temas da clase e cando voltei "levárannos" o boneco de neve. Fixenlles algunhas sen boneco e outras co boneco noutra situación.
Cando comecei a ver as fotos decateime tamén que non fixera nin unha soa dos disfraces que había polo pasarúas ( Carapuchiñas, lobos, etc) que houberan quedado moi ben na presentación pero no momento non me cain en facelas. Si alguén ten algunhas fotos desas e mas quere achegar , encantado as engadiría a presentación. á volta das vacacións traedesmas nunha memoria Usb ou na mesma tarxeta da camara e xa volas devolvo no mesmo día.
Deixovos tamén unha ligazón ás fotos por si as queredes ver mellor ou descargalas. Picade aqui (ou na marxe dereita).

3 comentarios:

ANA dijo...

Pero que guapos foron estes bonecos de neve!!! Foi toda unha sorte que o tempo acompañara para poder saír a dar un paseiño, que a mi permiteme achegar as fotos e ver a algún dos meus globiños!!! Moitas felicidades polo voso traballo!!
Moitos biquiños

mary dijo...

Ola, a verdade é que sí nos cae a baba, pois están todos guapísimos. Os disfraces, quedaron moi chulos e estaban moi simpáticos. Daba gusto velos por Arteixo. Ademáis dos nosos fillos, tamén houbo outros disfraces moi bonitos doutras aulas.
Tamén estaban moi chulos os antifaces que pintaron e recortaron. Víctor, asustou ó pai cando chegou a comer.
(Carapuchiña e o lobo, andiveron bastante escondidos e escapando un do outro polo que, era bastante dificil sacarlles fotos)). Estou segura de que alguén, faría un "roubado" e che levará algunha foto. Un saúdiño e a disfrutar destes poucos dias.

MARIA dijo...

BOS DIAS, COMENTAR QUE O DESFILE ESTIVO MOI BEN, IBAN TODOS MOI CONTENTOS E OORGULLOSOS,AINDA QUE O FINAL XA ALGUN TIÑA FAME E XA ESTABA ALGO CANSO.FOI IMPRESIONANTE VER TANTOS NENOS POLO PASEO DISFRAZADOS,UNHA EXPERIENCIA MAIS.EN FIN, AGORA TOCA VOLVER A NORMALIDADE DIARIA.
ATA A PROXIMA.