Diario de experiencias dunha clase de Ed. Infantil do Ceip Ponte dos Brozos, en Arteixo - A Coruña.

TABOEIRO DE AVISOS

FELIZ 2010

viernes, febrero 27, 2009

O ferreiro

Destes días de festa xa estamos outra vez aquí ainda que sexa para contarvos pouquiñas xa que dous días non dan para moito.
O Xoves estivemos comprobando se estes cinco días causaran moito "estrago" na parte da lectoescritura. A resposta é que non pois dos 22 que estaban só tres non foron capaces de ler aslgunha frase. Rematamos o libro da letra p , quedando a postada para o Luns.
O Venres tivemos video pero non tan lúdico coma outras semanas senon mais didáctico. Xa fai varios días os pais de Ariadna ofetáronme a posibilidade de ir ver como se ferraba un cabalo. Por diferentes motivos eu rexeitei o ofrecemento pero si lle pedin que si , por favor, podían me mandasen fotos e videos de como se facía. Como levamos un tempo falando dos oficios e profesións aproveitamos este material e estivémolo visonando. Ademais invitamos @ compañeir@s da clase do peixe (a profe Lidia). Aprenderon bastantes cousas ainda que o que mais lles chamaba a atención eraun canciño que saía. Puidemos ve-las ferramentas que usaba, que hacái falla estar forte para facelo traballo e que o resultado era excelente. Comentamos que os ferreiro fan outras cousas e non só ferraduras e que non só se ferran cabalos (alguén comentou que tamén as vacas). Xa postos, ó remate do video, aproveitamos para falar doustros traballo e de que ferramentas usan. Eran oficios coñecidos ( albanel, mecánico, perruqueira, doutora, cociñeiro, ...) e os utensilios eran tamén moi coñecidos. Agás algunha dos carpinteiros como "Jubia" ou o cepillo.
O debuxo que vai no post é de Iago disfrazado de pallaso. Fixoo nas vacacións, esforzándose moito. Se queredes ver outros debuxos deles/as disfrazad@s ide "O xornal dos Carrabouxos" e veredes outros tamén moi bonitos que fixemos no cole.Aproveito e comento Que no xornal temos o primeiro comentario posto por un neno da clase. Paréceme fabuloso , pois sei que varios vedes os blogs na compaña deles/as e supoño que vos faran comentarios pois esta vez Victor deixounos a súa opinión.

Deixo aqui o video de "Como se ferra un cabalo" pois me parece moi interesante para amosar o traballo do ferreiro. Gracias ós pais de Ari pola colaboración pois non todo o mundo pode ver como traballa un ferreiro.

3 comentarios:

MARY dijo...

Ola, pareceme estupendo que vexan como traballan os ferreiros, pois non é un oficio moi habitual e polo tanto, non todo o mundo o pode ver. Ademáis de velo os nenos, tamén o podemos ver os pais, xa que estou segura de que moitos (coma min), non o viron nunca. Moitas gracias ós pais de Ari, por ensinarnos a todos e pola invitación ainda que non poidera ser.
Do tema do xornal, como ben dis, a Víctor, gustalle moito velo conmigo e o blog tamén. Cóntame moitas cousiñas das que facedes, vendoo conmigo. É unha boa maneira de que se lle "refresque" a memoria, xa que últimamente, non recorda moito o que facedes (ou non mo quere contar).
O comentario, quixo facelo, xa que Raúl (que é o seu millor amigo), gañou os vinte gomets e tamén por suposto, felicitar a Mateo tamén.
Antes, preguntaballe cousiñas e lle dicía, que mas dicía un paxariño, pero agora, xa descubriu quén é o paxariño que mas conta.
Un saudiño e espero, que se animen máis nenos a participar cos seus comentarios (ainda que precisen algo de axuda).

ELENA dijo...

O CERTO E QUE OS MEUS XA ESTAN TAMEN UN POUCO FARTOS DESTES PAXAROS QUE CONTAN TODO E INCLUSO CANDO LLES PREGUNTO ALGO XA ME DIN ¿A VER, QUE CHE DIXO O PAXARIÑO?.O BLOG SI QUE ME AXUDA TAMEN A QUE ME CONTEN COUSAS,POIS FAILLE MAIS ILUSION VERSE E CONTARME QUE SI EU LLES PREGUNTO.IGUAL DURANTE TODA A SEMANA NON ME ENTERO DE NADA PORQUE "NON FACEDES NADA" E DESPOIS O MIRAR O BLOG CONTANME TODO XUNTO.BUENO,MENOS HOXE QUE SI QUE ME CONTARON COUSAS DA EXCURSION:OS CANGREXOS,PEIXE ESPADA,O TUBO POR DONDE SAE O XEO...GUSTOULLES MOITO A SAIDA.
UN SAUDO A TOD@S

Anónimo dijo...

hola,acabo de ver el video de carnaval y esta muy logrado, vaya paciencia que tienes.
Me comento carla lo bien que lo paso en la excursion,que tenia que ser mas amenudo,tambien me dijo algo sobre un "bicho",que no supo decirme que era, que levantaba las pinzas y saludaba, vino toda emocionada,ya tengo ganas de ver el video o las fotos. Un saludo