Diario de experiencias dunha clase de Ed. Infantil do Ceip Ponte dos Brozos, en Arteixo - A Coruña.

TABOEIRO DE AVISOS

FELIZ 2010

miércoles, febrero 11, 2009

Que é un apicultor?

O mal tempo voltounos a deixar unha semana coxa outra vez e eso co Antroido ás portas , obríganos a anadr algo mais agobiad@s do normal. Da parte de lectoescritura non vos comento nada novo pois o traballo que estamos facendo é o mesmo que coas outras letras. A meirande parte le ben as palabras onde as sílabas son directas ( la, le, ...) pero, loxicamente, teñen algúns problemiñas mais coas inversas ( al, el, ...).
Na parte de Matemáticas seguimos traballando coas sumas e como vedes nas fotos, algunha vez, ainda se usan metodos tradicionais como contar cos dedos da man. Hai nen@s que entenden mellor así o xeito de xuntar cousas. Pero como nos somos moi" modernos " agora , e gracias a Montse compañeira de catro anos, traballamos as sumas cun novo programa, facendoo dun xeito mais lúdico e, probablemente tamén moi doado de entender. O programa chámase SMartCruncher Number e está en Inglés pero é moi doado de manexar. Para @s interesad@s deixo a ligazón aqui, pero comentovos que só vale para os que teñen a PDI pois só funciona se o programa a detecta conectada. Con esta aplicación @ neno ten que facer as operacións que nos lle poñamos ( sumas, restas, multiplicacións ou divisións), podémoslle indicar o nivel de dificultade e o número de operacións a facer (mínimo 10). Nos puxemos 10 pero cada un ía facendo unha. Para axudarse o neno poder arrastrar mazás dun froiteiro , de xeito , que logo as poida contar. É o mesmo que si nos lle mandamos contar cousas pero moito mais doado para nos e mais motivador para el/a. Hai outro tamén cunhas caracteristicas moi semellantes pero para traballar a lectoescritura. Cando o probemos xa vos falarei de él.
O Mércores coñecimos un novo oficio , o das persoas que traballan coas abellas. Preguntadelle se saben como se chaman ou se recordan queoutra cousa, ademais de mel, mais obtemos das colmeas. En Internet miramos fotos de diferentes apicultores trabllando e tamén dun panal de abellas.Outra dos oficios singulares dos que falamos foi pastor. Comentamos que cales eran "as ferramentas" que precisaba e contestaron cun pau para darlle os animais para que camiñaran e logo Mateo decatouse que tamén precisaba un can. Iago comentounos que o seu traballo era levar as ovellas a pastar: Falou tamén dun tal Manoliño que él coñecía que levaba as vacas a pastar. Recordamos o que aproveitabamos das ovellas e logo fixemos un pouco de plástica nunha ficha na que saía un pastor.
O Venres , ademais de voltar a traballar coas sumas e o numero oito , lembramos os tipos de instrumentos que coñeciamos e tod@s amosarons bastante boa memoria. Tamén comezamos a darlle ó pasillo un toque de Antroido pois xa pintamos as primeiras carautas. Non tod@s remataron pero ó longo da semana que ven o faran.
Sobre o vindeiro Venres que faremos a festa de disfraces pedirvos que se é posible lles mandedes roupa clara para poñer por debaixo do disfrace. Este temos unha novidade pois imos facer un pasarúas. Xunto con nen@s doutros niveis imos dar unha volta por Arteixo. Probablemnte sexa pola rúa peatonal , logo ata o Centro Cívico e voltar. A hora será aproximadamente ás 11 ou 11.15. Todo esto pode variar en función da climatoloxía que como ben sabedes , este ano, non é para estar seguro de nada.
Deixovos un tema para saber a vosa opinión (se non é moita molestia). Como o ano pasado quixera que fixeramos un conto multimedia cos debuxos e voces deles/as pero non cal. Dígovos os que non poden ser pois xa os fixen con anteriores grupos e non quixera repetir: Riciños de ouro e os tres osiños, A ratiña presumida, A galiña Marcelina, A semente ( ou o tulipán), os tres proquiños e , por suposto , Xan o porquiño. Ten que ser un conto que teña uns persoaxes , relativamente, doados de debuxar, que non sexa moi longo ( poi teriamos que facer moitas secuencias e sería moi laborioso) , que teña dialogos e que sexa mais ou menos coñecido ou tradicional. Xa sei que poño moitas condicións pero é que ten que ser así pois organizalo e facelo leva tempo. Gracias por adiantado pola colaboración.
Remato deixándovos outra ligazón pero esta a uns contos interactivos. Eu só os mirei por enriba pero me pareceron basyante bonitos e unha compañeira que os víu comentoume que estabn bastante ben. Chámanse Clic, clic e xa me diredes que vos parecen.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Hola.Con respecto o dos oficios,decir que realmente poderiamos facer mais para que tuveran as cousas mais claras.Cando vamos a panaderia "é o panadeiro quen fai o pan",na carniceria "é o carniceiro quen corta a carne"...son cousas sinxelas que normalmente non se fan,ou polo menos no meu caso,e logo cando vexo o acontecido na clase estos dias e falo con eles doume conta de que poderia facer doutro xeito.
Esta semana xa levan todo o de carnavales.A unica duda era a roupa que tiñan que levar posta e xa esta aclarado.Teño curiosidade por ver o resultado pois sempre lle poñedes moita imaxinacion.
Como suxerencia para o conto,eu diriache e o da Carapuchiña Vermella pode ser unha boa opcion xa que todos os nenos coñecen o conto e non teria moitos debuxos diferentes.Si precisas colaboracion coma o ano pasado avisas,xa que foi moi divertido e quedou un recordo bonito,ainda que tamen animo os que non foron da anterior ocasion para que se apunten.
Un saudo a tod@s,Elena

MARIA dijo...

BOS DIAS, XOSE CARLOS TEÑO UN DUBIDA RESPETO DA SAIDA DO DIA 20 , POSTO QUE MANDACHES UNA PALELIÑO COMENTADO DITA SAIDA PERO NON SEI SI TEMOS QUE FIRMAR ALGUN PAPEL AUTORIZANDO A MESMA, XA QUE ALEJANDRA TOUXOME O MESMO PAPEL, PERO APARTE OUTRO ONDE TEMOS QUE FIRMAR UNHA AUTORIZACIION PARA SAIR.SAUDOS, A NAI DE CARMEN

Mary dijo...

Ola, pareceme estupendo que este ano saian pola rúa disfrazados, pois ademáis de gustarlles a eles, ás mamás, tamén nos gusta ir a velos. Esperemos, que o bó tempo nos siga acompañando ata ese día polo menos. Tamén me alégro de que teñades "escolta", pois sempre é menos perigoso e máis tranquilo para vós.
Pareceme ben a opinión de Elena sobre o conto, eu digo outro que tampouco me parece moi complicado, o da tartaruga e a lebre (por dar outra opinión), pero calqueira que fagamos vai a saír ben, pois xa somos, todos, uns "profesionales")). Se este ano, nos sigues querendo de "narradoras", pola miña parte, non hai problema.
Nada máis, só dicir que vin algúns dos contos e a verdade é, que están fenomenal. Gracias por deixarnos a ligazón para velos. Un saudiño