Diario de experiencias dunha clase de Ed. Infantil do Ceip Ponte dos Brozos, en Arteixo - A Coruña.

TABOEIRO DE AVISOS

FELIZ 2010

martes, febrero 03, 2009

¿Quén será Lalo?

Rematamos o libro dos xogos e xoguetes e comezamos co dos oficios.Estivemos escribindo cantos coñeciamos e pouco a pouco chegamos òs 24 .Aquí paramos de escribir pero ainda citamos mais. O que non estaba tan claro era que facìan neses traballos pois por exemplo alguén dixo que " os carpinteiros amañan cousas" ou que " os fontaneiros traballan na auga". Esperemos que os vindeiros dias nos vaian aclarando as cousas.
O Martes fixemos"a presentación oficial do nº 8" pois se ben tod@s o coñecian e xa o usaramos para contar moitas veces , ainda non traballaramos o trazo. Fixemos unha avaliaciòn inicial na PDI que foi moi satisfactoria.
O Mércores rematamos o Libro da letra p e fixémolo do revés , pois a ficha que nos quedaba era a portada que , coma outras veces , consistía en facer a letra en plastilina. sobre unha imaxe de algo que comazaba por p. Antes estiveramos facendo unha páxina do libro " Xa sei escribir" , a correspondente a letra p. Por se non o lembrades neste libro imos facendo unha páxina por cada letra , nela debuxamos catro cousas que levan esa letra ( mais as traballadas) e logo escribimos os nomes.Como houbo bastante tempo de diferencia á hora de rematar estar actividades , os primeiros que o fixeron adicáronse a facer puzzles mais complexos (que nunca intentaramos) e en grupos de 2-3 ou 4. Os que os fixeron quedaron moi ledos como podedes ver nalgunhas fotografias.
Seguimos traballando coas sumas , ás veces , de xeito mental e outras xeito mais concreto , manipulando imaxes ou obsectos. O xoves xogamos cunha actividade que trae o Cd da editorial Edebe "Trasnos máxicos". Coñeciamos un sumando e o resultado pero había que adiviñar o outro sumando. Custou bastante entendelo (era dificil) pero ó final unha maioría si o fixo. Despois de Relixión recordamos a forma ovalada que case ninguén esquecera. Aproveitamos para recordar que formas coñeciamos e saíu ata o rombo que facía tempo que traballaramos. Durante a mañán , e por parellas, foron pintando uns ovalos en negro que imos aproveitar para facer uns adornos para o pasillo ambientados no inverno.
Comentar que xa fixemos a primeira proba do Antroido. Tocoulle a Abel por razons métricas , xa que imos facer dous tamaños de disfraz. Xa hou bo vari@s que trouxeron os "complementos" do disfraz e esto xa se vai animando.


O Venres aproveitámolo moito pois comezamos cunha sorpresa que nos trouxo Victor. Era un muiño de café dos antigos , nos que se moía a man. Ademais tivo o detalle de traernos café para que puideramos usalo tod@s. Primeiro indagamos se sabían que era e ninguén o sabía ( agás Victor) , logo de dicirllo comentamos que como quedaría o café logo de moelo , recordamos que outras cousas se moían nun muiño mais grande, .... Logo comprobamos algunha das características dos grans: olor e color. Dixeron que parecían manises, que tiñan a cor da coca-cola e que ulían moi ben. De un en un, e con bastante esforzo, foron moendo e vendo os resultados do "esforzo".


Pasamos logo a coñecer un novo amigo do Xardín máxico: chámase Lalo e gustalle moito cantar. Como xa supoñeredes este persoaxe vainos trouxonos unha nova letra, preguntadelle a eles/as quen é Lalo e que letra é a que nos ensina. O que si vos conto e que fixemos unha primeira proba por ver que tal lían algunha palabra curtiña con esa letra e moi ben, a maioría xa o fixeron moi ben.
Esta semana só leván a presentación desta letra no Libro de Lectura.Polo que decidín mandarvos un par de follas con frases que eles/as escribiran durante estes días para que practiquen.
Ainda nos quedou tempo para facer algo mais con eses ovalos negros dos que vos falei antes. Agora , e con cera branda, pintaron unha parte simulando neve e na outra fixeron puntos brancos , coma folerpas. Logo recortáronnos e tan só falta pegarlles os bonecos de neve que colorearon e picaron.
Si durante estes días (antonte) observastes un xogo no blog foi porque ando probando como insertar unhas actividades que fixen con Jclic no blog. Fernando , o coordenador do Proxecto Ponte dos Brozos, faloume de que existía tal posibilidade e coa súa axuda conseguíno. Foi unha proba que logo suprimín pero nun par de días volverei a poñelo definitivamente. Se vos gusta, e funciona correctamente, irei poñendo mais actividades.

No hay comentarios: