Diario de experiencias dunha clase de Ed. Infantil do Ceip Ponte dos Brozos, en Arteixo - A Coruña.

TABOEIRO DE AVISOS

FELIZ 2010

miércoles, marzo 11, 2009

Carapuchiña Vermella

Comezar polos comentarios e dicirlle a Elena que é normal ter mais problemas coas sílabas mixtas (mul, sal, mas, etc.) pois eles tenden a unir por parellas e sempre a consoante primeiro (é o mais habitual na lingua). Pouco a pouco vanse decatando de como se le eso , de que non hai outra vogal mais. É tempo e practicar (ler un pouco sempre que se poida). Cada vez lles irá custando menos. Eu estou moi contento con tod@s e podo dicir que dende que estou en Arteixo e o grupo que millor esta levando proceso de lectoescritura. Non sei si é pola PDi , si é polo Libro de Lectura "noso" , si é poruqe son millores ou si é polo Espiritu Santo , o que si é que os vexo moi ben. Tamén é certo que quizais sexa o grupo onde mais tempo paramos coa lectura. Como dato desto que vos digo comentar que Susana , Celia e Irene xa chegaron oós 40 puntos e levaron o segundo premio do curso. Agora a polos 60 puntos.
Con tantas novidades como tivemos a derradeira semana esquecin comentarvos outra. Esta é que por votación (moi apretada) escollimos facer o conto multimedia de Carapuchiña. A outra opción era " Alebre e a tartaruga". Gracias polas opinións a Elena e a Mary.
Logo da votación puxémonos ó chollo e fixemos xa a primeira páxina. Dos 22 debuxos eu escollin anacos de 6-7 e os repasei con rotulador negro , logo escaneeinos e fixen unha montaxe que , como vedes na foto, foron coloreando na PDI. Hai debuxos moi bonitos e simpáticos. O longo do conto tod@s van a aportar algún anaco ó conto , tod@s van colorear e logo tod@s van poñe-la voz nos dialogos. Esta semana fixemos a segunda páxina e cada semana faremos outra páxina. Xa vos irei informando.

O Martes voltamos a facer algo que levabamos moito sen facer. Traballar coa pasta de modelar. Esta é unha actividade que require bastante tempo e moita paciencia ( eles/as e mais eu). Queremos facer un regaliño para o día 19.Quizais eles/as vos conten o que estamos a facer (por certo , Darío non é un dinosaurio pero si se parece moito pois é un dragón.
O Mércores a "profe" Teresa ( Psicomotricidade) invitoume e a ver un baile que tiñan practicado. Díxome que si quería podía gravalos polo que non o dubidei e alí me fun. Quedei encantado e alegreime moito que Teresa lles dera Psicomotricidade pois así puideron aprender este baile pois comigo ía ser imposible. En canto teña editado o video suboo ó blog.
Seguimos "practicando " as sumas e cada vez vainos millor. O xoves estivemos vendo que unha suma se pode colocar horizontal ou verticalmente. Ata o de agora fixéramolas horizontalmente pero a partires de xa , ímolas poñer verticais tamén. Aproveito para deixarvos unha ligazón a unha páxina onde @s nen@s poden practicar as sumas e a rápidez de cálculo.Esta páxina atopeina no blog de Bea ( a compañeira que estaba o ano pasado conosco e que tiña o blog dos Pulpis e agora ten o de Ratos de escola -ver marxe dereita-) , ten moitos mais tamén moi interesantes que xa vos irei comentando. O problemiña desta páxina de sumas e que che permite facelas un numero limitado de veces , se queres mais tes que rexistrarte.Pica aquí
Traballamos cos números ordinais dende o 1º ata 6º e levei bastante sorpresa pois pensaba que a maioría só coñecia ata o 3º , pero case que todos sabían ordenar ata o 6º. (A foto non é dunha rolda de recoñecemento da policía se non que estaban postos do 1º ó 6º segundo lles ía dicindo eu)
Rematamos a semana con outro novo "paseo". Tiñamos unha invitación para ir ó Contacontos. Ala nos fomos dispostos a disfrutar coma outras veces. Contáronnos dous contos , un pouco coñecido que falaba dun tal Tolo e outro o "famosisismo" os tres osiños. O que mais gustou coido que foi o derradeiro.

2 comentarios:

AARON E AINARA dijo...

FELICIDADES A SUSANA,CELIA E IRENE POLOS 40 GOMETS.CHAO

ELENA dijo...

VEXO QUE ESTA SEMANA FOI MOI COMPLETA.ESTIVESTEDES MOI ATAREFADOS E AINDA TIVESTEDES TEMPO DUNHA SAIDA.
POR CERTO,NOS TAMEN LLE TIÑAMOS CAMBIADO A "ESPECIE" DE DARIO.
EN CANTO AS SUMAS E ALGO QUE LLES GUSTA PORQUE E COMA UN XOGO NO QUE ELES SOLOS VEN RESULTADOS.NA CASA SEMPRE ESTAN "...SI TEÑO TRES CARAMELOS E ME DAS CATRO TEÑO..." NON PASAN DE DEZ COMO RESULTADO E COMO LLES RESULTA SINXELO TOMANO COMA UN XOGO OU POLO MENOS DE MOMENTO,HASTA QUE SE COMPLIQUE CON OUTRAS CIFRAS.
XA ME COMENTARON ALGO DO REGALO DO DIA DO PAI PERO E "TOP SECRET".¿POR CERTO, O MERCORES VOLVEN A LEVAR A CAIXA DE CARTON PARA TRAER O REGALO OU NON FACERA FALTA? XA NOS DIRAS.
CON RESPECTO A QUE SEXA O GRUPO QUE MELLOR LEVA O TEMA DA LECTURA EU CREO QUE SÍ SON OS MELLORES(ORGULLO DE NAI) E TAMEN POLO ESPIRITU SANTO(POR SI TIÑAS DUDAS),PORQUE SI A MIN ME COSTA QUE SE POÑAN A LEER DOUS (E ESO POR SEPARADO XA QUE XUNTOS NIN UN NIN OUTRO) TI CON VINTECATRO NON SEI COMO FAS.
UN SAUDIÑO PARA TOD@S.